Camiño escolar na Coruña [1]
Enviado por monicabaleiron a Ven, 28/11/2014 - 10:19O proxecto ANCAS, promovido por STOP Accidentes e polo Concello da Coruña, acaba de implantar novas rutas escolares para o alumnado do CEIP Sagrada Familia, CEIP San Francisco Javier e do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, que se engaden ás que xa se consolidaron para o CEIP Concepción Arenal.
En conxunto, 300 alumnos e alumnas destes centros camiñan acompañados aos seus centros de ensino cada día grazas a esta iniciativa coa que se fomenta a mobilidade segura dos máis pequenos.
Website:
Tema:
Sección: