Convocatoria de concurso para a elaboración dunha exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2013

Mar, 30/10/2012 - 14:24

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 13 do Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro de 2012), con motivo do Día das Letras Galegas,  convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2013 ─Roberto Vidal Bolaño─, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.

Premio: os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 2.500 €.

  • O prazo de presentación remata o día 16 de xaneiro de 2013.

 

 

 

Menú Advertisement

Lingua galega

Sen términos