Cultura e Educación celebra o éxito do concerto de Gregory Porter, que esgotou todas as entradas na Cidade da Cultura

Considerado pola crítica como a mellor voz do jazz actual, Porter actuou esta noite no Museo Centro Gaiás ante un auditorio de 500 persoas

Cunha actuación que os asistentes recordarán durante moito tempo, o cantante americano interpretou temas do seu último disco Liquid Spirit e algún dos seus éxitos anteriores

Porter estivo ao fronte dun cuarteto formado polo saxofonista Yosuke Sato, Chip Crawford ao piano, Aaron James ao contrabaixo e Emanuel Harrold á batería

Gallego
Gregory Porter
Gregory Porter

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o éxito do concerto desta noite de Gregory Porter no Museo Centro Gaiás, despois de que a estrela americana do jazz esgotara todas as entradas para  unha actuación de gran calidade coa que se pechou o ciclo Pel de Galiña. Música que emociona. Gregory Porter, considerado pola crítica como a mellor voz do jazz actual, actuou ante un auditorio de 500 persoas, despois de que na billeteira se venderan as últimas entradas. O cantante americano ofreceu un concerto intenso e vibrante no que foi debullando os temas do seu último disco Liquid Spirit, que veu a luz este mes de setembro, sen esquecerse do álbum que o lanzou ao éxito: Be good.

O concerto comezou cun ritmo delicado de soul, continuou con diferentes temas de jazz ata facerlle a súa particular homenaxe ao gospel –Porter confesou que as súas inquedanzas musicais comezaron na igrexa. Porter estivo á fronte dun cuarteto formado polo saxofonista Yosuke Sato, Chip Crawford ao piano, Aaron James ao contrabaixo e Emanuel Harrold á batería para ofrecer un estilo e unha visión do mundo propia a través de temas dunha enorme intensidade emocional.

Cultura e Educación salienta a boa collida que tivo entre o público a actuación dunha das figuras máis destacadas no panorama do jazz actual e destacou o esforzo da Cidade da Cultura por aglutinar no ciclo Pel de galiña a voces únicas e dunha altísima calidade.

Mestura perfecta de jazz e soul

Influenciado por una mestura da sensibilidade de Nat King Cole, a profundidade de Joe Williams e o soul de Donny Hathaway, Porter Gregory logra un son persoal que o fai único, cunha voz que se pode acariñar, abrazar ou enfrontar.
Porter iniciou a súa carreira musical en pequenos clubs de San Diego e deuse a coñecer sobre escenarios de Broadway co musical Ain’t Nothing But the Blues para logo facer do mundo o seu fogar musical e lanzar a súa carreira no 2010 con Water, polo que conseguiría unha nominación aos Grammy na categoría de mellor álbum de jazz vogal, e ao que seguiría Be Good no 2012.

Música que emociona

Coa actuación de Gregory Porter, Cultura e Educación ponlle fin ás cinco noites abertas á fusión, aos ritmos suxerentes, ás voces poderosas e cálidas e aos sons únicos. Cinco actuacións que deron corpo ao ciclo Pel de galiña e que arrancou en maio coa grande actuación de Noa xunto ao cuarteto napolitano Solis String Quartet e á que seguiu Silvia Pérez Cruz e Javier Colina Trío, a pianista venezolana Gabriela Montero e Uxía.

Todos eles conformaron un cartel marcado pola diversidade de estilos pero unido por un denominado común: ofrecer música que emociona. Con este ciclo, a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa afondando na configuración dunha programación para o Gaiás aberta a todos os públicos e ás máis diferentes disciplinas artísticas. Un programa cultural que non sería posible sen as aportacións da Fundación privada Gaiás, que financia as actividades que teñen lugar na Cidade da Cultura.

