Xesús Vázquez Abad comproba o estado da igrexa de Santa Cruz de Terroso, no concello ourensán de Vilardevós

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria visitou o inmoble no que se investirán máis de 150.000 euros nas obras de restauración e conservación

Lun, 23/07/2012 - 12:00
 Xesús Vázquez Abad comproba o estado da igrexa de Santa Cruz de Terroso, no con
Xesús Vázquez Abad comproba o estado da igrexa de Santa Cruz de Terroso, no concello ourensán de Vilardevós

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe a igrexa de Santa Cruz de Terroso, en Vilardevós, na que se investirán 150.846 euros en obras de restauración.

O contrato para a execución das melloras xa foi asinado e quedou publicado no Diario Oficial de Galicia o pasado luns, e unha vez que se realice o replanteo das obras comezará a execución das mesmas.

Entre as actuacións destacan a substitución da cuberta- incluíndo a estrutura de madeira- que pasará a ter madeira de castiñeiro, e contará con illamento térmico, lámina impermeabilizante transpirable, fibrocemento e tella cerámica curva. Ademais os encontros das cubertas entre a torre e o corpo principal contará cunha lámina de chumbo.

Melloras das estruturas internas

Ademais a estrutura do coro e o seu correspondente entaboado será cambiado por unha nova de madeira de castiñeiro. Do mesmo xeito unha parte da varanda será restaurada e a outra será colocada.

O pavimento de terrazo do presbiterio e as escaleiras de acceso será sometido a unha cata que confirme se é preciso retirar o pavimento existente ou se ven o novo, que será de granito, irá directamente sobre o que está agora.

As carpintarías das fiestras pasarán a ser de bronce e contarán con ventilación permanente a través dos vidros solapados que tamén se instalaran; do mesmo xeito tamén será restauradas as carpintarías de madeiras en portas; retiraranse os cableados obsoletos e renovarase a instalación eléctrica e de iluminación así como os camiños de acceso.

Menús News node R

Tema