Plan de Formación de profesorado de FP 2013-14
Resolución pola que se aproba o Plan de Formación do profesorado de FP para o curso 2013-2014 e seus criterios de admisión.As devanditas actividades están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo.
Inscrición
A inscrición nas actividades realizarase unicamente mediante a aplicación web de xestión da formación do profesorado www.edu.xunta.gal/fprofe
O ámbito das actividades de formación é de carácter autonómico.
Criterios de selección
Establécense os criterios de selección para a admisión a cada actividade segundo o punto 3 do artigo 7 da Orde do 14 de maio de 2013 (DOG do 22 de maio) pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.
A selección de participantes realizarase conforme os seguintes criterios de prioridade, pola orde en que figuran a seguir:
A) Criterios específicos sinalados na convocatoria da actividade.
B) Distribución de prazas entre o profesorado do maior número posible de centros nos que se impartan as ensinanzas ás que vai destinada a actividade, dando preferencia a aqueles que remitiran a correspondente orde de prioridade establecida polos departamentos. Primando, entre eles, aos centros integrados de formación profesional.
- Orde de prioridade establecida polos departamentos:
A xefatura do departamento remitiralle á unidade administrativa xestora da actividade (CFR correspondente ao seu ámbito xeográfico ou CAFI para o ámbito xeográfico de Santiago e actividades centralizadas) este acordo do departamento, no que se indique a orde de prioridade para a selección dos participantes en actividades de formación do profesorado, logo da correspondente reunión, tendo en conta a relación entre as necesidades de formación dos membros do departamento e os módulos e ciclos aos que vaia destinada a actividade.
A única finalidade de esta listaxe, é a de establecer unha orde priorizada de cara a selección de inscritos. En ningún caso terá os efectos de inscrición na actividade, polo que os interesados deberán formalizar a súa inscrición a través da aplicación FPROFE.
- Acordo de departamento. Formato pdf. (modelo 2013-14)
O prazo para presentar a orde de prioridade e o mesmo que o de inscrición.
C) Pertenza á especialidade do profesorado para a que se destina a actividade.
D) Distribución de prazas proporcional ao número de profesores e profesoras do departamento, en relación co total do profesorado da familia profesional.
E) Non ter participado na mesma actividade en anos anteriores.
F) Non estar participando nin ter confirmada a admisión noutra actividade, presencial nin de teleformación na Plataforma de Teleformación de Galicia (PLATEGA) que coincida, na súa totalidade ou en parte, coa actividade solicitada.
G) Ser funcionario/a de carreira.
H) Maior antigüidade como funcionario/a de carreira.
I) Ser funcionario/a en prácticas.
J) Maior antigüidade como funcionario/a en prácticas.
K) Ser interino/a.
L) Maior antigüidade como interino/a.
Importante: O profesorado seleccionado para a actividade recibirá un correo electrónico na súa conta corporativa (_@edu.xunta.es) e necesariamente deberá confirmar dentro do prazo indicado a súa participación na actividade ou a súa renuncia, a través do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado (http://www.edu.xunta.gal/fprofe).
Se unha persoa admitida nunha actividade de formación, por calquera motivo, non puidera asistir, deberallo comunicar, coa maior rapidez posible, ao asesor ou á asesora que coordine a actividade, para non lles causar prexuízo a outras persoas en lista de reserva.