A Consellería de Cultura e Educación clausura o VI certame galego de Bandas que celebra en Santiago

O secretario xeral técnico asistiu ao concerto final do encontro que congregou a agrupacións musicais procedentes de Lousame, Ribadavia, Chapela, Cabral, Arteixo, Xinzo, Ribadumia, Rianxo, Ponte Ledesma, Teo, Valga, Vincios, Merza e Caldas de Reis

A Consellería mantén unha liña de colaboración anual coa Federación de Bandas de Música Populares, que se estende ao patrocinio dun concurso de composición e á organización de varios concertos

Dom, 18/11/2012 - 21:07
 A Consellería de Cultura e Educación clausura o VI certame galego de Bandas que
A Consellería de Cultura e Educación clausura o VI certame galego de Bandas que celebra en Santiago

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estivo presente no acto de clausura do VI Certame Galego de Bandas de Música, que hoxe se celebrou no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela e no que estivo presente o secretario xeral técnico, Jesús Oitavén.

Durante a súa intervención o secretario xeral técnico agradeceu, en nome do conselleiro en funcións, Xesús Vázquez Abad, que “invitación da Federación Galega de Bandas de Música Populares para participar neste acto de clausura do “VI Certame Galego de Bandas de Música.” Un tipo de formación musical con gran arraigo histórico na nosa terra, que agora tamén representa á nosa cultura alén das nosas fronteiras”.

Así en relación a actuación coa que se clausurou este encontro o representante da Consellería dixo que “un repertorio que, como tivemos a oportunidade de ver aquí, estase a enriquecer hoxe en día coas importantes achegas dos milleiros de novos e talentosos compositores e músicos que agroman nas distintas aldeas, vilas e cidades de Galicia”, ao mesmo tempo aproveitou para felicitar aos participantes: bandas, músicos e compositores participantes, tanto no “VI Certame Galego de Bandas de Música” como no “V Concurso de Composición” e en referencia a eles dixo que “todos vós acadastes o aplauso do público e o fondo respecto pola vosa arte”.

Cómpre recordar que a Consellería de Cultura e Educación colaborou con este encontro que ten por obxectivo recoñecer o labor que as bandas de música populares desenvolven tanto na formación de músicos novos como na creación de afección musical e mesmo na difusión de obras musicais de autoría galega por medio das súas interpretacións.