A Consellería de Cultura e Educación e a Federación de Librarías planifican as Feiras do Libro de Galicia de 2014

A nova edición destes eventos culturais centraron a reunión que mantivo hoxe o secretario xeral de Cultura coa directiva da entidade

O calendario do libro e da lectura 2014 e a nova convocatoria do Premio Irmandade do Libro son outras das iniciativas nas que colaboran a Xunta e a federación

Gallego
 a directiva da entidade reuniuse hoxe co secretario xeral de Cultura, Anxo Lore
A directiva da entidade reuniuse hoxe co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación de Librarías de Galicia están a traballar na planificación das Feiras do Libro de Galicia 2014. Con este obxectivo, a directiva da entidade reuniuse hoxe co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, nun encontro no que se realizou un balance positivo das 11 feiras deste ano, catro máis que na pasada edición.

Nas próximas semanas o ‘Diario Oficial de Galicia’ publicará a orde que regula as Feiras do Libro de Galicia 2014, onde se establecerá o novo calendario destes eventos culturais, que manterán a aposta deste ano pola programación de actividades culturais, para a dinamización efectiva destes eventos.

O calendario do libro e da lectura 2014, que promove a Secretaría Xeral de Cultura e que será difundido a través da librerías da federación, así como a organización nova edición do Premio Irmandade do Libro foron outros dos temas que centraron o encontro, no que participaron a presidenta da federación, Pilar Rodríguez; o seu vicepresidente, Xosé Antón Pedreira; o tesoureiro, Francisco Negro; o secretario, José Manuel García; e o coordinador das feiras, Antonio Fernández Maira.

Tema: 

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013

Gallego

Xúntase a Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas na modalidade B das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

A Consellería de Cultura e Educación desenvolve ata o 13 de decembro no Centro Galego de Artes da Imaxe un ciclo de cinema portugués actual

‘Cine do desasosego. Portugal hoxe’ organízase en colaboración co Festival de Cine Europeo de Sevilla, a Agencia da Curta Metragem lusa e CulturArts-Filmoteca de Valencia

Comprende longametraxes e sesións dedicadas a curtas de directores como Manoel de Oliveira, Pedro Costa, Miguel Gomes, João Pedro Rodrigues ou Gonçalo Tocha, entre outros

Gallego
Fotograma de Centro Histórico (Portugal, 2012) Dirección e guión: Aki Kaurismäki
Fotograma de Centro Histórico (Portugal, 2012) Dirección e guión: Aki Kaurismäki, Pedro Costa, Víctor Erice e Manoel de Oliveira

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve a partir de hoxe e ata o vindeiro 13 de decembro no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), na Coruña, un ciclo de cinema portugués no que se inclúen as proxeccións de 15 filmes realizados recentemente no país veciño e outras catro sesións dedicadas a exhibir curtametraxes lusas.

Baixo o título ‘Cine do desasosego. Portugal hoxe’, a produción audiovisual portuguesa é un dos eixos da actual programación bimensual do CGAI, na que tamén se inclúen apartados dedicados aos cinemas polaco e galego. Organizado en colaboración co Festival de Cine Europeode Sevilla, a Agencia da Curta Metrageme CulturArts-Filmoteca de Valencia, o ciclo portugués, iníciase coa dobre proxección (ás 18.00 e ás 20.30 h) na sala da rúa Durán Loriga da longametraxe ‘Centro histórico’, asinada polos directores Aki Kaurismäki, Pedro Costa, Víctor Erice e Manoel de Oliveira.

O resto de filmes que poderán verse nos vindeiros están asinados por cineastas aos que o CGAI lles vén prestando unha atención preferente nos últimos anos, como Manoel de Oliveira, Pedro Costa, Miguel Gomes, João Pedro Rodrigues ou Gonçalo Tocha, ao tempo que ofrece unha excelente oportunidade de se achegar á obra doutros creadores como Joaquim Pinto, João Vladimiro, Salome Lamas, Rita Azevedo Gomes, Margarida Gil, Tiago Pereira, Miguel Fonseca, João Rui Guerra da Mata, Sandro Aguilar ou João Nicolau ou Joao Pedro Rodriges. Destes tres últimos exhibiranse catro sesións de curtametraxes (os días 22, 26, 27 de novembro e 13 de decembro), por ser este formato unha das especialidades do máis recente cinema portugués.