Tema: 

Yolanda Castaño gaña o XI Premio de Poesía Novacaixagalicia, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación

‘A segunda lingua’ é o título da obra galardoada, que será publicada na Colección Arte de Trobar e que recibirá un premio de 6.000 euros

A Secretaría Xeral Cultura, o Centro PEN de Galicia e a Fundación Novacaixagalicia colaboran neste certame para alentar a creación poética e o desenvolvemento da cultura galega

Gallego
O anuncio da resolución tivo lugar esta tarde na sede do Centro Cultural da Fund
O anuncio da resolución tivo lugar esta tarde na sede do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Santiago de Compostela, nun acto que contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do presidente da Fundación Novacaixagalicia, Pedro Otero

A escritora Yolanda Castaño é a gañadora do XI Premio de Poesía Novacaixagalicia, convocado polo Centro PEN de Galicia coa colaboración  da Fundación Novacaixagalicia e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Así o comunicou hoxe o xurado do certame, que decidiu, por unanimidade, outorgarlle o galardón á obra ‘A segunda lingua’, presentada baixo o lema ‘Deslinguada’.

O anuncio da resolución tivo lugar esta tarde na sede do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Santiago de Compostela, nun acto que contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do presidente da Fundación Novacaixagalicia, Pedro Otero. Na súa comunicación pública, o xurado, presidido por Luís González Tosar e do que tamén formaron parte Pedro Otero, Xavier Castro Martínez, Armando Requeixo Cuba, Luis Pousa Rodríguez e Fina Casalderrey, valorou a capacidade do texto para elevar o cotiá a categoría estética, así como a elasticidade da súa linguaxe poética, e considera a obra un referente na traxectoria do certame.

Novos rexistros poéticos

‘A segunda lingua’, que foi premiada por unanimidade e “con convencemento e paixón lectora”, é un conxunto poemático que “percorre o cotián desde unha óptica de saudable ironía”, explicou o xurado. O amor, as circunstancias do día a día, a visión do propio oficio creador e mesmo o universo de relacións persoais teñen cabida nesta obra a través de “fórmulas estilísticas anovadoras e dunha linguaxe que se alimenta de rexistros idiomáticos moi diversos e vizosos debido á modernidade e á refrescante capacidade que o texto ten de debruzarse na maxia das pequenas - grandes cousas que acompañan a existencia”.

O xurado tamén destacou o gran nivel dos traballos presentados nesta convocatoria, “moi superior respecto doutras edicións, feito que evidencia a boa saúde da creatividade dos poetas galegos e que deixa constancia de que a poesía está a vivir un momento poderoso e que asiste a un cambio de ciclo”.

Favorecer a creatividade poética

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, colabora por vez primeira con este certame na súa undécima edición, co obxectivo de contribuír ao impulso da creatividade das autoras e dos autores galegos, tal e como xa está a facer a través do seu apoio a outros certames como o Premio de Poesía de Carral, o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón ou o Premio Ardeiro de Poesía.

A premiada

Yolanda Castaño, de orixe santiaguesa e cidadá da Coruña, licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da produción e da crítica literaria, ademais da comunicación. Escritora prolífica, deuse a coñecer moi nova no ámbito da literatura galega e recibiu diversos galardóns en recoñecemento polo seu labor de creación poética.  

Na traxectoria de galardoados e galardoadas co Premio de Poesía Novacaixagalicia, que botou a andar en 2002, figuran Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras e X. Daniel Costas, que foi o gañador da anterior convocatoria.

Tema: 

Cultura e Educación e o Concello de Guitiriz colaborarán para difundir a obra e a figura do poeta Xosé María Díaz Castro

A celebración das Letras Galegas 2014 centrou a reunión que o secretario xeral de Cultura e o alcalde de Guitiriz mantiveron hoxe na vila natal do escritor lucense, ao que a Real Academia Galega lle dedica o próximo 17 de maio

Gallego
Cultura e Educación e o Concello de Guitiriz colaborarán para difundir a obra e
Cultura e Educación e o Concello de Guitiriz colaborarán para difundir a obra e a figura do poeta Xosé María Díaz Castro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Guitiriz colaborarán en 2014 para difundir e poñer en valor a vida e a obra de Xosé María Díaz Castro, autor ao que a Real Academia Galega (RAGA) lle dedica o próximo ano as Letras Galegas. Así o anunciou esta mañá o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, tras a reunión de traballo que mantivo en Guitiriz, vila natal do poeta, co alcalde do municipio, José María Teixido, e coa concelleira de Educación, Cultura e Servizos Sociais de Guitiriz, María Manuela Carballeira.

Avanzar no acordo de colaboración entre a Consellería e o Concello para a celebración das Letras Galegas 2014 foi o obxectivo desta xuntanza, na que tamén participaron Alfonso Blanco e Xosé Antonio Cascudo, en representación da asociación guitiricense Xermolos, coa que Díaz Castro mantivo unha estreita vinculación nos últimos anos da súa vida. Así  mesmo, asistiron ao encontro Luís González Tosar e Armando Requeixo, especialistas na obra do escritor.

Contribuír coa difusión do autor homenaxeado

Co fin de contribuír á proxección e á conmemoración cidadá dunha data tan sinalada para a cultura galega como o Día das Letras Galegas –celebrada de maneira continuada desde 1963 a proposta de Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo desde a máxima institución académica da lingua galega, a RAG– a Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, vén favorecendo unha actividade institucional importante para a maior difusión do autor ou autora homenaxeada.

Neste programa de actividades arredor do 17 de maio, a Xunta de Galicia apoia iniciativas promovidas desde as máis diversas entidades académicas, sociais e culturais, entre as que se inclúen exposicións, charlas, edicións conmemorativas, proxectos audiovisuais e musicais, homenaxes e actos diversos para poñer en valor a lingua e a literatura galegas.

Xesús Vázquez Abad ratifica a colaboración da Xunta coas tres universidades de Galicia a prol da investigación lingüística

O conselleiro de Cultura e Educación asinou esta mañá cadanseu convenio de colaboración coas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo

En virtude deles apoiaranse, desde o ámbito universitario, case unha vintena de proxectos de investigación lingüística do galego que ten en marcha o Centro Ramón Piñeiro

Gallego
O conselleiro de Cultura e Educación asinou esta mañá cadanseu convenio de colab
O conselleiro de Cultura e Educación asinou esta mañá cadanseu convenio de colaboración coas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, ratificou hoxe a colaboración da Xunta de Galicia coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa Universidade da Coruña (UDC) e coa Universidade de Vigo (UVigo) para levar a cabo programas nos que se enmarcarán diferentes accións en materia de investigación lingüística ata o ano 2015, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). Farase por medio de convenios de colaboración coas devanditas universidades, en virtude dos que a Administración galega lle destinará un total de 169.260 € ao apoio, á dirección e ao asesoramento científico-técnico que recibirán, desde o ámbito universitario, case unha vintena de proxectos de investigación que ten en marcha o centro adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

No acto de sinatura, que tivo lugar nas dependencias do Centro Ramón Piñeiro, participou o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, acompañado polos reitores das tres universidades, Juan Casares Long, Xosé Luís Armesto Barbeito e Salustiano Mato de la Iglesia, respectivamente. A el asistiron tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

Implicación das universidades no labor do Centro Ramón Piñeiro

O CRPIH desenvolve, desde a súa creación en 1993, diversos proxectos que inciden no estudo filolóxico e de conservación das fontes lingüísticas, literarias e antropolóxicas e que permiten unha investigación en profundidade da historia lingüística e literaria do galego. Na implementación destes proxectos colaboran, desde o ano 1995, as tres universidades galegas, co apoio económico da Administración autonómica.

Os convenios asinados hoxe reafirman a colaboración da Consellería de Cultura e Educación coas universidades e a implicación delas no desenvolvemento de 18 proxectos que ten en marcha arestora o CRPIH. Estes son, no caso da USC, o Sintetizador de Voz (Cotovía); o Termigal (Servizo Galego de terminoloxía Científica-Técnica, no que tamén participa a Real Academia Galega); o Base de Datos do Atlas Lingüístico Románico (ALIR); o Bibliografía Informatizada da Lingua Galega (BILEGA); o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA); o Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (Codolga); o Dicionario Galego-Italiano / Italiano-Galego; o Código de Dereito Galego en Liña; o Arquivo Galicia Medieval (ARGAMED); o Lírica Galego-Portuguesa; o Prosa Literaria; o Cantigas de Santa María; o Dicionarios de Literatura Galega; o Bibliografía da Literatura Galega; o Informe Anual de Literatura Galega; o Literatura Infantil e Xuvenil e o Dimensións da Identidade Colectiva de Galicia. Pola súa banda, a UDC impulsará tamén o proxecto Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA), así como o Etiquetador-Lematizador para o Galego Actual. Este último contará coa colaboración da UVigo, desde a que ademais se asumirán tarefas de apoio, dirección e asesoramento científico-técnico no proxecto Sintetizador de Voz (Cotovía).

Reforzo á dinamización do idioma desde a universidade

Amais dos convenios de colaboración asinados hoxe en materia de investigación lingüística, a Consellería de Cultura e Educación mantén cadanseu convenio anual coas universidades galegas en materia de dinamización lingüística, co fin de incrementar o uso da lingua propia de Galicia no espazo da educación superior, tanto no contexto administrativo como nas actividades docentes ou investigadoras que lle son propias.

Nas liñas de traballo que apoia a Xunta de Galicia para impulsar o uso e a investigación lingüística do galego desde a universidade encádranse tamén o convenio de colaboración asinado pola Consellería co Instituto da Lingua Galega, dependente da USC, ou a súa participación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Universidades, na Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística.

Tema: 

Ensinanza: 

A Consellería de Cultura e Educación apoia o 18º ‘Ourense Film Festival’ para a difusión en Galicia do cinema galego e internacional

O OUFF proxectará en distintas pantallas da cidade, entre o 16 e o 24 de novembro, máis de corenta películas de distintas nacionalidades, xéneros e formatos, dez delas en competición oficial

O apartado ‘Panorama Galicia’ dedícase á promoción do audiovisual galego a través de sete títulos de recente realización

No acto de presentación, o director da Agadic referiuse ao evento como unha cita que concorre con pleno dereito e interese crecente no calendario estatal de festivais cinematográficos

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación apoia o 18º ‘Ourense Film Festival’
A Consellería de Cultura e Educación apoia o 18º ‘Ourense Film Festival’ para a difusión en Galicia do cinema galego e internacional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a 18ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), que se celebra do 16 ao 24 de novembro co obxectivo de contribuír á promoción en Galicia do cinema actual de todas as nacionalidades e de prestar visibilidade á produción audiovisual galega a través da proxección de máis de corenta películas.

Organizado polo Concello de Ourense, a carteleira do OUFF 2013 combina o labor de estímulo para a creación cinematográfica, a través dunha competición oficial á que este ano concorren dez películas de ámbito internacional, con outras seccións paralelas destinadas ao recoñecemento do cinema galego, á presentación de filmes inéditos en Galicia, á exhibición de documentais ou a sesións especiais centradas nas propostas máis vangardistas.

A programación completa do festival foi presentada hoxe en Ourense nun acto que compartiron o alcalde, Agustín Fernández;  a concelleira de Cultura, Ana Garrido; e a directora do evento, Nora Sola; e no que, en representación da Consellería de Cultura e Educación, participou Jacobo Sutil, director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), entidade que presta apoio económico ao OUFF a través da sinatura dun convenio de colaboración.

Estímulo profesional

O director da Agadic destacou a incidencia do OUFF no impulso e dinamización do cinema non só entre os ourensáns, senón para toda Galicia. “E, aínda máis aló, concorre como unha cita de pleno dereito e interese crecente no calendario de festivais cinematográficos de todo o Estado”, expresou. Engadiu neste sentido que, se para a Xunta de Galicia é prioritario contribuír ao progreso da produción cinematográfica galega a través das diferentes liñas de subvencións que se convocan cada ano, tamén o é o labor de estímulo e fomento do encontro entre profesionais, así como o da formación e creación de públicos que se vén desenvolvendo a través de festivais como o OUFF.

Da totalidade da programación do OUFF, Jacobo Sutil valorou especialmente o compromiso deste encontro co cinema galego a través do apartado específico “Panorama Galicia”, no que este ano se proxectarán sete propostas de distintos xéneros e temáticas de moi recente filmación. Trátase en concreto dos títulos ‘Uxío Novoneyra: Poeta/Alén’, de Iván L. Gimeno; ‘Queimar o monte’, de Emilio Fonseca; ‘Onde as rúas non teñen nome’, de Alba Vázquez Carpentier; ‘A fazaña da liberdade’, de Seném Outeiro; ‘Magic: The Gathering’, de Marcos Fernández Vázquez; ‘Pacios, as fotos da memoria’, de Manuel Darriba e ‘Asolagados’, de David Vázquez.

Na sección oficial compiten este ano as longametraxes ‘Agnus Dei’ (Kósovo), ‘Offline’ (Bélxica), ‘Innocents’ (Singapur), ‘Kohlhaas ou a proporcionalidade dos medios’ (Alemaña), ‘Mulbery Stains’ (Estados Unidos), ‘Pizzas’ (Letonia), ‘Acá adentro’ (Arxentina), ‘El Rayo’ (España/Portugal), ‘Paradis perdú’ (Francia) e ‘El triste olor de la carne (España)’. Os cinco premios previstos (mellor película, director, guión, actor/actriz e especial do xurado) serán outorgados por un tribunal composto por Goya Toledo, Belén Macías, Ramón Costafreda, Christian Klandt, Manuel Curiel e Monti Castiñeiras.

Distincións a Pedro Olea e a Ángel de la Cruz

O Festival abrirase o 16 de novembro coa proxección de ‘La conspiración’, de Pedro Olea, director vasco que recibirá este ano o Premio Cidade de Ourense, e clausurarase o día 23 con ‘MIR’, de Gonzalo G. Palmeiro. No decurso do OUFF homenaxearase tamén o guionista galego Ángel de la Cruz, galardoado co Premio Irmandade do Libro ao Mellor Guión Adaptado por filmes como ‘Arrugas’ e ‘Todos os santos’, que se proxectarán na xornada do 19 de novembro, ao igual que os traballos ‘El maestro de esgrima’ e ‘El bosque del lobo’, estes dous últimos asinados por Olea.

As dúas salas do Auditorio Municipal, o Teatro Principal, o Centro Cultural Marcos Valcárcel sumarán as súas pantallas á carteleira do OUFF 2013, que se complementa con actividades escolares, a exposición pictórica ‘De cine’ da artista ourensá Maite Diz, o espectáculo de danza ‘Sólodos’ e os concertos de Najla Shami, Habelas Hainas, Fred Martins e La Dama de Gris.

Tema: 

Alumnado clasificado en primeiro e segundo lugar na segunda fase do XIV Concurso Hispanoamericano de Ortografía 2013

Gallego

Colectivo: 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/2014 nas universidades do SUG

Gallego

Xúntase a Resolución do 12 de noviembre de 2013, da Secretaría Xeral de Universidades pola que se publican as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as da convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/2014 nas universidade do Sistema universitario de Galicia e se establecen as bases reguladoras. 

  • Por erro no anterior aviso, cómpre rectificar o prazo de emenda.

  • O prazo para emendar erros e falta de documentos será do 13 ao 23 de novembro de 2013, ambos os dous incluídos.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo

Gallego

Xúntase a Orde do 24 de outubro de 2013 pola que se resolve a convocatoria do 16 de maio de 2013, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Anúnciase a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2013, prazo maio, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; na Oficina de Atención ao Cidadán e nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Cultura e Educación levará ‘Os Axóuxeres’ a Vilalba, a Mos e ao Porriño a vindeira fin de semana

O programa está a chegar, ata final de ano, a 24 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para promover o galego e a súa a transmisión interxeracional por medio do teatro, dos monicreques e da música en directo

A inscrición previa telefónica está aberta desde hoxe para estas tres localidades

Gallego
Cultura e Educación levará ‘Os Axóuxeres’ a Vilalba, a Mos e ao Porriño a vindei
Cultura e Educación levará ‘Os Axóuxeres’ a Vilalba, a Mos e ao Porriño a vindeira fin de semana

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, continúa a despregar os “Encontros dos Axóuxeres” en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Esta fin de semana, a iniciativa destinada a familias con fillos menores de seis anos levará a música, o teatro e os monicreques en galego a Vilalba, a Mos e ao Porriño para promover o uso do idioma e a súa  transmisión interxeracional.

A inscrición previa telefónica xa está aberta para estas localidades, desde hoxe e ata o venres, en horario de 10:00-14:00 horas, no número 610 641 570. A entrada é de balde ata completar a capacidade das salas e cada inscrición inclúe un neno/a cun acompañante adulto.

Casas de moitos lugares

A palabra, o teatro e a música en directo cobran protagonismo nesta proposta de lecer, ideada para o desfrute da xente miúda da casa e tamén para que os máis pequenos se abran ao coñecemento do mundo en galego desde unha experiencia lúdica e divertida. A nova edición do programa, que xa é a sexta, chega da man de Caramuxo Teatro, compañía pioneira no teatro para bebés en Galicia.

“Os Axóuxeres” contan a historia dunha pequena aldea que, ante a chegada de novos veciños e novas casas, se acaba por converter nunha cidade na que viven personaxes tan singulares como a florista Hortensia, o equilibrista Telmo, a cantante de ópera Arabela, o vello mariñeiro Antón ou Marcelina e a súa gata Rita, que visita aos protagonistas á hora da merenda.

A peza toma como punto de partida o coñecemento de todo o que nos rodea, tan característico das idades máis temperás. A partir da curiosidade dos nenos por saber quen son os novos habitantes da aldea, e empregando o elemento sorpresa, fálase dos cambios que vivimos acotío na vida e no contorno. Preguntarse quen será ese novo veciño diferente e descubrir o seu mundo pode ser unha canle a novas experiencias e novas aprendizaxes da vida.

Vilalba, Mos e O Porriño esta fin de semana

Os “Encontros dos Axóuxeres” farán parada durante a vindeira fin de semana en tres municipios da RDL. Vilalba será o primeiro en acoller a actividade este sábado, cun pase no Centro Cultural Recreativo, ás 18:30 horas. O domingo, as localidades anfitrioas serán Mos e O Porriño. Na primeira delas poderase gozar no Multiúsos das Pozas ás 12:00 horas. Xa á tarde, no Porriño, o teatro, a música e os monicreques dos “Axóuxeres” chegarán ao Círculo Cultural e Recreativo, ás 18:30 horas.

Desde esta mañá está aberta a inscrición, para cativos menores de seis anos con acompañante, nestes tres pases previstos para a fin de semana en Vilalba, en Mos e no Porriño.

Músicas para seguir cantando na casa

Ademais do teatro e dos monicreques, a música en directo centra a nova edición dos “Axóuxeres”. O repertorio do espectáculo intégrano cinco cancións creadas especialmente para a xente miúda da casa, tocadas ao longo do espectáculo polos músicos Álex Fente, Fernando Román e Suso Jalda, e cantadas polo elenco artístico de Caramuxo Teatro, Laura Sarasola e Juan Rodríguez.

“O equilibrista” conta a historia de Telmo, un artista circense que, ao chegar a noite, pasea sobre un fino arame que atravesa as casiñas da aldea. Os instrumentos musicais presentes na actividade –trompa, clarinete e acordeón- son tamén protagonistas da “Canción da música” e de “O axóuxere de Rita”, a canción-homenaxe á gatiña da veciña Marcelina.

Os cambios na aldea e na vida cotiá reflíctense en “Teño unha casiña grande” e en “A chegada das casas”, composicións que describen o fogar dos protagonistas e a evolución da aldea a cidade.

Os materiais descargables, o calendario completo e toda a información sobre “Os Axóuxeres” pódense consultar en www.xunta.es/linguagalega/os_axouxeres_2013, desde onde tamén se pode participar no sorteo de 15 lotes de produtos de lecer en galego pensados para a xente miúda da casa.

Tema: 

Departamento: 

Colectivo: 

Xesús Vázquez Abad descubre a Cidade da Cultura á escritora, premio Principe de Asturias das Letras Nélida Piñón

A novelista brasileira, de orixe galego, asinou os exemplares da súa obra que se atopan na Biblioteca de Galicia

O conselleiro de Cultura e Educación acompañouna durante o percorrido pola mostra “Orinoco, viaxe a un mundo perdido” no Museo Centro Gaias

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañou á escritora Nélida Piñón durante o percorrido que realizou pola Cidade da Cultura

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañou á escritora Nélida Piñón durante o percorrido que realizou pola Cidade da Cultura, no que puido coñecer os diferentes espazos artísticos da mesma así como os seus contidos.

Nelida Piñón achegouse ata a Biblioteca de Galicia, para asinar exemplares da súa obra, como mostra do seu paso pola Cidade da Cultura. Durante o percorrido, no que tamén estiveron acompañados polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola directora xerente da Cidade da Cultura, Beatriz Loroño.

Xunto a todos eles a novelista tamén visitou a mostra “Orinoco, Viaxe a un mundo perdido", que realiza unha homenaxe á tradición cultural das doce etnias que habitan o Amazonas venezolano: De’áruwa (Piaroa), Ye’kuana, Yanomami, Híwi (Guahibo), E’ñepa (Panare), Wakuénai (Curripaco), Baniva, Baré, Puinave, Warekena, Tsase (Píapoco) e Hoti. Composta por unha ampla selección de obxectos utilitarios de cada un dos grupos indíxenas, a colección consta de máis de 1.500 pezas recompiladas durante cincuenta anos de exploracións: máscaras, cestería, adornos corporais, instrumentos musicais, plumarios, canoas, remos e instrumentos de pesca, obxectos de uso cotián e máxico-relixiosos, que están construídos con materiais da selva, partes de animais, plantas e minerais.

Nélida Piñón

A autora  foi nomeada filla adoptiva no ano 2005 do concello pontevedrés de Cotobade, en honor ás súas raíces galegas foi a primeira muller no mundo que presidiu unha academia da lingua, a Academia Brasileira das Letras, en 1996 e recibiu o premio Principe de Asturias no 2005.

Ademais foi distinguida como doutora honoris causa por diversas universidades -entre elas a USC en 1998- e a súa traxectoria literaria foi recoñecida con importantísimos premios literarios, como o Pen Club, en 1985; ou o Juan Rulfo, considerado como o Nobel hispanoamericano, pola obra A república dos sonhos.

O seu début como novelista foi en 1961 coa obra Guía-mapa de Gabriel Arcanjo, e posteriormente publicou obras como Madeira feita cruz, Fundador, A casa da paixão, Sala de armas, A doce canção de caetana, O pão de cada día, Até amanhã, outra vez; A república dos sonhos, Vozes do deserto, Aprendiz de Homero e Coração andarilho.

Dirixiu institucións como o Laboratorio de Creación Literaria de la Universidad Federalde Río de Xaneiro (1970) ou a División Cultural do Departamento de Cultura de Estado de Río de Xaneiro. Tamén foi vicepresidenta do Sindicato de Escritores de Río de Xaneiro.

Tema: