Cultura e Educación súmase a unha campaña solidaria con 145 quilos de alimentos reunidos pola Biblioteca Nodal da Coruña

A iniciativa enmárcase na actividade ‘Biblioteca quitapenas’, que promove eliminar sancións dos usuarios por atrasos na devolución de libros a cambio de alimentos

O secretario xeral de Cultura fíxolle entrega ao presidente do Banco de Alimentos Rías Altas da comida doada desde o inicio da actividade, o pasado 24 de outubro

Gallego
Cultura e Educación súmase a unha campaña solidaria con 145 quilos de alimentos
Cultura e Educación súmase a unha campaña solidaria con 145 quilos de alimentos reunidos pola Biblioteca Nodal da Coruña

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entregoulle hoxe ao Banco de Alimentos Rías Altas os 145 quilos de comida reunidos pola Biblioteca Pública González Garcés da Coruña ao abeiro da campaña solidaria ‘Biblioteca quitapenas. Nós quitámosche as penas se ti llelas quitas a outros’. Os alimentos, doados polos usuarios e usuarias, fóronlle entregados esta mañá ao presidente do Banco de Alimentos Rías Altas, José Luis Castro, polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola directora da biblioteca nodal da Coruña, Mar Lauroba.

O centro bibliotecario da Coruña, xestionado pola Consellería de Cultura e Educación, sumouse a esta campaña o pasado 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas, que promove a supresión de sancións aos usuarios e usuarias por atrasos na devolución de material en préstamo a cambio da doazón de alimentos, aínda que está aberto tamén a quen non teña ningunha penalización e queira colaborar coa causa.

Bibliotecas doutras comunidades autónomas participan nesta campaña solidaria, á que está previsto que se sume o próximo mes de decembro a biblioteca nodal de Lugo.

Tema: 

O conselleiro de Cultura e Educación comproba a evolución das obras de mellora no CEIP O Pombal de Vigo

Xesús Vázquez Abad percorreu o comedor recén reformado e a ampliación do centro con catro novas aulas, e deu conta da evolución da pavimentación da zona de acceso ao centro

Previamente visitou as instalacións do IES Ricardo Mella onde se realizaron melloras na instalación eléctrica

A Consellería investiu nos últimos anos preto de 600.000 euros nas diversas reformas nos devanditos centros

Gallego
O conselleiro de Cultura e Educación comproba a evolución das obras de mellora n
O conselleiro de Cultura e Educación comproba a evolución das obras de mellora no CEIP O Pombal de Vigo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá centros educativos da cidade de Vigo, en concreto o CEIP O Pombal e o IES Ricardo Mella, nos que o departamento que dirixe ten investido nos últimos anos preto de 600.000 euros en diferentes obras de mellora e na implantación de programas educativos en prol da calidade do ensino.

No seu percorrido polas instalacións do IES Ricardo Mella - acompañado polo director do mesmo, Manuel García Freire-, o conselleiro comprobou o estado das instalacións tras a reforma realizada este ano na instalación eléctrica. O investimento no centro nos últimos anos supera os 91.000 euros, grazas ao cal o IES conta con seccións bilingües, cuxo desenvolvemento apoia unha auxiliar de conversa; e dispón  de 2 aulas Abalar.

CEIP O Pombal

Posteriormente, e xunto á delegada da Xunta en Vigo e o xefe territorial de educación na provincia, María José Bravo Bosch e César Pérez Ares, respectivamente, Vázquez Abad visitou o CEIP O Pombal onde a Consellería continúa a realizar a importante obra de ampliación e mellora, que conta cun orzamento de preto de 500.000 euros.

Tal e como sinalou o conselleiro “na actualidade estase a realizar a pavimentación do acceso ao centro” e destacou que “con esta obra continúase a xa rematada relativa á ampliación do comedor. Os traballos consistiron nunha habilitación de espazos que, ademais da realización dunha nova cuberta e a ampliación do comedor, supuxo a creación de catro novas aulas no andar superior. Deste xeito, e como resultado da reforma, o CEIP conta agora con oito aulas habilitadas na planta segunda, xunto ás cinco xa existentes na planta primeira, para dar resposta ás necesidades educativas dos máis de trescentos estudantes”. Das catro novas aulas, unha delas destínase a impartir clases de primeiro ciclo, outra a  aula de música e psicomotricidade, e as dúas restantes son aulas para desdobres. Así mesmo a reforma serviu para mellorar a accesibilidade do colexio.

A obra de ampliación do comedor permitiu que este pasara a ter na actualidade 118 m2 fronte aos 33 m2 anteriores, dando servizo a máis de cen comensais. Unha actuación coa que se deu resposta ás necesidades da comunidade educativa. Esta obra, xunto ás melloras realizadas nos comedores dos CEIP Friáns- Teis, Otero Pedraio e Balaídos, e as dos IES Illas Cíes e Pintor Laxeiro, supuxo un investimento total de 1,5 millóns de euros enmarcados no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia de ampliar o número de comensais que podan facer uso do servizo complementario de comedor escolar.

Cómpre salientar ademais o investimento de preto de 32.000 euros que a Consellería ten realizado para a implantación de diferentes programas educativos en prol da mellora da calidade educativa neste colexio. Neste sentido cabe lembrar que este centro participou o pasado curso en dúas das liñas de actuación dos contratos-programa, en concreto nas de reforzo, orientación e apoio e de mellora da lectura, da escritura e do cálculo. Así mesmo, o centro conta cunha aula dixital e está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde o primeiro curso de funcionamento do mesmo.

Colectivo: 

O Coro de Cámara da Coruña réndelle homenaxe a Rosalía de Castro coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación

A agrupación ofrece un concerto con motivo do 150.º aniversario de ‘Cantares gallegos’, que terá lugar o 24 de novembro no Museo de Belas Artes da Coruña

Obras de Juan Montes, Andrés Gaos e José Baldomir sobre textos rosalianos acompáñanse no programa con pezas baseadas na obra doutros poetas galegos

A Secretaría Xeral de Cultura vén apoiando este ano diversas iniciativas para difundir a obra rosaliana a través da música

Gallego
O Coro de Cámara da Coruña
O Coro de Cámara da Coruña

O Coro de Cámara da Coruña réndelle homenaxe a Rosalía de Castro cun concerto conmemorativo dos 150 anos da publicación da obra ‘Cantares gallegos’, que se celebrará o próximo domingo 24 de novembro, ás 12:30 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, colabora con esta iniciativa, na que se interpretarán obras dos compositores Juan Montes, Andrés Gaos, José Baldomir e Javier Busto sobre textos de Rosalía de Castro, así como pezas baseadas na obra de poetas galegos como Celso Emilio Ferreiro e Curros Enríquez, e sobre textos de cantigas tradicionais. As voces do coro, cos solistas Raquel Rodríguez e Francisco Javier Prego, estarán acompañadas ao piano por Julián Jesús Pérez, director do coro.

Catro pezas para voz e piano de Juan Montes (“Negra sombra” e “Doce sono”), Andrés Gaos (“Rosa de abril”) e José Baldomir (Maio longo) centrarán a primeira parte do concerto, que rematará cunha obra coral, “Rosalía de Castro: un poema”, que o compositor Javier Busto lle dedicou en 2010 ao Coro de Cámara da Coruña.  A segunda parte comeza con tres cantigas de salón para voz e piano: “Os teus ollos”, de José Castro ‘Chané’; “Meus amores”, de José Baldomir; e “Soedades”, de Marcial de Adalid.

A música coral é a protagonista das pezas que completan o programa. Entre elas inclúense a obra “Prende, salgueiriño, prende”, composta por Emilio Lede sobre texto tradicional; unha suite coral baseada en cantigas tradicionais, harmonizada por Agustín Bertomeu; e dúas cantigas creadas a partir de textos poéticos de Celso Emilio Ferreiro, “María Soliña” e “Unha vez”, compostas por Antonio Paz Valverde, director e fundador da Coral Polifónica do Porriño, e por Julián Jesús Pérez, respectivamente.

Difusión da obra de Rosalía a través da música

A colaboración da Secretaría Xeral de Cultura con este concerto enmárcase na completa programación de actividades que a Xunta de Galicia vén impulsando durante 2013 a prol do estudo e da difusión de ‘Cantares gallegos’, con motivo do 150.º aniversario da súa publicación, entre as que se inclúen diversas iniciativas arredor da música.

Este ano, a Consellería de Cultura e Educación promoveu unha selección discográfica baixo o título ‘Rosalía en vinte edicións discográficas’. Esta escolma realizada polo profesor Xaime Estévez Vila, e que está accesible en cultura.xunta.es, recolle unha mostra da creatividade musical dedicada á obra de Rosalía de Castro e tamén á súa figura, que se completa con información de interese sobre as diferentes edicións discográficas e sobre a difusión da obra da escritora a través da música.

A Consellería tamén apoiou o libro-disco ‘Cantares gallegos. Músicas para o 150.º aniversario da súa publicación’, un proxecto no que o tenor Joaquín Pixán e o pianista Alejandro Zabala recuperan poemas rosalianos musicados por recoñecidos compositores, como García Abril, Gaos e Octavio Vázquez  e que foi presentado en concerto no Centro Galego de Arte Contemporánea o pasado mes de outubro.

Nesta mesma liña, o goberno galego tamén colaborou co Consello da Cultura Galega na iniciativa ‘No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía’, que reuniu no mes de xuño un coro de 400 alumnos e alumnas dos conservatorios e das escolas de música de toda Galicia para cantar os versos de Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval.

Tema: 

A editorial Bululú reúne nun catálogo 100 dos mellores ilustradores co apoio da Consellería de Cultura e Educación

A obra ‘100% Ilustración’, que amosa un cento de ilustracións doutros tantos autores do panorama actual da ilustración española, foi presentada esta mañá na Coruña polo secretario xeral de Cultura

Gallego
A editorial Bululú reúne nun catálogo 100 dos mellores ilustradores co apoio da
A editorial Bululú reúne nun catálogo 100 dos mellores ilustradores co apoio da Consellería de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa a posta en valor e a difusión dos profesionais da ilustración. Faino a través da colaboración coa obra ‘100% Ilustración’, que acaba de ser publicada pola editorial galega Bululú. O catálogo, coordinado por David Pintor e por Óscar Villán, reúne un cento dos mellores ilustradores do panorama español, que escolleron unha ilustración propia para representar a súa obra.

A librería Cascanueces acolleu esta mañá a presentación do catálogo, que correu a cargo do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do responsable da editorial, Pablo Zaera; e do ilustrador David Pintor. Segundo asegurou na súa intervención o responsable de Cultura da Xunta de Galicia, o catálogo dá mostra dun sector competitivo, constriuído desde a profesionalidade e a excelencia artística, no que os autores e as autoras galegas ocupan un lugar ben destacado.

David Pintor, Óscar Villán, Miguelanxo Prado, José Domingo,  Alberto Guitián, David Rubín, Carlos Arrojo, Patricia Castelao, Xan López Domínguez Alberto Vázquez, Jacobo Fernández Serrano, Pablo Otero ,Jacobo Muñiz e o suízo, aínda que radicado en Galicia, Marc Taeger son “os nomes que representan o bo facer e o labor sobranceiro da ilustración galega, que constitúe un referente a nivel internacional, afirmou Anxo Lorenzo.

“O prestixio do sector galego da ilustración –engadiu– queda reflectido, polo tanto, neste catálogo”. Ao fío disto, o secretario xeral recordou a recente concesión do Premio Nacional de Cómic a Miguelanxo Prado, “un galardón que nos enche de alegría e que avala a fortaleza e a calidade da ilustración galega”.

Contribuír ao fortalecemento do sector

O apoio da Xunta de Galicia a este catálogo, segundo explicou, “ten un obxectivo claro, que é contribuír coa posta en valor e coa visibilidade do traballo dos ilustradores máis destacados”. Nese sentido, referiuse á obra unha ferramenta útil para facilitar as relacións profesionais no ámbito galego, nacional e internacional dos axentes vinculados coa ilustración e co sector editorial en xeral. 

Con este mesmo obxectivo, Anxo Lorenzo recordou que o seu departamento vén apoiando outras iniciativas, como a do catálogo ‘Galician Books for Children and Young Adults 2013’, que constitúe un escaparate para escritores, ilustradores e editores que traballan para públicos infantís e xuvenís, centrado en favorecer a súa colocación no mercado.

O catálogo, do que se editaron 400 unidades en galego e 1.100 en castelán, está prologado por Siro López e, segundo precisou a editorial Bululú, é o primeiro que se edita fóra dos núcleos tradicionais do sector, Madrid e Barcelona.

Un total de 150 exemplares en galego serán distribuídos pola Secretaría Xeral de Cultura entre os centros da Rede de Bibliotecas de Galicia, para poñer a obra ao dispor da cidadanía.

Tema: 

Cultura e Educación fusiona a arte do Orinoco coa danza durante os domingos de decembro no Gaiás

‘Orinoco en danza’ combina a visita guiada á exposición “Orinoco. Viaxe a un mundo perdido” con tres pezas de danza contemporánea ideadas por Mercedes Suárez, directora do Centro Coreográfico Galego

Pensada para todos os públicos, a actividade terá lugar os domingos 1, 15 e 29 de decembro en dous pases

Gallego
 Cultura e Educación fusiona a arte do Orinoco coa danza durante os domingos de
Cultura e Educación fusiona a arte do Orinoco coa danza durante os domingos de decembro no Gaiás

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aposta pola fusión de linguaxes artísticas no Museo Centro Gaiás a través de ‘Orinoco en danza’, unha visita guiada especial á exposición ‘Orinoco. Viaxe a un mundo perdido’ na que a variedade da arte das tribos venezolanas se presenta a través da exprevisidade da danza.

Pensada para todos os públicos, ‘Orinoco en danza’ ofrece ao longo dos tres andares do Museo Centro Gaiás tres pezas de danza contemporánea ideadas por Mercedes Suárez, directora do Centro Coreográfico Galego e executada por bailaríns cuxa historia está ligada a este centro.

‘Yanomami, os fillos da lúa’; ‘O home paxaro’ e ‘Hiwi, xente da sabana’ sorprenderán ao visitante no seu percorrido guiado polos segredos da gran mostra que alberga o Museo Centro Gaiás durante tres domingos de decembro: o 1, o 15 e o 29. A actividade contará con dous pases: 12:30 e 18:30 horas e o prezo é o mesmo da entrada á exposición aínda que é preciso reservar praza en www.cidadedacultura.org.

‘Orinoco en danza’ forma parte do programa de actividades lúdicas e didácticas co que Cultura e Educación pretende achegar esta mostra da Fundación Cisneros –en exposición na Cidade da Cultura ata o 12 de xaneiro de 2014- a todos os públicos.

Tres pezas únicas

A visita guiada de danza discorre polos tres andares do Museo Centro Gaiás que ocupa a mostra ‘Orinoco. Viaxe a un mundo perdido’. A longo do seu percorrido, o visitante poderá contemplar unha primeira peza basada na lenda do home paxaro, que estará acompañada pola música de Ennio Morricone que aparece na película ‘La misión’.

‘Yanomami, os fillos da lúa’, coa música do Claro de lúa de Beethoven, inspírase na lenda dos yanomami, nados da lúa que vivía no corpo dun gran xamán, e adentrará aos visitantes no mundo da maxia, os costumes e as lendas das tribos do Alto Orinoco.

Por último, os bailaríns interpretarán ‘Hiwi, xente da sabana’ con música de percusión, unha peza que amosa a creación dos membros desta tribo, posuidores de dúas almas: Yethi e Humpe. A primeira é invisible e deixa o corpo mentres durme para poder aparecer nos sonos dos demais. A outra, logo de morrer, viaxa cara ao fogar de kúwai –o creador- onde vive con riqueza e abundancia de comida.

Tres pezas únicas que combinan á perfección a sensibilidade da danza e da arte indíxena e que supón unha grande oportunidade para achegarse en familia ao rico patrimonio inmaterial da Amazonia venezolana e ao talento dos bailaríns formados no Centro Coreográfico Galego.

Tema: 

A Xunta pon á disposición dos profesionais da administración pública de Galicia o novo tradutor automático ‘Gaio’

A implementación desta ferramenta tecnolóxica reforzará a presenza do galego na documentación técnica e administrativa, páxinas web e correos electrónicos da Administración autonómica e local

O proxecto, desenvolto pola empresa galega Imaxín Software, intégrase no catálogo de servizos dixitais que a Administración galega lle está a facilitar ás entidades locais para impulsaren a implantación da eAdministración a través do Plan eConcellos

O secretario xeral de Política Lingüística, a directora da Amtega e o director xeral de Administración Local presentárono hoxe na Cidade da Cultura de Galicia

Gallego
Na presentación participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentí
Na presentación participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a directora da Amtega, Mar Pereira Álvarez; o director xeral de Administración Local, Norberto Uzal Tresandí, e a responsable da Área Multimedia de Imaxín Software, Luz Castro Pena

O Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia acolleu esta mañá a presentación do novo tradutor automático Gaio, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da empresa galega Imaxín Software, para reforzar a presenza do galego nas administracións autonómica e local e facilitarlles aos profesionais públicos a tradución directa e inversa do galego ao castelán na documentación técnica e administrativa, páxinas web e correos electrónicos, ademais de consolidar a aplicación da toponimia oficial de Galicia.

Na presentación da ferramenta participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a directora da Amtega, Mar Pereira Álvarez; o director xeral de Administración Local, Norberto Uzal Tresandí, e a responsable da Área Multimedia de Imaxín Software, Luz Castro Pena.

Terminoloxía específica

O Gaio facilítalle ao persoal da Administración a tradución de grandes volumes de documentación técnica e administrativa, así como a tradución inmediata de páxinas web, actas, informes e outra documentación, correos e documentos completos. Unha das principais novidades da nova ferramenta é que contempla terminoloxía específica administrativa e nomenclatura propia das entidades, como nomes de consellerías, Concellos, altos cargos, órganos de goberno ou integrantes das corporacións locais, e que permite, por primeira vez desde a Administración local, desde Xustiza ou desde o Sergas a tradución de documentos completos nos formatos txt, html, doc, docx, pptx, xlsx, odt, ods, odp e pdf. Deste xeito, o Gaio posibilita a tradución directa e inversa do galego ao castelán e mais ao portugués.

Todas estas novidades e funcionalidades do sistema foron abordadas nunha sesión técnica formativa que se desenvolveu no CINC logo da presentación do Gaio, na que participaron técnicos da Xunta de Galicia e do ámbito municipal vencellados aos proxectos de Eido Local e da Rede de Dinamización Lingüística. O novo tradutor automático xa está en funcionamento para os profesionais municipais e autonómicos a través do portal Eido Local e da intranet da Xunta.

Galego, lingua da Administración

García Gómez recordou que “O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) avoga por perfeccionar e potenciar a tradución automática como forma de asegurar a libre  circulación do galego nos sistemas avanzados da vida moderna e por poñer cantos medios técnicos, lingüísticos e terminolóxicos cumpran para asegurar o seu uso nas actividades profesionais”. En palabras do secretario xeral “coa implementación do Gaio, a Xunta de Galicia, dálle resposta a estas directrices que marca o PXNLG de actualizar os recursos técnicos para facilitar o traballo en galego dos funcionarios, o que permitirá consolidar o galego como idioma xeral de referencia na Administración autonómica, xeneralizar o seu uso como lingua principal de traballo e de comunicación cos administrados na Administración local e asegurarlle a oferta positiva do galego á cidadanía no marco dos procesos que leva adiante a Administración de xustiza, así como no ámbito da sanidade”.  

Axenda Dixital 2014.gal

Pola súa banda a directora da Amtega sinalou que “a tecnoloxía é un aliado indispensable na difusión da lingua e da cultura e que neste sentido o tradutor automático Gaio contribuirá á normalización da idioma e facilitará o traballo diario dos profesionais do sector público galego. Por iso –engadiu- o Gaio estará á disposición dos  traballadores autonómicos, por medio da intranet da Xunta, e á dos empregados públicos dos Concellos da Comunidade, grazas ao portal Eido Local, a porta de entrada dos municipios aos servizos da Administración electrónica. Unha iniciativa promovida pola Xunta a través da Amtega e a Dirección Xeral de AdministraciónLocal coa colaboración da Fegamp, dentro do Plan eConcellos, que conta con máis de 3.600 usuarios e que recibe unha media de 34.000 visitas ao mes”.

A responsable da política tecnolóxica da Xunta recordou que esta iniciativa se enmarca nas liñas de actuación da Axenda Dixital 2014.gal para a construción dunha comunidade con identidade de seu na era dixital e que se materializan no apoio do Goberno galego a iniciativas como punto.gal, para conseguir un dominio galego en Internet, que culminaba con éxito o pasado mes de xuño; ou á campaña por un twitter en galego, que alcanzou  máis de 30.000 seguidores.

Eido Local, o portal dos Concellos de Galicia

O director xeral de Administración Local puxo en valor a colaboración entre distintos departamentos da Xunta de Galicia que está a permitir a incorporación de novos servizos que se prestan aos Concellos galegos a través do Portal Eido Local. Neste sentido, deulles os parabéns á Secretaría Xeral de Política Linguística e a Amtega polos esforzos realizados para levar a cabo este proxecto para poñer a disposición dos empregados públicos galegos unha potente ferramenta tecnolóxica a prol da normalización da lingua propia de Galicia.

Norberto Uzal lembrou que a posta a disposición do novo tradutor automático supón un paso máis no camiño de incrementar o catálogo de servizos que se ofertan aos Concellos de Galicia desde o Portal que xestiona a Dirección Xeral de Administración Local en colaboración coa Amtega.

Normalización do idioma e recursos compartidos

Coa posta en marcha desta ferramenta a Administración autonómica continúa avanzando en tres liñas: na contribución do uso correcto do galego no traballo diario dos empregados públicos, na normalización do idioma en diferentes eidos profesionais e na implementación de recursos compartidos entre administracións grazas á tecnoloxía.

O novo tradutor sumarase ao catálogo de recursos lingüísticos que a Administración autonómica contribuíu a pór á disposición dos empregados públicos e da cidadanía nos últimos anos. Tal é o caso do corrector Galgo 2.0, do  bUSCatermos, do dicionario Digalego e da Enciclopedia Galega Universal, do Dicionario de pronuncia da lingua galega en liña ou do Dicionario da Real Academia Galega en liña.

‘A burla do galo’ e ‘Mar revolto’ protagonizan esta semana o ciclo ‘Vidal Bolaño recuperado’ que a Consellería de Cultura e Educación organiza no Salón Teatro

Xosé Manuel Fernández Castro presentará mañá a primeira destas sesións, que xirará arredor da obra na que o autor compostelán abordou o mito de Don Xoán desde a perspectiva galega

A segunda montaxe, coprodución galego-portuguesa realizada en 2001, será analizada o xoves por Inma López Silva a partir do material audiovisual conservado

Ambos os dous textos foron escritos especificamente para a súa posta en escena polo Centro Dramático Galego

Gallego
‘A burla do galo’ e ‘Mar revolto’ protagonizan esta semana o ciclo ‘Vidal Bolaño
‘A burla do galo’ e ‘Mar revolto’ protagonizan esta semana o ciclo ‘Vidal Bolaño recuperado’ que a Consellería de Cultura e Educación organiza no Salón Teatro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa esta semana no Salón Teatro de Santiago dous novos encontros audiovisuais do programa ‘Vidal Bolaño recuperado’, que na sesión de mañá mércores 20 abordará a montaxe de ‘A burla do galo’ e na do xoves 21, a de ‘Mar revolto’, ambas as dúas realizadas a partir dos textos que o dramaturgo compostelán escribiu ex profeso para o Centro Dramático Galego (CDG).

Todas as citas deste ciclo, inserido na programación especial que a compañía pública dedica este ano ao escritor homenaxeado no Día das Letras 2013, dan comezo ás 19.00 horas e son de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

A primeira das sesións ofreceranos mañá a revisión bolañana da figura do Don Xoán a partir do material audiovisual sobre o espectáculo que o Centro Dramático Galego estreou no ano 2000 baixo a dirección de Xan Cejudo. Para esta peza, Roberto Vidal Bolaño recuperou o personaxe do relato ‘O galo de Portugal’,que se atopa na obra de Álvaro Cunqueiro ‘Merlín e familia’, como inspiración á hora de se achegar ao mito literario do burlador desde unha perspectiva eminentemente galega.

Coloquio co púbico

O profesor Xosé Manuel Fernández Castro, autor do estudo ‘A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño’, encargarase de presentar o encontro e de conducir o coloquio co público arredor da posta en escena de ‘A burla do galo’. Nela, o actor portugués José Martins encabezaba un elenco do que tamén formaban parte recoñecidas figuras da escena galega: Marcos Orsi, Maxo Barjas, Mónica Camaño, Susana Dans, Xúlio Lago, Gonzalo M. Uriarte, Vicente de Souza, Eva Fernández, Camila Bossa e Xulio Abonjo.

José Martins foi, ademais, o director de ‘Mar revolto’, espectáculo que centrará a exposición e o debate que terán lugar na tarde do xoves. A escritora, crítica teatral e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Inma López Silva afondará nas principais claves desta montaxe, realizada polo Centro Dramático Galego en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga, Teatro do Noroeste de Viana do Castelo, o Festival de Teatro do Eixo Atlántico (Festeixo) e o Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI).

Para escribir ‘Mar revolto’, Vidal Bolaño baseouse nun feito histórico compartido por Galicia e Portugal: o secuestro do buque portugués de pasaxeiros ‘Santa María’ no ano 1961 por un comando integrado por portugueses e españois, a meirande parte deles galegos. O dramaturgo fai un tratamento realista destes feitos, pero sempre desde a perspectiva dun grupo de pasaxeiros galegos e lusos que viaxa na terceira clase do buque.

Tamén galego-portugués foi o elenco que deu vida a estes personaxes, interpretados por Rui Jacques, Antonio Simón, Mónica Camaño, José Paredes, Rui Barbosa, Teresa Mónica e Rui Spranger. O espectáculo foi estreado en marzo de 2001 no Teatro Campo Alegre do Porto para se escenificar despois noutros seis escenarios de ambos os países.

As citas audiovisuais desta programación, da que xa se ofreceu unha primeira entrega o pasado mes de febreiro, continuarán a próxima semana con dúas obras escritas e dirixidas por Roberto Vidal Bolaño para as súas compañías Teatro do Aquí (‘Rastros’, mércores 27) e Teatro Antroido (‘Caprice de dieux’, xoves 28).

Tema: 

Cultura e Educación impulsa o lanzamento de novos proxectos culturais en Galicia cos premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’

A convocatoria da Cidade da Cultura busca impulsar ideas innovadoras en tres categorías: proxectos culturais en internet, deseño cultural e xestión cultural

Os proxectos gañadores contarán coa incorporación de balde durante doce meses ao espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás’, asistencia ao maior meeting show de artes escénicas celebrado en España: o ‘Zinc Shower”

Os interesados dispoñen aínda ata o próximo sábado 23 de novembro para presentar os proxectos

Gallego
Cultura e Educación impulsa o lanzamento de novos proxectos culturais en Galicia
Cultura e Educación impulsa o lanzamento de novos proxectos culturais en Galicia cos premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa o emprendedurismo cultural cos premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, convocatoria coa que se busca poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais e que se artella en tres modalidades: aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet, proxectos na área do deseño e na área da xestión cultural.

O premio en cada unha das modalidades será a incorporación gratuíta e durante doce meses ao espazo de coworking ‘Emprende Cultura Gaiás’ da Cidade da Cultura, a asistencia con todos os gastos pagados ao Zinc Shower, o maior meeting show de industrias culturais e creativas realizado en España; e apoio, asesoramento e formación por parte de Agadic durante os primeiros pasos da empresa.

Os interesados poderán presentar os seus proxectos antes deste sábado, 23 de novembro, na Fundación Cidade da Cultura de Galicia tal e como se establecen nas bases. O nome dos gañadores daranse a coñecer o 20 de decembro.

Solicitudes e documentación

Poderán participar nesta convocatoria os titulados de ciclos medios e superiores de Formación Profesional e das ensinanzas profesionais de artes plásticas, deseño e de ensinanzas deportivas.

Xunto coa solicitude de participación, os interesados deberán presentar os seus traballos e documentación acreditativa da súa formación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Tanto as bases do concurso como a solicitude de inscrición están dispoñibles en www.cidadedacultura.org, www.agadic.info e www.edu.xunta.es.

Criterios de avaliación

Á hora de avaliar os proxectos terase en conta –e por orde de importancia- o carácter innovador e a creatividade da idea presentada, as posibilidades de se converter nun proxecto viable, a adecuación do proxecto á modalidade presentada, a integración de perfís profesionais dos participantes e a súa capacidade dinamizadora e o impacto na súa área de influencia.

Homenaxe a Sixto Seco

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco homenaxean a figura dun promotor cultural de primeira orde como foi o médico e intelectual galego Agustín Sixto Seco. Ademais do seu papel clave na medicina galega, Agustín Sixto Seco participou desde a década dos 70 en proxectos editoriais como Galaxia, en padroados como o de Rosalía de Castro e da Fundación Otero Pedrayo, así como en institucións como Penzol, Castelao, Camilo José Cela e o Museo do Pobo Galego.

Tras a súa morte, e biblioteca e arquivo persoal deste intelectual –integrada por máis de 4.000 volúmenes que abarca desde importante exemplares dos primeiros tempos da edición galega de posguerra, especialmente de Galaxia, fondos americanos procedentes da emigración, abundantes obras sobre Galicia, así como de medicina ou temas históricos, relixiosos, políticos e literarios- forman parte da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura

Tema: 

A Consellería de Cultura e Educación investirá 87.000 euros nos traballos de recuperación para reabrir a ourensana Capela dos Remedios

O conselleiro, o bispo, o alcalde e o presidente da Deputación asinaron hoxe o convenio de colaboración para acometer a primeira fase de rehabilitación da ermida santuario

Gallego
 O conselleiro, o bispo, o alcalde e o presidente da Deputación asinaron hoxe o
O conselleiro, o bispo, o alcalde e o presidente da Deputación asinaron hoxe o convenio de colaboración para acometer a primeira fase de rehabilitación da ermida santuario

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; o Bispado de Ourense –representado no vicario xeral da Diocese, José Joaquín Borrajo Iglesias- ; o alcalde de Ourense, Agustín Fernández; e o presidente da Deputación, Xosé Manuel Baltar; asinaron hoxe o convenio de colaboración para a execución da primeira fase da rehabilitación da ermida santuario dos Remedios, da cidade das Burgas, unha actuación na que a Consellería investirá 87.000 euros. Ademais, as obras contarán co asesoramento técnico da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, sempre garantindo o máximo respecto á conservación do noso patrimonio cultural.

O obxectivo é que o templo - construído no século XVI- poida abrir ao público, de tal forma que podan desfrutalo tanto a cidadanía ourensá como os visitantes que cheguen á cidade, e que atopen este Ben de Interese Cultural na mesma entrada da urbe.

Cómpre lembrar que con este obxectivo a Consellería de Cultura e Educación encargou a redacción do correspondente proxecto de restauración, tras o incendio fortuíto que danou gravemente a ermida, correndo cos gastos do primeiro proxecto e cos da súa posterior adaptación, un documento que xa foi consensuado co resto das institucións colaboradoras e entregado, unha vez autorizado.

O importe total dos traballos ascenderá a 387.000 euros. O obxecto desta primeira fase

será a rehabilitación do templo aplicando un criterio de mínima intervención atendendo aos aspectos máis necesarios para a recuperación do uso. Entre os traballos previstos están a construción dunha nova cuberta sobre estrutura de madeira, a limpeza, acondicionamento e restauración das fábricas de pedra e a dotación dunha instalación de alumeado básica para permitir o seu funcionamento normal.

Ao acto de sinatura asistiron ademais o delegado da Xunta na provincia, Rogelio Martínez, e mais a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua.

Compromiso co patrimonio da cidade de Ourense

A maiores desta achega para a Capela dos Remedios, cómpre lembrar que a Consellería de Cultura e Educación ten contratados xa os traballos para a redacción dun proxecto de restauración específico – que está xa moi avanzado-  da portada ornamental do cruceiro norte da Catedral de San Martiño que sufre os procesos de erosión e desgaste producidos polo paso tempo e outro factores ambientais.

Desta forma, o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad terá investido desde 2011 máis de 747.000 euros na rehabilitación e posta en valor da catedral da cidade das Burgas.

Non en balde, xa se están a executar actuacións sobre o Pórtico do Paraíso e está previsto iniciar este mesmo ano os traballos sobre a Capela de San Xoán.  No caso do Pórtico, os traballos atenden á restauración da policromía os seus elementos, así como á restauración de varios elementos escultóricos da contrafachada, en concreto da escultura sedente do rei Salomón e do grupo de anxos e capiteis. Ademais, está previsto que antes de que acabe o ano comecen os traballos de recuperación da Capela de San Xoán. O obxectivo é que este espazo se volva a abrir ao público, polo que se vai actuar sobre as vidreiras, o retablo, os paramentos exteriores e interiores. Así mesmo, corrixiranse os problemas de humidade e farase un saneamento do patín norte.

Tema: 

O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras

Xesús Vázquez visitou hoxe o complexo dos Peares polo que pasarán ata decembro arredor de 500 alumnas e alumnos de 27 centros educativos de toda Galicia

Gallego
 O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de
O conselleiro de Cultura e Educación comproba o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou esta mañá o desenvolvemento do programa de estadías durante o outono para a mellora da competencia en linguas estranxeiras que se está a desenvolver no Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares; unha nova liña de actuación enmarcada no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras a través da cal o departamento educativo da Xunta de Galicia desestacionaliza o modelo no que atinxe a estas actividades de formación. A ampliación a todo o curso destas estadía constitúe ademais un importante esforzo da Consellería, máis no actual contexto económico.

Arredor de 500 alumnas e alumnos de 6º de primaria e os 4 cursos de ESO de 27 centros educativos públicos – a selección beneficiou especialmente aos do rural- participarán este outono nesta experiencia. En concreto, neste momento están a gozar da estadía 96 estudantes de 2º de ESO do IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo), IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES Plurilingüe Adormideras (A Coruña), e do IES Urbano Lugrís (Malpica de Bergantiños). Cómpre salientar o total éxito desta iniciativa xa que solicitaron participar na convocatoria 150 centros educativos.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as competencias en lingua inglesa das rapazas e rapaces, a través dunha experiencia de comunicación neste idioma nun entorno no que se combina a aprendizaxe da lingua inglesa e se mesturan actividades de formación e actividades culturais. Así, ao longo da semana os estudantes, ademais de recibir clases de inglés, participarán en actividades como talleres de música e de arte realizadas de forma íntegra nesa lingua, combinación que contribúe a estimular a aprendizaxe e a facer a estadía moito máis atractiva para os rapaces.  

Ademais do conselleiro, visitaron o centro o delegado xeral de Gas Natural Fenosa, Luís Díaz López; a product manager da liña Junior de Vaughan, Esther Muñoz; e o subdirector xeral de ordenación e innovación educativa e formación do profesorado, Manuel Vila.

Colectivo: 

Sección: