Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico [1]
Enviado por monicabaleiron a Mar, 11/11/2014 - 11:21O 3º domingo de novembro celébrase a xornada de homenaxe ás vítimas dos accidentes de tráfico. Co gallo desta conmemoración, as asociacións e os colectivos cívicos concienciados co ámbito da educación viaria realizan actos públicos para lembrar o forte impacto dos accidentes de tráfico.
Pódese obter máis información sobre estas actividades nas páxinas web destes organismos: World Day of Remembrance for Road Traffic Victims [2], Stop Accidentes [3]e P(A)T-AP(A)T [4]. Como exemplo podemos seguir as actividades que desenvolverá o Colexio Salesiano María Auxiliadora [5](Ourense) o vindeiro luns 17.
Tema:
Sección:
Competencias básicas: