A Consellería de Cultura e Educación participou en Madrid na reunión da comisión técnica sectorial de asuntos culturais

Europa Creativa, o programa Platea, o Congreso Iberoamericano da Cultura e as axudas para a difusión das artes escénicas foron algúns dos asuntos que centraron o encontro ao que asistiu o secretario xeral de Cultura

Favorecer a cooperación e coordinación dos poderes públicos na promoción, defensa e difusión da cultura é un obxectivo prioritario deste órgano

Gallego
 A Consellería de Cultura e Educación participou en Madrid na reunión da comisió
A Consellería de Cultura e Educación participou en Madrid na reunión da comisión técnica sectorial de asuntos culturais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na Comisión Técnica Sectorial de Asuntos Culturais, que se celebrou en Madrid na Secretaría de Estado de Cultura presidida polo responsable deste departamento, José María Lassalle.

A cooperación e coordinación dos poderes públicos na promoción, defensa e difusión da cultura é un obxectivo prioritario deste órgano de apoio á Conferencia Sectorial de Cultura. Para avanzar nesta dirección, a comisión celebrou esta mañá unha nova reunión na que se abordaron diversos temas de interese en materia cultural para a Administración Xeral do Estado e as comunidades autónomas.

En materia de promoción exterior, centraron o encontro o programa Europa Creativa e o V Congreso Iberoamericano de Cultura, que se celebrará en Zaragoza do 20 ao 22 de novembro. Tamén se informou dos proxectos internacionais previstos para o Ano de España en Xapón e da Mostra Espanha - Portugal 2013, así como do labor que está a impulsar o grupo de traballo de cooperación para promover a cultura como elemento esencial da proxección exterior da marca España.

Os centros directivos da Secretaría de Estado de Cultura tamén puxeron en común cos representantes das comunidades autónomas as principais iniciativas que están a realizar. A constitución do grupo de traballo para coordinar as actividades de fomento da lectura, a xiras das unidades artísticas do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) 2013-2014 e as redes e circuítos estatais que contan co seu apoio, o programa Platea para impulsar a programación conxunta de compañías de artes escénicas polas entidades locais e o INAEM e a proposta de creación dun grupo de traballo da cinematografía e o audiovisual foron algún dos asuntos que se presentaron na reunión.

Finalmente, as direccións xerais de Bellas Artes y Bienes Culturales e de Arquivos e Bibliotecas, o Insitituto de Cinematograífa y de las Artes Audiovisuales (ICAA) e a Biblioteca Nacional de España informaron sobre o proceso de avaliación da normativa estatal e autonómica en materia de cultura, no marco do proxecto de Lei de garantía da unidade de mercado.

Tema: 

Xesús Vázquez Abad reúnese co director xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, Jorge Sáinz, para falar da actualidade e o futuro da universidade en Galicia

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse hoxe co director xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Jorge Sainz

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse hoxe co director xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Jorge Sáinz, para falar da actualidade e o futuro da universidade en Galicia.

Na reunión tamén participaron o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a presidenta da Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego, Patrocinio Morrondo; a subdirectora xeral de Universidades, Beatriz Soutelo; e a subdirectora xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria, Mª Jesús Tallón.

 

 

 

 

 

 

 

Ensinanza: 

O conselleiro de Cultura e Educación inaugurou o III FIEC que reúne durante dous días no Gaiás aos responsables dos festivais artísticos máis prestixiosos do mundo

Xesús Vázquez Abad convidou aos participantes neste foro a “reflexionar sobre como dinamizar e programar unha cultura participativa, integradora, cosmopolita e inspiradora”

A primeira conferencia correu a cargo do produtor de Broadway David Binder. Mañá será a quenda dos responsables dos festivais de Edimburgo, Aviñón, Mérida e La Mar de Músicas

Gallego
O conselleiro de Cultura e Educación inaugurou o III Fiec que reúne durante dous
O conselleiro de Cultura e Educación inaugurou o III Fiec que reúne durante dous días no Gaiás aos responsables dos festivais artísticos máis prestixiosos do mundo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou esta tarde o III Foro Internacional de Espazos para a Cultura (FIEC) que reúne ata mañá no Gaiás aos responsables dos mellores e máis prestixiosos festivais artísticos.

Durante a súa intervención o conselleiro destacou a importancia deste encontro que “xuntará aos programadores culturais máis relevantes para dialogar e cuestionar o alcance e a capacidade transformadora dos festivais sobre a poboación e a propia cidade”. Vázquez Abad convidou aos participantes neste foro a “reflexionar sobre como dinamizar e programar unha cultura participativa, integradora, cosmopolita e inspiradora”, e así, “conseguir que os festivais artísticos sexan elementos renovadores e rexeneradores, cos que se recupera o sentido de convivencia e creatividade que a rúa e os espazos públicos xeran”.

Baixo o título “A revolución dos festivais artísticos”, este III FIEC analizará o impacto que están a ter os grandes festivais artísticos no panorama cultural e o fará da man dalgúns dos directores de festivais máis prestixiosos do mundo: Sir Jonathan Mills, director do Festival Internacional de Edimburgo; Hortense Archambault, co-directora do Festival de Aviñón; David Binder, recoñecido produtor de espectáculos de Broadway; Jesús Cimarro, director do Festival Internacional de Teatro de Mérida; Francisco Martín, director de La Marde Músicas ou María Sheila Cremaschi, directora do Hay Festival de Segovia e Budapest.

Con este III FIEC, a Cidade da Cultura busca promover en Galicia un debate ao redor do impacto dos festivais tanto na vida cultural, como a súa capacidade para transformar pequenas vilas en espazos de creación e tamén o seu importante impacto económico. Os modelos de xestión en momentos de crise económica, a evolución dos gustos e as audiencias ou a transformación que sofren as cidades ou vilas que acollen os festivais serán algúns dos temas que abordarán os expertos convidados.

Baixo a óptica galega

Xunto a eles, Cultura e Educación dálle voz aos responsables de festivais galegos, programadores e responsables de organismos da nosa comunidade como Andrés Lacasa, xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia; Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña; María Solar Núñez, xornalista da CRTVG; Julio Gómez, director do Festival Sinsal Audio; e Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego. 

O Gaiás convértese así nunha ponte para incorporar ao noso tecido cultural as novas tendencias da escena internacional ao tempo que contribúe a divulgar a nosa cultura no exterior, favorecendo o intercambio e o establecemento de sinerxías.

O FIEC chega a súa terceira edición tras abordar o futuro das infraestruturas culturais no 2011 e a relación destas coas novas tecnoloxías no 2012, e convocar a profesionais de institucións como o MoMA, a Tate Gallery, o British Museum, o Lincoln Center, o Smithsonian, o Barbican Centre ou o IRCAM Pompidou.

Apertura co produtor David Binder

Tras o saúdo do conselleiro de Cultura e Educación, a conferencia inaugural correu a cargo de David Binder, catro veces nominado aos premios Tony e produtor de espectáculos en Broadway e eventos especiais con artistas de talla de David Bowie, Jane Fonda, Ewan McGregor,  Arcade Fire, Laurie Anderson, ou Sean “Puffy” Combs. Co mesmo título do FIEC, “A revolución dos festivais artísticos”, Binder amosou a nova cara dos festivais nos que se racha a fronteira entre o intérprete e a audiencia, e contribúen ás cidades a expresarse.

A primeira xornada completarase con María Sheila Cremaschi, directora do Hay Festival de Segovia e Budapest que abordará a historia dun festival de ideas, que integra o local co internacional. Ademais de desvelar o segredo deste orixinal evento que tivo a súa orixe na pequena localidade galesa de Hay-On-Wye –vila con 1.500 veciños e 41 librerías- e que, debido ao seu contundente e rápido éxito, foi exportado a países como Brasil, Italia, México, Colonia ou España, Cremaschi abordará un tema delicado: o do financiamento.

O Hay Festival de Segovia é organizado por unha fundación privada que cada ano debe buscar patrocinios e socios estratéxicos, públicos e privados, para realizar a súa misión. Fronte a esta realidade, o director do Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida, Jesús Cimarro, apostará pola xestión mixta como o modelo a seguir.

Os decanos dos festivais: Edimburgo e Aviñón

A xornada do sábado arrancará ás 10:30 horas coa responsable dun dos festivais decanos: Hortense Archambault, codirectora do festival de Aviñón. Archambault profundará tamén na esencia deste festival, adentrándose en temas fundamentais como a relación entre a creatividade artística e a amplificación de audiencias, o cuestionamento sobre o popular e o rexistro local dun territorio e a súa apertura ao mundo.

O teatro español estará ben representado polo director do Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida, Jesús Cimarro, que abordará o financiamento dos festivais e apostará pola xestión mixta como o modelo a seguir.

Este tipo de eventos inciden directamente sobre o territorio que os acolle. Así o explicará pola tarde Francisco Martín, director de La Marde Música, festival que se celebra en Cartaxena e que se ten transformado nos últimos anos nun dos eventos con maior transcendencia internacional do noso territorio, convertendo coa súa programación musical e as súas actividades paralelas a cidade murciana nun foco de diversidade cultural.

A conferencia de clausura, este III FIEC contará coa presenza de Sir Jonathan Mills, director e xefe executivo do Festival Internacional de Edimburgo desde 2006, que lle ofrecerá ao auditorio un percorrido único ao que se considera o “buque insignia de Escocia”. Entre os seus cargos anteriores inclúen o de Director Artístico do Festival Internacional de Artes de Melbourne, ou a organización do Festival Bienal Internacional de Música de Brisbane.

Tema: 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visita a Cidade da Cultura de Galicia co artista Christian Boltanski

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visita a Cidade da Cultura de Galicia co artista Christian Boltanski

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visita a Cidade da Cultura de Galicia co artista Christian Boltanski

 

 

 

 

 

 

Tema: 

A Consellería de Cultura e Educación requirirá á empresa do autobús escolar do colexio Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela) que cumpra estritamente cos horarios

A comunidade educativa deste centro e do CEIP Quintela así como do concello de Redondela mantiveron esta mañá unha reunión co xefe territorial de Cultura e Educación para analizar a situación

Gallego
 A Consellería de Cultura e Educación requirirá á empresa do autobús escolar do
A Consellería de Cultura e Educación requirirá á empresa do autobús escolar do colexio Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela) que cumpra estritamente cos horarios

A Xefatura Territorial de Cultura e Educación en Vigo requirirá á empresa concesionaria do servizo de transporte escolar dos colexios  Quintela e Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela) que cumpra estritamente cos horarios de recollida e regreso dos alumnos tras detectarse importantes irregularidades neste servizo.

Así llo trasladou o xefe territorial deste departamento, César Pérez Ares, á comunidade educativa e aos representantes do concello de Redondela cos que mantivo esta mañá unha reunión na Delegación Territorial da Xunta en Vigo.

No encontro estiveron presentes as directoras de ambos centros, os concelleiros de Tráfico, Educación e Deportes de Redondela así como os xefes de Inspección de Educación e de Transportes da Xefatura Territorial.

Na reunión, ambas directoras presentaron dous informes detallados sobre o acontecido nas últimas semanas co servizo de transporte destes centros, que veu a constatar a realidade do excesivo atraso co que están a chegar os autobuses ás paradas tanto de recollida como de devolución dos nenos. “Estas irregularidades están a provocar un importante atraso na chegada dos alumnos ao centro e as súas vivendas ao regreso, co cal entendemos as queixas dos pais e dos colexios”, explicou Pérez Ares.

Ante esta situación, a Xefatura Territorial anunciou ante os representantes da comunidade educativa e do concello que se enviará, a través do Servizo de Transportes deste departamento, unha serie de instrucións á empresa concesionaria para o mellor funcionamento do servizo. “Deste xeito, esixirémoslle que tome as medidas pertinentes de xeito inmediato”, continuou o xefe territorial, quen destacou que, a maiores, tamén se reunirán coa empresa para advertirlle de que “o incumprimento de estas instrucións podería suporlle medidas administrativas moi serias”.

