Continuidade dos centros educativos para o curso 2015/2016 que forman parte da convocatoria de plans de formación permanente do profesorado para implantar en centros públicos no curso 2014/2015 [1]
Enviado por administrador a Ven, 26/06/2015 - 11:25A Resolución do 6 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso 2014/15 recolle, no apartado 4, que os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro, e, no apartado 14.3, que a Comisión de Selección e Avaliación examinará o informe externo xunto coa memoria anual de cada plan e realizará a avaliación final para os efectos de validar a súa continuidade.
Reunida a citada comisión, e revisada a documentación indicada dos centros educativos para a continuidade dos plans de formación durante o curso 2015/16, cómpre publicar a resolución dos centros educativos seleccionados para a súa continuidade.