Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2015/2016 [1]
Enviado por administrador a Mar, 02/06/2015 - 08:48Xúntase a Resolución do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2015/16.
- A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, sen prexuízo da súa presentación por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es [2]
- O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 18 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o 24 de xullo para os ciclos de grao medio.
File: