Nova ferramenta en prol da accesibilidade no portal educativo da Formación Profesional

Xov, 11/04/2013 - 14:00
O portal de orientación e información profesional www.edu.xunta.es/fp contén información que permite coñecer as posibidades de formación e emprego ao longo da vida dos estudantes, traballadores e sociedade en xeral.
 
Para promover a accesibilidade, na medida en que todas as persoas poidan acceder aos servizos que ofrece dito portal, esta subdirección ven de dar un pequeno paso en prol de achegar certas facilidades mediante implementación dunha ferramenta de novo uso no portal, a conversión a voz do texto das páxinas web.