Próximas proxeccións

Nas vindeiras datas pasarán tamén pola mesma pantalla ‘As ondas’, de Miguel Fonseca; (22 de novembro ás 18.00 h); ‘Terra de ninguém’, de Salomé Lamas (26 ás 20.30 h); ‘A zona’, de Sando Aguilar (día 27 ás 20:30 horas); ‘O fantasma do Novais’, de Margarida Gil, (día 28 ás 18.00 h); ‘Vamos a tocar todos juntos...’, de Tiago Pereira, e ‘Torres e cometas’, de Gonçalo Tocha, (día 28 ás 20.30 h); ‘A vingança de uma mulher’, de Rita Azevedo, (día 29 ás 18.00 e 20.30 h); ‘E agora? Lembra-me’, de Joaquim Pinto, (4 de decembro ás 20:00 h); ‘Redemption’, de Miguel Gomes, e ‘O Cebo e a sombra’, de Manuel de Oliveira, (10 de de decembro ás 18.00 e 20.30 h) e ‘O que arde cura’, de João Rui Guerra da Mata, e ‘A última vez que vi Macau’, de João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Mata, (o 12 de decembro a partir das 18:00 horas).

Tema: 

A Consellería de Cultura e Educación recibe mañá os participantes en MICAtlantica cun concerto da Real Filharmonía de Galicia co arxentino José Luis Castiñeira de Dios á batuta

Este recital de benvida terá lugar no Auditorio de Galicia en Santiago mañá venres, ás 20.30 h, como inicio dunha intensa semana de actividade profesional e lúdica arredor do primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas

O recoñecido director bonaerense preparou un programa en homenaxe á música no cine arxentino, para o que conta tamén coa participación do grupo de tango evolución Cristian Zárate Sexteto

A Xunta de Galicia e a Secretaría de Cultura da Presidencia da Nación Arxentina organiza este importante evento internacional y multisectorial, para o que están acreditados 400 axentes culturais españois, portugueses e arxentinos

Gallego
 A Consellería de Cultura e Educación recibe mañá os participantes en MICAtlanti
A Consellería de Cultura e Educación recibe mañá os participantes en MICAtlantica cun concerto da Real Filharmonía de Galicia co arxentino José Luis Castiñeira de Dios á batuta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibe mañá os participantes en MICAtlántica, primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas, cun concerto especial da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección do recoñecido mestre arxentino José Luis Castiñeira de Dios. Este recital de benvida, que dará comezo ás 20.30 horas, contará tamén coa participación do grupo de tango evolución Cristian Zárate Sexteto.

Director, compositor e actualmente director nacional de Artes da Secretaría de Cultura da Presidencia da Nación Arxentina, o bonaerense José Luis Castiñeira de Dios posúe unha destacada traxectoria como autor de música para cine, con máis de 40 bandas sonoras e numerosos galardóns internacionais. De feito, para este concerto en Galicia preparou un programa que, baixo o título ‘A música das imaxes’, ofrecerá unha homenaxe á música no cinema arxentino.

Entrada gratuíta

Este concerto inaugura, ademais, a semana de concertos e espectáculos escénicos  de MICAtlántica Show en Santiago de Compostela, que se abre á asistencia do público xeral ata completar a capacidade das salas. A entrada para todos estes eventos é gratuíta, previa retirada dos convites no despacho de billetes do Teatro Principal en horario de 18.00 a 21.00 horas ou en cada un dos espazos desde unha hora antes do inicio das actuacións. No caso do recital da Real Filharmonía, a billeteira do Auditorio de Galicia estará aberta mañá a partir das 18.00 horas.

Comeza así unha intensa semana de actividade profesional e lúdica arredor de MICAlántica, que a Consellería de Cultura e Educación e a Secretaría de Cultura da Presidencia da Nación Arxentina organizan conxuntamente co obxectivo de establecer en Galicia unha ponte para o intercambio entre as industrias culturais de ambas beiras do Atlántico. Neste sentido, máis de 400 axentes culturais de Arxentina, Portugal, Galicia e o resto de España están acreditados para participar neste evento internacional en representación de empresas, institucións, produtores, artistas e pemes de seis sectores: artes escénicas, audiovisual, música, deseño e artesanía, editorial e videoxogos.

