Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2015) [1]
Enviado por administrador a Ven, 19/06/2015 - 08:47Publícase a Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral do profesorado de educación infantil e primaria, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2015/2016.
Prazo de reclamación:
- O prazo de reclamacións comeza o día 19 de xuño de 2015 e remata o día 26 de xuño de 2015, ambos días incluídos.
-
As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Subdirección de Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Santiago de Compostela, indicando o Servizo do Profesorado de Educación Infantil e Primaria ou o Servizo do Profesorado de Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial segundo o corpo ao que pertenza.