A Consellería de Cultura e Educación reparará os danos do CEIP A Pedra tan pronto a situación meteorolóxica o permita

Cómpre lembrar que a Consellería xa leva investido desde 2010 máis de 200.000 euros en melloras neste centro, dos que boa parte se destinaron a emendar os defectos das reformas realizadas na etapa do Bipartito en outras partes do colexio

Ven, 12/04/2013 - 17:00

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reparará os danos nas instalacións do CEIP A Pedra (Bueu) tan pronto como a situación meteorolóxica o permita. Para iso, a Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Pontevedra analizou xa en varias ocasións os defectos da cuberta plana do colexio, para estudar as posibles solucións.

O xefe territorial de Cultura e Educación na provincia, César Pérez Ares, explicou hoxe que a choiva impediu aos técnicos levantar parte da cuberta para observar se hai algún defecto ou perforación no material de illamento da mesma. "En canto o tempo mellore poderemos acometer os traballos de localización da entrada de auga e proceder á súa reparación", sinalou.

O xefe territorial lembrou ademais o compromiso da Consellería dirixida por Vázquez Abad con este centro. De feito, desde 2010 lévanse invertido no CEIP A Pedra máis de 200.000 euros, dos que boa parte se destinaron a emendar as deficiencias das reformas realizadas polo Goberno Bipartito en outras partes deste centro.