Difúndese nos centros o filme documental "Camino a la escuela" [1]
Enviado por boletin a Xov, 26/03/2015 - 10:18No mes de xaneiro estreouse nos cines o documental "Camino a la escuela", do director francés Pascal Plisson. Arredor desta produción desenvolveuse un proxecto educativo apoiado pola UNESCO, UNICEF, Obra Social La Caixa, Fundación Atresmedia e Europamundo.
O documental conta a historia real do reto que deben afrontar catro pequenos de países diferentes para poder asistir á escola. Trátase dunha visión diferente do camiño escolar, certamente difícil e perigoso en moitos países do mundo.
File:
Website:
Tema:
Sección:
Competencias básicas: