Plan LÍA 2010/2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información, e a Aprendizaxe
Obxectivos xerais:
- Adaptar os recursos informativos dos centros educativos ás novas necesidades da sociedade da información do século XXI
- Promovercambios no profesorado que faciliten a integración das tecnoloxías emerxentes, a mellora da calidade e a renovación das prácticas educativas.
- Favorecer a adquisición das competencias básicasdo alumnado galego e contribuír ao éxito escolar.
- Mellorar a lectura comprensiva, a escritura e as habilidades no uso da información da poboación escolar galega.
- Incentivar o uso das bibliotecas escolares por parte das comunidades educativas, aproveitando os seus recursos para unha mellor atención á diversidade, e unha máis óptima atención á multiculturalidade, ás necesidades educativas específicas e ao plurilingúísmo.
- Estimular a experiencia lectoraentre os distintos sectores da comunidade educativa.
Liñas estratéxicas
Co fin de estabilizar a Rede de bibliotecas escolares de Galicia, como centros de recursos ao servizo dos procesos de ensinanza e aprendizaxe, imprescindibles para a adquisición das competencias básicas do alumnado e para a formación de lectores competentes, así como para a consecución dos obxectivos xerais anteriormente definidos, considéranse as seguintes liñas estratéxicas de actuación:
- Darlle continuidade ao Plan de mellora de bibliotecas escolares
- Afianzar a Rede de bibliotecas escolares de Galicia, no contexto do Sistema bibliotecario galego.
- Reforzar a formación do profesorado para un maior uso dos amplos recursos que as bibliotecas escolares poñen á súa disposición
- Afianzar a colaboración con outros axentes sociais que poidan contribuír á construción da sociedade lectora, e que teñen incidencia na poboación escolar.
- Ampliar a visibilidade das boas prácticasque se están a levar a cabo a través das bibliotecas escolares nos centros, e que posibilitan a consecución dos obxectivos da Escola 2.0/Abalar.
- Acadar maiores cotas de implicación das familias na formación dos novos lectores.
- Reforzar o programa Hora de ler, con novas iniciativas, mellorando, a un tempo, as que teñen boa acollida e bos resultados.
(Cada liña estratéxica desenvólvese a través dunha serie de “medidas” previstas)