Film English [1]
Enviado por portalcafi a Mar, 18/03/2014 - 13:16FILM ENGLISH é un recurso especialmente útil para o profesorado de inglés, xa que ten clases preparadas a partir de longa e curtametraxes.
Este recurso foi creado por Kieran Donaghy, docente da UAB Idiomes Barcelona, parte da Universitat Autònoma de Barcelona [2]. Donaghy promove o uso creativo do inglés nas aulas. Todo o plan de estudo xira en torno ao uso do vídeo para o ensino do inglés. Así, promove a cinefilia, o análise da imaxe en movemento, e a cultura cinematográfica coma habilidade do século XXI, necesaria para o alumnado. Tamén se promove o pensamento crítico, así como a reflexión en valores á par que se aprende unha lingua.
Film English é visitado por 80.000 profesores ao mes e ten un total de 2.5 millóns de visitas ao ano. Éxito de crítica, recibiu senllos premios, incluíndo o de Mellor Blog Individual e finalista do Mellor Uso de Vídeo nos Premios Edublog [3] 2011, Mellor Páxina TEFL.net [4]2011, e o Blog Destacado no British Council Teaching English [5].
Website:
Tema:
Sección:
Áreas-CAFI: