Vázquez Abad inaugura o II Forum Red Intur “política turística+espírito emprendedor+talento ao servizo do sector turístico”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións recibiu aos preto de 200 asistentes ao encontro que se celebra hoxe no Carballiño

O encontro é un foro de reflexión do turismo en España e que está creado pola Red-Intur que reúne a 19 universidades española que ofertan másteres oficiais de turismo e doutorandos

Mar, 20/11/2012 - 10:05
Vázquez Abad inaugura o II Forum Red Intur “política turística+espírito emprende
Vázquez Abad inaugura o II Forum Red Intur “política turística+espírito emprendedor+talento ao servizo do sector turístico”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe o II Forum Red Intur Política turística+ espírito emprendedor+ talento ao servizo do sector turístico, que se celebra ao longo de toda a xornada no Carballiño, onde se encontrarán preto de 200 asistentes relacionados cos sector.

Durante a súa intervención o conselleiro en funcións destacou a importancia desta xornada e sinalou que “este Forum, como escaparate do talento na dirección e a planificación do turismo en España, é unha ocasión única para poñer a disposición das empresas e do sector académico e investigador os proxectos máis destacados do panorama universitario, potenciando un achegamento entre realidades que ata o de agora viviron separadas. O lema escollido para o Forum deste año responde á perfección a este anhelo, a este obxectivo que debemos cumprir”.

Do mesmo xeito Vázquez Abad fixo referencia ao feito de que esta segunda edición se celebre no concello ourensán do Carballiño, e dixo que “foi merecedora, polo seu potencial turístico, de ser sede deste encontro”, e recordou que “o ano pasado foi Barcelona a encargada de recibir aos asistentes a ao encontro que, ao chegar a segunda edición, cumpre cos seus obxectivos fundacionais: dar a coñecer a rede INTUR como fonte de coñecemento académico, científico e profesional; contribuir á aplicación dos resultados da investigación turística nas empresas e entidades do sector turístico; e axudar a prestixiar o papel dos estudos de Turismo no ámbito da universidade española”.

No acto de inauguración tamén estiveron presentes o presidente de Red Intur, da Universidade de Málaga, Antonio Guevara; e a vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras.

O encontro

A xornada comezará cunha sección centrada á Política turística de España coa intervención da subdirectora xeral adxunta do Instituto de Estudos Turística, Patricia Fernández- Mazarambroz e o xefe de área de exposición e publicación da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Francisco Singul.

Posteriormente falarase da Innovación e o espírito emprendedor dando a coñecer as liñas de actuación da Sociedade Española para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas,S.A. (SEGITTUR) e as iniciativas emprendoras no sector.

A xornada rematará coa presentación e defensa pública dos oito estudantes de másteres das universidades da Red-Intur cos mellores traballo fin, e dous deles recibirán a distinción extraordinaria.

Os obxectivos

Cómpre recordar que o Forúm é organizado pola Red-Intur que reúne a 19 universidades españolas que ofertan másteres oficiais de turismo e doutorandos, e ten como obxectivo constituír un foro de reflexión sobre o turismo en España. Así a este encontro acoden estudantes, directivos de empresas turísticas, académicos e investigadores xunto a responsables públicos da xestión turística.

Este encontro pretende difundir e dar notoriedade á Red Intur como rede de coñecemento científico- profesional no Sector Turístico centrada na formación de posgrao, así como contribuír a posicionar a investigación turística e os resultados como de total aplicabilidade nas empresas e entidades públicas e privadas do sector.

Menús News node R

Tema