César Pérez Ares rematou destacando que dende o Servizo de Transportes da Xefatura Territorial de Cultura e Educación en Vigo farase un seguimento exhaustivo do cumprimento das medidas que se lle esixirán á empresa concesionaria

Xesús Vázquez Abad asina o convenio de colaboración coa Fundación Empresa Universidade Galega para os titulados en ensinanzas artísticas e deportivas

A Consellería de Cultura e Educación amplía o convenio asinado en 2012 destinado a ensinanzas de FP a través do cal se estableceu o desenvolvemento dun mecanismo para a realización de prácticas en empresas

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral da Fundación Empresa Universidade Galega na sinatura do convenio

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), Francisco J. Pereiro Pérez, asinaron hoxe unha addenda ao convenio de colaboración para o apoio aos programas de becas de formación práctica de persoas tituladas en ensinanzas artísticas e deportivas.

Dito convenio, asinado hoxe en San Caetano, vai dirixido aos estudantes de ensinanzas elementais de música e de danza; aos das artísticas profesionais de música e danza así como aos dos graos medio e superior de artes prácticas e deseño. Tamén están incluído o alumnado  de ensinanzas artísticas superiores nos que se inclúen os estudos superiores de música e danzas, as ensinanzas de arte dramática, de conservación e restauración de bens culturais, de deseño e os estudos superiores de artes plásticas nos que se inclúen os de cerámica e vidro.

Ademais o acordo tamén é relativo ás ensinanzas deportivas, cuxo fin é preparar aos estudantes para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral e deportivo e á cidadanía activa.

O desenvolvemento

Esta addenda completa o convenio asinado no 2012, por primeira vez, e no que xa se daba conta de que a FEUGA implantaría e desenvolvería programas e actuacións específicos encamiñados a desenvolver o mecanismo preciso para a realización de prácticas en empresas de calquera tamaño e sector de actividade. O número de beneficiados por este programa de bolsas ata este momento foi de 603.

Deste xeito a Consellería e a FEUGA dan conta da necesidade de unir esforzos, mellorando o aproveitamento dos recursos dispoñibles e coordinando medidas de apoio ás iniciativas de formación práctica en empresas e inserción profesional de persoas tituladas da FP e, a partir de agora, das devanditas ensinanzas de réxime especial. No documento asinado hoxe queda reflectido o acordo en actuacións dirixidas a facilitar o progreso no itinerario profesional das devanditas persoas tituladas e que faciliten a relación destas e as empresas.

A Consellería de Cultura e Educación volve amosar o seu compromiso coa preparación dos estudantes galegos para a súa inserción no mundo laboral, neste caso dándolles a través da FEUGA unha nova oportunidade de incorporarse ao mundo da empresa.

Tema: 

Colectivo: 

Xesús Vázquez Abad entrega os premios de Nós tamén creamos!, o certame escolar audiovisual de dinamización lingüística

Outorgáronse catro premios e catro mencións especiais do xurado a curtas de animación en galego realizadas coa técnica stop-motion por alumnado e profesorado de infantil e primaria

Xa está en marcha a terceira edición do programa, que se desenvolverá no marco do novo Plan Proxecta 2013/2014 impulsado pola Consellería de Cultura e Educación

Gallego
 Xesús Vázquez Abad entrega os premios de Nós tamén creamos!, o certame escolar
Xesús Vázquez Abad entrega os premios de Nós tamén creamos!, o certame escolar audiovisual de dinamización lingüística

Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entregou esta mañá, no auditorio do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), os premios a curtas de animación en galego realizados coa técnica stop-motion no marco do programa de dinamización lingüística “Nós tamén creamos!”

