Nova aplicación de Xestión de comedores escolares [1]
Enviado por administrador a Mér, 22/09/2010 - 14:27Desde hoxe está dispoñible a nova aplicación para a xestión dos comedores escolares en www.edu.xunta.gal/comedores [2].
Teñen acceso á aplicación os cargos directivos dos centros con xestión directa e indirecta.
Para máis información, dispoñen no menú Axuda da nova aplicación das instrucións remitidas no pasado mes de xuño e dunha guía rápida para o uso da mesma.
NOTA: actualización do importe dos prezos públicos
Segundo o previsto no artigo 3.º do Decreto 374/2009, do 6 de agosto (Diario Oficial de Galicia núm. 159, do 14/08/2009), actualízanse os prezos públicos que deberán aboar as persoas usuarias dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2010/2011, que terán os seguintes importes:
- 3,05 euros por día de servizo
- 1,52 euros por día de servizo, nos supostos recollidos no artigo 4.2º do Decreto 374/2009.