A actividade profesional terá o seu epicentro na Cidade da Cultura de Galicia do sábado 23 ao martes 26 de novembro a través da sección Lab, con máis de 1.000 reunións de negocio que suman as axendas personalizadas de ‘networking’ dos participantes, e dos apartados Expo e Fórum, con 24 coloquios e mesas redondas, así como 14 presentacións de proxectos e 11 charlas de recoñecidos profesionais da cultura tamén abertas ao público xeral.

Pensando igualmente en compartir este evento coa cidadanía, o programa esténdese a distintos escenarios de Santiago ata o venres 29 de novembro con MICAtlántica Show e MICAtlántica Cine, no marco dos que se ofrecen 11 concertos e montaxes escénicas de artistas de Galicia e Arxentina e cinco proxeccións de películas arxentinas.

Tema: 

Cultura e Educación presenta aos docentes ‘Combas’, a exitosa iniciativa en prol da mellora da calidade educativa que implica este curso a 114 centros educativos

No encontro exponse aos centros participantes no proxecto as competencias educativas clave a estimular no alumnado, así como experiencias xa desenvolvidas neste eido

A iniciativa da Consellería enmárcase na política de fomento da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros

Trátase de un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros a través do plan anual de formación de docentes

Gallego
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Man
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, na presentación do proxecto

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe a preto de 200 docentes o Proxecto Combas, un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros educativos a través do Plan Anual de Formación do Profesorado. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, inaugurou na Escola Galega de Administración Pública a xornada, na que se exporán aos 114 centros participantes no proxecto as competencias educativas clave a estimular no alumnado, así como experiencias xa desenvolvidas neste eido.

‘Combas’ é a nova iniciativa do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar os programas de mellora da calidade educativa potenciando a autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros. Trátase dun paso máis do departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad na procura de mellores resultados educativos, en estreita colaboración cos centros e coas familias. O obxectivo do proxecto é apoiar a integración das competencias básicas (CCBB) no currículo na programación que se imparte básicas en cada centro de ensino, a través de concrecións curriculares para cada centro educativo participante, incidindo de forma especial na adecuación metodolóxica e na avaliación.

Unha tendencia supranacional

Durante a súa intervención o director xeral Corredoira explicou que as Competencias Básicas, “que mobilizan destrezas, actitudes e coñecementos co obxecto de lograr dar unha resposta adecuada a un problema contextualizado, son unha tendencia educativa supranacional que se inscribe no aprendizaxe ao longo da vida”. Neste sentido salientou a importancia deste proxecto para o deseño da concreción curricular en prol da mellora do rendemento do alumnado, así como para determinar “cales son as competencias profesionais necesarias para face fronte ás demandas da sociedade do século XXI”.

Corredoira enmarcou o Combas na aposta que pola formación nos propios centros fixo a Consellería o curso pasado coa implantación dos Plans de Formación en centros. “Preténdese pois ampliar a cultura competencial dos axentes educativos, apoiar a tarefa profesional dos docentes sobre as posibilidades do novo deseño curricular e, de forma especial, desenvolver unha proposta que permita avaliar a adquisición e desenvolvemento das competencias mediante o uso de procedementos e criterios obxectivos e transparentes”.

O director xeral felicitou aos centros participantes no programa polo traballo desenvolvido, e fixo referencia ás experiencias do CEIP Nº 1 (Tui), o IES Fontem Albei (Fonsagrada) e ao IES As Telleiras (Narón), as dúas primeiras recollidas a nivel nacional na ‘Guía para la formación en centros sobre las competencias básicas’, mentres que a terceira será presentada o próximo día 29 na sede do Consejo Escolar del Estado.

Recoñecemento ao labor do profesorado

O Proxecto Combas é unha iniciativa máis dentro da aposta da Consellería de Cultura e Educación pola formación do profesorado galego como piar fundamental no avance cara á excelencia no ensino. Por iso, os docentes participantes recibirán unha certificación de 30 horas de formación por cada curso escolar no que formen parte do equipo que leva a cabo o programa no centro. De xeito complementario, as persoas coordinadoras recibirán unha certificación de Innovación Educativa con equivalencia en 20 horas de formación.

Asemade, os centros participantes terán prioridade para o desenvolvemento de actividades de formación en centros nas próximas convocatorias. Cómpre lembrar que a Consellería puxo en marcha no curso 2012/2013 o proxecto piloto dos plans de formación en centros, unha iniciativa moi demandada polos docentes. No seu primeiro ano de funcionamento participaron xa 68 centros.

Cultura e Educación dá co Proxecto Combas un novo impulso aos programas para a mellora da calidade educativa en cada centro a partires da súas necesidades particulares

A iniciativa da Consellería enmárcase na política de fomento da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros

Tema: 

Colectivo: 

O conselleiro de Cultura e Educación salienta o espírito en prol da integración entre todos os pobos do mundo da obra de César Taboada na inauguración da mostra ‘A música de Epicuro’

A Casa da Parra acolle a nova exposición do pintor, froito da súa experiencia viaxeira e impregnada da ironía e humor que caracteriza a súa obra

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou esta tarde na inauguración de ‘A música de Epicuro’, a nova mostra do pintor César Taboada ‘CZAR’ que se expón na Casa da Parra

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou esta tarde na inauguración de ‘A música de Epicuro’, a nova mostra do pintor César Taboada ‘CZAR’ que se expón na Casa da Parra. No transcurso do acto Vázquez Abad salientou hoxe a obra do autor como un convite a trasladar aos pobos e ás nacións, como entes colectivos vivos, o espírito de unidade. “Temos aquí, ante os nosos ollos, a obra de César Taboada, e a súa invitación a tomarmos a experiencia vital como algo gratificante, onde cabe o humor, pero, sobre todo, na que callan as percepcións sensoriais e o espírito tribal como elementos poderosos para acadarmos unha cultura global de integración, de recoñecemento e de convivencia entre todos os pobos do mundo”. Un labor colectivo compartido pola Xunta de Galicia, de tal forma que a nosa comunidade "se ofrece como catalizadora para a comprensión das diferenzas entre as sociedades que habitamos o planeta, en prol desa creatividade que xorde con potencia cando deixamos atrás os pequenos intereses que nos separan”.

“Antes ca un como -engadiu Xesús Vázquez-, César Taboada proponnos un que; un que referido ao que somos colectivamente, ao que nos permite acadarmos calidades humanas superiores a través dun colectivo que cada vez progresa con meirande decisión, unha vez que percibimos as enerxías dos máis como parte integrante dunha estrutura na que cada achega multiplica a utilidade do conxunto”.

Ademais do conselleiro participaron na inauguración o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o comisario da mostra, Antón Castro; e mais Pilar Corredoira, técnica de exposicións da Consellería.

Mestizaxe e humor

‘A música de Epicuro’ é unha mostra de pintura amosada como unha fábula de acontecementos, unha mestizaxe de xeografías, culturas e persoas que logran romper, desde unha posición irónica e crítica, os prexuízos que unen ou separan as diferentes civilizacións fronte á mirada eurocéntrica. César Taboada espalla así na súa pintura a súa biografía viaxeira e o seu amor a Oriente mesturándoas con imaxes da vida cotiá, sempre desde o humor e cunha mirada irónica. As formas dislocadas, a intensa policromía e a constante inspiración musical volven aparecer nesta exposición, lembrando o gusto do pintor pola arquitectura, a súa relación coa música e a experiencia dos países visitados, que se reflicten tanto nas imaxes, como na luz e nos materiais utilizados. Seda turca que, xunto á lona, constitúen as bases sobre as que ‘CZAR’ busca, como Epicuro, a felicidade, co acrílico, o óleo, e a serigrafía como medios.

Director da Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Antón Faílde de Ourense, César Taboada desenvolve un amplo labor de difusión dos estudos e novos métodos de traballo de arte e deseño empregados en Galicia en múltiples países, desde Xapón a Brasil, e en universidades como a de Jadavpur, de Mármara (Istambul), ou academias como as de Belas Artes de Turín e de Roma.

A súa actividade expositiva comezou en 1973, no Museo Arqueolóxico de Ourense. Desde entón a súa obra ten pasado por museos e galería de toda Galicia, e mesmo foi exposta en institucións artísticas e académicas da India ou Turquía.

Tema: 

Xesús Vázquez Abad presenta a programación de MICAtlántica que comeza este sábado en Santiago coa participación de 400 axentes culturais de España, Arxentina e Portugal

A Cidade da Cultura acollerá ata o martes un programa profesional no marco do que están previstas máis de 1.000 reunións de negocio dentro da sección LAB, ademais de 47 mesas redondas, obradoiros e presentacións de proxectos no Fórum e na Expo

A Consellería de Cultura e Educación e a Secretaría de Cultura da Presidencia da Nación Arxentina organizan este primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas a través do que se impulsará a internacionalización dos produtos culturais galegos

Este importante encontro multisectorial ábrese ao público ata o venres 29 en diferentes espazos da cidade a través dunha carteleira de 16 espectáculos teatrais, concertos e proxeccións de cinema, así como dunha pasarela de moda

Gallego
Xesús Vázquez Abad presenta a programación de Micatlántica que comeza este sábad
Xesús Vázquez Abad presenta a programación de Micatlántica que comeza este sábado en Santiago coa participación de 400 axentes culturais de España, Arxentina e Portugal

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe a extensa programación do primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas (MICAtlántica), que dá comezo este sábado en Santiago de Compostela coa participación de 400 axentes culturais chegados desde diferentes puntos de España, Arxentina e Portugal.

A Consellería de Cultura e Educación e a Secretaría de Cultura da Presidencia da Nación Arxentina organizan conxuntamente este importante evento internacional e multisectorial que, como explicou Vázquez Abad, terá o epicentro da súa intensa actividade profesional na Cidade da Cultura de Galicia ata o martes 26 de novembro con 47 mesas redondas, obradoiros e presentacións de proxectos nas seccións Fórum e Expo e cunha axenda de máis de 1.000 reunións de negocio dentro do apartado Lab.

O conselleiro incidiu, ademais, na carteleira que MICAtlántica compartirá co público galego e que se estenderá ata o venres 29 por distintos espazos de Compostela para ofrecer un total de 16 espectáculos teatrais, concertos, proxeccións de cinema, así como unha pasarela de moda.

Equipo multidisciplinar

Xesús Vázquez Abad estivo acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, na presentación aos medios desta iniciativa, que está a coordinar un equipo multidisciplinar de Galicia e Arxentina e que, para a súa produción e realización sobre o terreo, conta coa implicación directa dunha vintena de empresas galegas con máis de 70 persoas involucradas.

En palabras do conselleiro, Galicia será pois o escenario no que empresas, institucións, produtores, artistas e pemes dos seis eixos sectoriais de MICAtlántica –artes escénicas, audiovisual, música, deseño e artesanía, editorial e videoxogos– “se reunirán para expoñer os seus traballos, intercambiar opinións, procurar tecer alianzas e emprender novos proxectos creativos”.

“Deste xeito –continuou– o Mercado das Industrias Culturais Atlánticas permitirá crear un intercambio cultural de enorme valor, onde dunha banda, Galicia será a porta de entrada en Europa do fluxo cultural procedente de Iberoamérica; e doutra, as nosas industrias culturais terán unha oportunidade única para a súa internacionalización e expansión nun continente cun enorme potencial”.

O titular de Cultura e Educación enmarcou a aposta do seu departamento por este proxecto compartido no carácter estratéxico que as industrias culturais teñen para Galicia, “tanto pola importancia que representan en facturación, como pola potencialidade que poden ter no noso desenvolvemento futuro, tanto a nivel empresarial como social”.

Axenda personalizada de reunións no Lab

Neste sentido, é prioritario o labor de ‘networking’ que se desenvolverá durante os catro días de mercado no Museo Centro Gaiás a través de MICAtlántica Lab. Vázquez Abad detallou que neste espazo terá lugar unha axenda personalizada de reunións de negocio xestionada pola organización á medida de cada un dos profesionais acreditados, dos que máis de 270 son galegos. Está previsto que o Lab acolla máis de mil encontros bilaterais.

O Museo Centro Gaiás albergará tamén 12 presentacións de proxectos, así como 11 obradoiros sectoriais inseridos no programa de MICAtlántica Expo, destinado a compartir tanto cos axentes culturais participantes como co público xeral diferentes produtos, servizos e proxectos culturais de Galicia e Arxentina.

Debate e reflexión

Así mesmo, o Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura será o escenario do total de 24 mesas redondas que conforman o chamado MICAtlántica Fórum. Coa participación de destacados profesionais da cultura de ambas beiras do Atlántico, neste espazo para o debate e a reflexión abordaranse diferentes aspectos relacionados coa actualidade e as perspectivas de futuro das industrias culturais: modelos de negocio, potencialidades e debilidades, políticas públicas e cultura dixital, entre outros.

A estas tres áreas de actividade –Lab, Expo e Fórum– súmanse MICAtlántica Show e MICAtlántica Cine para completar unha ampla e intensa oferta que, segundo o conselleiro de Cultura e Educación, busca a integración transversal de todos os participantes, así como a implicación da cidadanía.

Así, detívose a explicar os contidos das carteleiras de espectáculos e de cine que protagonizan artistas galegos e arxentinos e que é de acceso gratuíto, previa retirada dos convites no Teatro Principal ou na billeteira de cada espazo desde unha hora antes do inicio da función.

Música en MICAtlántica Show

Esta programación dá comezo o venres 22, ás 20.30 horas, no Auditorio de Galicia co concerto de benvida que a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá, baixo a dirección do compositor arxentino José Luis Castiñeira de Dios e coa participación do grupo de tango evolución Cristian Zárate Sexteto. Entre as citas musicais figuran tamén os concertos que ofrecerán na Sala Capitol os galegos Luar na Lubre (luns 25) e Xoel López (martes 26). Destacan, así mesmo, as propostas da galego-arxentina Lorena Lores (Fundación SGAE, mércores 27) ou a colaboración entre músicos de ambas beiras do Atlántico, como son os casos de Marcelo e Hugo Dellamea, Ariel Sánchez e Davide Salvado Trío (CGAC, mércores 27) e Cristian Zárate Sexteto e Barroso & Peixoto (Auditorio de Galicia, sábado 23) .

O Hostal dos Reis Católicos acollerá o xoves 28 un concerto conxunto das galegas Uxía e Rosa Cedrón coa arxentina Micaela Chauque, a galega de orixe cubana Jamila Puro e o brasileiro Sèrgio Tannus (xoves 28), mentres que os encargados de pechar esta oferta musical serán o acordeonista arxentino Chango Spasiuk e o arpista galego Roi Casal, que compartirán o escenario do Auditorio Novagalicia Banco o venres 29.

Teatro e cinema

Neste último espazo dará comezo o luns 25 o programa teatral con ‘Miembro del jurado’, obra de Roberto Perinelli que leva a escena o Teatro Nacional Cervantes. Ademais, durante as tardes desta fin de semana terá lugar na Zona C de Bonaval unha singular cita co microteatro da man do dramaturgo, artista visual e actor bonaerense Fernando Rubio, quen na obra ‘Todo lo que está a mi lado’ convida o público a unha orixinal colaboración. Para a súa presentación en Compostela, o autor conta coas actrices galegas Sara Casasnovas, Belén Constenla, Iria Pinheiro, Erica González, Mariola Verdía, Rosalía Castro e Lúa Testa. Tamén participará en MICAtlántica Show a compañía galega Teatro Galileo, que representará na Fundación SGAE a obra ‘Desfeitos’, de Febe Chaves.

Canto ás propostas cinematográficas, o festival Cineuropa acolle o ciclo MICAtlántica Cine, dedicado a algunhas das máis importantes propostas de directores arxentinos, como Paula de Luque, Julio Ludueña, Gaspar Scheuer, Rodrigo Vila, Agustín Toscano e Ezequiel Radusk.

Así mesmo, MICAtlántica organiza este domingo 24 no San Francisco Hotel Monumento unha pasarela de moda para amosar as principais producións de deseño téxtil que apoia o Goberno arxentino, nunha proposta que mestura música, danza e audiovisual.

Durante a súa intervención nesta presentación, Xesús Vázquez Abad agradeceu expresamente á Secretaría de Cultura da Presidencia da Nación Arxentina e ao seu secretario xeral, Jorge Coscia, a súa colaboración e trasladoulles o desexo de “continuar afondando no intercambio cultural entre Arxentina e Galicia, dous territorios separados por un océano, pero unidos por unidos por unha historia e un futuro comúns”.

Neste mesma liña de colaboración, o conselleiro avanzou que en marzo de 2014 os produtores culturais galegos terán un papel moi relevante en MICSUR, o mercado das industrias culturais específico para os países integrados en Mercosur.

Tema: 

Cultura e Educación participa na presentación de ‘Victorias de Galicia’, unha recuperación do papel da nosa terra na Guerra da Independencia

Xesús Vázquez Abad participou hoxe na presentación deste obra de Hércules de Ediciones, que foi prologada polo presidente da Xunta

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou esta mañá na presentación de ‘Victorias de Galicia en la Guerra de la Independencia’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou esta mañá na presentación de ‘Victorias de Galicia en la Guerra de la Independencia’, unha obra editada por Hércules de Ediciones que recupera o papel da nosa terra durante a contenda. A edición deste libro de José Fernando Navas Ramírez-Cruzado foi prologada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O autor, que foi director do Museo Militar da Coruña, ten centrado boa parte da súa traxectoria na divulgación da historia militar, especialmente da actuación das galegas e galegos na devandita guerra. No volume presentado hoxe, Ramírez-Cruzado salienta a campaña dos franceses en Galicia e norte de Portugal no primeiro semestre de 1809, na que en tan só 5 meses foron expulsados os mariscais Soult e Ney. Cómpre salientar o carácter ilustrativo da edición na súa parte gráfica, que recolle con todo detalle croquis e organigramas para achegar ao lector as accións do campesiñado en combates como os de Casal de Eirigo, As Galanas, e Santiago, así como na vitoria de Ponte Sampaio.

Vázquez Abad afirmou que hoxe podemos coñecer episodios transcendentais da nosa historia “grazas á entrega de persoas especialmente dotadas para sistematizar e recompilar uns datos xa afastados no tempo, para lles dar vida coa elegancia da súa prosa e coa enerxía dunhas ilustracións que nos levan a conectar cos tempos heroicos, nos que Galicia tomou un papel determinante para que Europa puidese seguir adiante como abandeirada da democracia e dos valores fundamentais do ser humano”.

O conselleiro de Cultura e Educación asegurou que o libro do coronel de artillería José Navas Ramírez-Cruzado “relata con rigor histórico e amenidade literaria uns fitos importantísimos do noso pasado, no abrente da idade da que aínda mantemos a expresión”. “Esta publicación permitiranos preservar a memoria e a identidade de Galicia a través da riqueza dos moitos detalles que a conforman”, engadiu. 

Ramírez-Cruzado

Entre outros traballos, José Fernando Navas Ramírez-Cruzado - coronel de Artillería retirado, diplomado de Estado Maior dos Exércitos de España e Portugal- é autor dos capítulos correspondentes á Heráldica Militar de Galicia do volume LIX  da obra ‘Proyecto Galicia’ de Hércules de Ediciones. Así mesmo, colaborou na edición conmemorativa da exposición ‘1808-1814, La historia y su enseñanza; 200 años de la Guerra de la Indecencia’; e é autor do libro ‘Los ejércitos Gallegos contra Napoleón en la Guerra de la Independencia’, premio Arenas Quintela na súa cuarta edición.

Tema: 

Cultura e educación presenta ‘Acuario’ en Santiago de Compostela

A actividade de ‘FalaRedes’ destinada a concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia fará parada o domingo pola mañá na capital galega e poderase gozar, de balde, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia

María Canosa e o elenco artístico do Teatro dos Ghazafellos combinan poesía, teatro e monicreques para achegarlle o idioma ao público familiar

Gallego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe en S
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe en Santiago de Compostela “Acuario”

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe en Santiago de Compostela “Acuario”, unha das cinco propostas que está a despregar no marco do programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”, destinado aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

García Gómez estivo acompañado durante a presentación pola concelleira de Normalización Lingüística compostelá, Rebeca Domínguez Iglesias; polo responsable de Edicións Embora (empresa xestora da actividade), Miguel Toval, e mais pola escritora e comunicadora María Canosa, que protagoniza a peza poético teatral canda o elenco artístico do Teatro dos Ghazafellos.

“Acuario combina poesía, teatro e monicreques nunha proposta que quere axudar a espertar na xente máis miúda o afecto pola lingua descubríndolle outros xeitos de achegarse ao mundo desde o galego”, explicou o secretario xeral, que destacou a colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e tamén a da Deputación da Coruña, no caso dos concellos desta provincia incluídos na itinerancia da actividade, no financiamento do proxecto, que está a chegar desde outubro ata finais de ano a un total de 30 localidades da RDL.

María Canosa e o Teatro dos Ghazafellos

O espectáculo teatral “Acuario” toma como punto de partida o libro homónimo de María Canosa para trasladar ao público ao fondo dun inmenso acuario cheo de palabras que, como pano de fondo e con música en directo, moito humor e monicreques, lle achega ao público infantil de 5 a 8 anos a riqueza lingüística, biolóxica e gastronómica do litoral galego.

Logo de dar comezo en Neda un longo itinerario no que xa leva percorridas as localidades de Lobios,  A Laracha, A Coruña, Celanova, Castrelo de Miño, Ourense, Ponteceso (en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal), Cerceda, Ordes, A Bola e A Peroxa, chegará este fin de semana a outros cinco concellos.

Os anfitrións serán, amais de Santiago de Compostela, que acollerá a actividade o vindeiro domingo 24, ás 12:00 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia; os de Pontedeume, o venres 22 na Casa da Cultura, ás 11:00 horas; Castro de Rei e Cospeito, o sábado 23 (ás 16:30 horas no Centro Sociocultural de Ribeiras de Lea e mais ás 19:00 horas na Casa da Cultura, respectivamente); e Cotobade, o domingo 24 ás 17:00 horas no ximnasio do IES.

“Acuario” chegará, ata finais de ano, a outras 13 localidades facendo paradas en Cee, Negreira, Muxía, Muros, Cabana de Bergantiños, Aranga, Dodro, Boqueixón, Melide, A Cañiza, A Baña, Corcubión e Curtis. Como todas as actividades de “FalaRedes 2013”, a entrada en “Acuario” é balde ata completar a capacidade das salas. Toda a información sobre o programa en www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2013e nas redes sociais.

Tema: 

Colectivo: 

A creatividade galega recibe un novo recoñecemento nos Premios Nacionais de Cultura 2013 que convoca o ministerio

O galardón que lle foi concedido hoxe a Luz Casal na modalidade de Músicas Actuais súmase aos premios de Miguelanxo Prado en Cómic, de Manuel Álvarez Torneiro en Poesía e de José María Merino en Narrativa

Gallego
 Luz Casal
Luz Casal

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria congratulase de que no día de hoxe, e por cuarta vez neste ano, os Premios Nacionais da Cultura 2013 galardoen unha vez máis a creatividade galega. Esta vez na modalidade de Músicas Actuais, que lle foi concedido hoxe á cantante Luz Casal (Boimorto, A Coruña). Este recoñecemento, que ten unha dotación económica de 30.000 euros, vén sumarse aos tamén colleitados na presente edición polo debuxante  Miguelanxo Prado, na modalidade  de Cómic; e polos escritores Manuel Álvarez Torneiro e José María Merino (A Coruña, 1941), gañadores dos premios de Poesía e Narrativa, respectivamente.

O artista Miguel Anxo Prado (A Coruña, 1958) foi galardoado co Premio Nacional de Cómic 2013 pola súa obra ‘Ardalén’, o que o converte no primeiro galego que obtén esta distinción. Este ano foi tamén o primeiro no que o Premio Nacional de Poesía recaeu nunha obra escrita inicialmente en galego. O galardón foille concedido ao autor coruñés Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932), pola obra ‘Os ángulos da brasa’, un libro que conxuga vida plena e memoria do lido e do vivido, publicado na nova colección Tambo do selo Faktoría K, da editorial Kalandraka.

Tamén na categoría de Letras, na modalidade de Narrativa, foi galardoado este ano o escritor José María Merino (A Coruña, 1941), pola súa obra ‘El río del Edén’.

A importante presenza de Galicia na nómina de galardoados e galardoadas cos Premios Nacionais de Cultura 2013 supón un motivo de celebración por parte do goberno galego e constata o labor sobranceiro que están a levar a cabo os galegos e as galegas nos diferentes ámbitos da cultura.

Tema: