Vázquez Abad participa na IV Festa da Palabra dedicada a Celso Emilio Ferreiro celebrada na Insua dos Poetas, o Carballiño

Durante o acto, tivo lugar a entrega dos Premios Sete Carballas e a inauguración da escultura ‘Irmaus’, de Manuel Penín

O encontro homenaxeou ao escritor de Celanova con motivo do centenario do seu nacemento

Sáb, 28/07/2012 - 13:46
Vázquez Abad participa na IV Festa da Palabra dedicada a Celso Emilio Ferreiro c
Vázquez Abad participa na IV Festa da Palabra dedicada a Celso Emilio Ferreiro celebrada na Insua dos Poetas, o Carballiño

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na celebración da IV edición da Festa da Palabra na foi homenaxeado o escritor Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 - Vigo, 1979) con motivo do centenario seu nacemento.

Nesta edición da Festa da Palabra tamén tivo lugar a entrega dos segundos Premios Sete Carballas, e deñuse a coñecer a escultura asinada por Manuel Penín ‘Irmaus’, que pasa a formar parte do escenario da Insua dos Poetas, no Carballiño, o cal xa constitúe un lugar de referencia para as letras galegas. Trátase dunha obra na que o escultor ourensán fai unha alegoría do poema 'Irmaus' que o poeta publicou no libro Longa noite de pedra e que pasar por ser, sen lugar a dúbidas, un dos máis coñecidos do vate de Celanova.

Xunto ao conselleiro de Cultura estiveron os secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García respectivamente; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín; o académico numerario Xesús Alonso Montero; e o biógrafo de Celso Emilio Ferreiro, Ramón Nicolás, participaron neste evento literario que organiza anualmente a Fundación Insua dos Poetas e que está presidida por Luís González Tosar.

Cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

A Fundación Insua dos Poetas, promovida polo presidente do Centro PEN-Galicia, dedicaralle a cuarta Festa da Palabra a Celso Emilio Ferreiro, no ano en que se conmemora o centenario do nacemento do autor e o medio século da publicación de Longa noite de pedra. Esta actividade programada cada ano no mes de xullo quere favorecer o diálogo entre a literatura e as diferentes artes ou calquera outra actividade que favoreza a liberdade creativa.

A obra máis coñecida do poeta de Celanova, Longa noite de pedra, cuxa primeira edición data de 1962, desbordou o ámbito lingüístico do galego para converterse nas décadas dos sesenta e setenta do pasado século nun referente da lírica máis comprometida, implicada na denuncia da orde social imperante e na busca dunha nova realidade.
 

Menús News node R

Tema