O conselleiro expresou a súa satisfacción porque as curtas presentadas ao concurso, tanto as gañadoras coma outras moitas de calidade elaboradas polos 60 centros participantes, mostran que se alcanzaron os obxectivos para os que foi deseñado “Nós tamén creamos!”: incentivar o uso do galego nos colexios en novos espazos e soportes, favorecer a innovación no ensino-aprendizaxe de linguas, promover unha relación positiva dos rapaces co noso idioma ou fomentar a lectura e mais a creatividade en galego, entre outros. Deste xeito o conselleiro destacou que “todos os traballos presentados ao concurso, e nomeadamente os premiados, son mostra do voso esforzo, do voso bo facer e da calidade da educación na nosa comunidade”.

Ademais, Vázquez Abad tivo palabras de agradecemento para a Compañía Radio-Televisión de Galicia e para OQOeditora, coorganizadoras do programa.

Alumnos e docentes

Ademais resaltou o traballo do alumnado e docentes participantes no proxecto, nomeadamente os integrantes dos equipos de dinamización da lingua galega, a quen animou a seguir traballando na mesma liña, “porque Nós tamén creamos! será verdadeiramente produtivo se marca o inicio dun camiño. Agradézovos o xeneroso esforzo que esta primeira etapa da andaina vos supuxo, pois ben sei que vos implicastes totalmente nesta empresa. Quero facer unha mención especial para o profesorado que integra os equipos de dinamización da lingua galega, polo seu impulso a este e a outros proxectos educativos innovadores no noso idioma”.

Ao acto de entrega dos premios Nós tamén creamos! asistiron, a canda o conselleiro de Cultura e Educación, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Manuel Vila,  subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado; Rosa Vilas, directora-xerente da Televisón de Galicia e Eva Mejuto, representante de OQOeditora.

Asistiu tamén unha ampla representación de profesorado e de alumnado participante na elaboración das curtas premiadas ou que recibiron mención, así como pais e nais destes estudantes. Os encargados de conducir o evento foron os actores Fran Rei e Pedro Brandariz, integrantes do dúo Os Sete Magníficos máis Un, que fixeron as delicias dos rapaces cunha representación chea de humor.

Catro curtas gañadoras

Na modalidade de educación infantil o traballo seleccionado polo xurado de Nós tamén creamos! foi “A Escaleira”, do CEIP Víctor López Seoane da Coruña. No primeiro ciclo de primaria, o centro galardoado foi o CEIP A Lama, cunha curta de igual título. No segundo ciclo, o premio outorgóuselles ex aequo ao CEIP de Merza (Vila de Cruces) polo traballo Troco e ao CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño) por “Ernesto bo día”. Todas estas curtas de animación poden verse no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, http://www.xunta.es/linguagalega/nos_tamen_creamos, e mais na sección infantil do web da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG), http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen_creamos.

Os colexios galardoados recibiron un lote de libros de OQOeditora, unha pantalla de plasma cedida pola CRTVG e un diploma acreditativo expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais, o profesorado implicado na elaboración das curtas recibiu unha certificación de Premio de Innovación Educativa.

Mencións especiais pola alta calidade

A elevada calidade dos traballos presentados levou o xurado dos premios Nós tamén creamos! a outorgar mencións especiais por segundo ano consecutivo. Foron merecentes delas as curtas “A noite das mudanzas”, do CEIP Bergantiños de Carballo, pola expresividade e a espontaneidade lingüísticas, así como pola composición estética; “Pilú, Pilú” do CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol, pola adaptación musical e a orixinalidade plástica; “A escaleira”, do CPI Cabo da Area, de Laxe, pola adaptación da obra orixinal, e “Ernesto Bo Día” do CEE Vilagarcía de Arousa, pola calidade plástica e estética. Estas curtas están tamén accesibles nos webs indicados arriba.

Programa de dinamización lingüística

O concurso Nós tamén creamos! enmárcase nun programa de dinamización lingüística que leva o mesmo nome, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Con ela colaboran a CRTVG e OQOeditora para formar e asesorar a profesorado de 60 centros educativos co fin de que estes realicen con alumnado de 3 a 9 anos curtas de animación en galego baseadas en contos fornecidos pola citada editorial.

A Consellería dirixida por Vázquez Abad recoñeceulles 12 horas de formación do profesorado aos docentes participantes na elaboración de calquera das curtas de animación realizadas no marco deste programa que cubrisen uns mínimos de calidade.

Nós tamén creamos! dálle continuidade ao programa iniciado no curso 2010-2011 no marco do que todas as aulas de infantil dos centros escolares de Galicia recibiron tres curtas en galego acompañadas de cadansúa unidade didáctica. No curso 2011-2012, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu un paso máis na iniciativa co fin de converter o alumnado, non só en receptor de cine en galego, senón tamén en creador.

Xa está en marcha a terceira edición do programa de elaboración de curtas, este ano inserido no Plan Proxecta, o que permite incrementar as horas de formación do profesorado e o tempo con que contan os centros para a elaboración das curtas.

Puntuación provisional da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014

Gallego

Xúntase a comunicación do 15 de novembro de 2013 pola que se fai pública a puntuación provisional da convocatoria de selección de centros educativos sostidos con fondos públicos no Proxecto de formación COMBASGalicia, Curso 2013-2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

  • Establécese un prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles alegacións ou renuncias.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

O programa europeo de axudas ao audiovisual centra a segunda sesión formativa de Galicia ProFilme que organiza a Consellería de Cultura e Educación

A Agadic e a Oficina Media Desk España colaboran na organización desta xornada, que se está a celebrar na Biblioteca da Cidade da Cultura e para a que se inscribiron medio cento de profesionais

O director da Oficina Media avanzou os detalles da incorporación desta liña de subvencións no programa Europa Creativa que se desenvolverá de 2014 a 2020

Os representantes das produtoras Tic Tac e Avalon compartiron cos participantes as súas experiencias á fronte de proxectos audiovisuais realizados con apoio europeo

Gallego
 O programa europeo de axudas ao audiovisual centra a segunda sesión formativa d
O programa europeo de axudas ao audiovisual centra a segunda sesión formativa de Galicia ProFilme que organiza a Consellería de Cultura e Educación

Galicia ProFilme, nova plataforma de formación continua para profesionais do audiovisual que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), desenvolve hoxe unha sesión formativa arredor do programa europeo MEDIA de axudas a produtoras independentes.

Medio cento de profesionais do sector inscribíronse neste encontro que, baixo o título ‘Sesión informativa MEDIA’, deu comezo ás 10.00 horas na Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coas intervencións dos directores da Agadic, Jacobo Sutil Nesta, e da Oficina Media Desk España, Jesús Hernández. Ambas as dúas entidades colaboran no desenvolvemento desta acción formativa que, en liña co resto das sesións inseridas en Galicia ProFilme, ten cun carácter eminentemente práctico.

Casos prácticos

Neste sentido, cóntase coa participación dos representantes de dúas produtoras independentes con experiencia no desenvolvemento de proxectos seleccionados por MEDIA. Fernanda del Nido de Tic Tac Producciones explicou o proceso emprendido con ‘La luna de septiembre’, filme apoiado dentro da categoría de axudas ao desenvolvemento de proxectos individuais, modalidade na que tamén se insiren as fitas ‘Nora’, ‘313 invitados’ e ‘Califa’, das que falou a produtora executiva de Avalon, María Zamora.

Nesta exposición tamén interveu Mónica Carretero, coordinadora do Fondo de Garantía á Produción MEDIA da Sociedad de Garantía Recíproca Audiovisual SGR, operadora española que traballa coa Comisión Europea na xestión do fondo de garantía de empréstitos posto en marcha desde a Unión Europea co obxectivo de facilitar aos produtores de cine o acceso ao financiamento bancario.

A última intervención da xornada correspondeulle ao director da Oficina Media Desk España, fundación cultural dirixida á divulgación e asesoramento arredor deste programa de apoio ao audiovisual. Jesús Hernández avanzou as liñas mestras da integración de MEDIA no programa Europa Creativa da Comisión Europea no que, entre os anos 2014 e 2020, se inserirá tanto o MEDIA como o MEDIA Mundus e os programas Cultura.

Preprodución e mercado internacional

Galicia Profilme continuará en decembro cunha terceira convocatoria titulada ‘Preprodución e mercado internacional’, a través da que se ofrecerán diferentes estratexias para a promoción e distribución de produtos audiovisuais no exterior. Esta última sesión do ano celebrarase o xoves 12 coa participación de José María Riba, membro do comité de selección da Quincena de Realizadores do Festival de Cannes; Manuel Monzón, da distribuidora Acontracorriente Films; e David Castellanos, da axencia de vendas internacional Cinema Republic.

A asistencia a estas xornadas é gratuíta –previa confirmación a través do correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.es– para todos os profesionais que desenvolven a súa actividade no ámbito do audiovisual galego.

Tema: 

O conselleiro de Cultura e Educación destaca o esforzo a prol dunha universidade de calidade como garantía de futuro

Xesús Vázquez Abad participou na apertura do foro “O futuro da universidade en España a debate” que se desenvolveu na Fundación Luis Seoane, na Coruña

Gallego
Xesús Vázquez Abad participou na apertura do foro “O futuro da universidade en E
Xesús Vázquez Abad participou na apertura do foro “O futuro da universidade en España a debate”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou hoxe a importancia do traballo desenvolvido a través do departamento que dirixe a prol dunha universidade de calidade como garantía de futuro. Foi durante a apertura do foro “O futuro da universidade en Espala a debate” que se desenvolve durante toda a xornada na fundación Luis Seoane, na Coruña e organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo. No acto tamén estiveron presentes a delegada da Xunta na Coruña, e o xefe territorial de educación, Belén do Campo e Indalecio Cabana, respectivamente.

Durante a súa intervención Vázquez Abad dixo que “entendemos que a universidade, como centro de acción da elite do pensamento, é o catalizador necesario para abrir vías de superación ante os retos que se presentan no momento actual”. Ao mesmo tempo recordou que “necesitamos unha boa ciencia, boa técnica, bos modelos de pensamento, para mellorar o orden polo que nos rexemos. Necesitamos coñecemento e capacidade de unir perspectivas, para que o esforzo encaixe cada vez mellor na fórmula do traballo, co seu rendemento eficaz e o seu asentamento nunha economía de recursos”.

O conselleiro recordou o traballo desenvolvido desde o departamento educativo da Xunta e sinalou que “apostamos pola I+D, pola igualdade de oportunidades e pola mellora da universidade pública. As tres universidades galegas representan o 39% do gasto total en investigación e concentran o 61% de todos os investigadores de Galicia” e destacou que “decidimos manter, nesta época de crise, o mesmo orzamento para axudas e becas universitarias. Ademais volvemos a conxelar os prezos das matrículas, o que sitúa a Galicia como a comunidade Comunidades cos prezos máis baixos para graos e máster”, así Xesús Vázquez engadiu que “estamos orgullosos do noso plan de financiamento universitario, con vixencia ata o 2015, xa que blindado os recursos destinados as nosas universidades como un eixe estratéxico das políticas  do noso goberno”.

No acto de apertura xunto ao conselleiro estiveron Ramón Herrera de las Heras e Domingo Bello Janeiro directores do encontro e da UIMP en Galicia, respectivamente, así como o concelleiro de servizos sociais da Coruña, Miguel Lorenzo Torres.

A xornada

Posteriormente tratouse o director xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Jorge Sáinz González tratou “A reforma do sistema universitario español”. Un tema que foi debatido na rolda de prensa na que participaron Juan Casares Long e José Antonio Cobacho, reitores das universidades de Santiago e Murcia respectivamente.

Ao longo da mañá tamén foi tratada a situación dos estudantes ante a reforma a cargo do vicepresidente do consello de estudantes do Estado, Gabriel Martín Rodríguez. Xa pola tarde foi tratado o papel que ten a política que se desenvolve en torno ao I+D+i  e a relación entre a constitución e educación. Temas que foron tratados polo director xeral de investigación e xestión do plan de I+D+i do Ministerio de Económica, Juan María Vázquez Rojas. O encontro pechouse coa intervención “Orzamentos dunha política universitaria” a cargo do presidente do consello de Estado de España, José Manuel Romay Beccaría.

Tema: 

Ensinanza: