A Consellería de Cultura e Educación dá máis de 1.300.000 euros a 132 concellos galegos para desenvolver programas contra o abandono escolar

É a primeira vez que a Xunta convoca este tipo de axudas, que beneficiarán a preto de 40.000 galegos, para desenvolver actividades de apoio e reforzo educativo

O departamento dirixido por Xesús Vázquez continúa a traballar para favorecer o desenvolvemento de actividades a prol da formación integral do alumnos en 132 concellos galegos

Sáb, 14/07/2012 - 11:35

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder axudas por valor 1.358.035 euros para que os 132 concellos que solicitaron as citadas axudas, que beneficiaran a preto de 40.000 persoas de desenvolvan programas contra o abandono escolar.

Innovadora iniciativa

Esta innovadora iniciativa ten como obxectivo procurar dunha banda a redución do abandono temperán dos estudos por parte daqueles que nestes momentos están estudando. Deste xeito aquel alumnado con menor motivación e capacidade de aprendizaxe recibirá respostas adaptadas as súas necesidades.

E, por outra banda trátase de dar unha nova oportunidade ás mozas e mozos galegos que abandonaron o sistema educativo, de forma que poidan prepararse para as probas de obtención do graduado en educación secundaria obrigatoria ou para incorporarse a estudos de formación profesional de grao medio ou de bacharelato.

Amais o programa ten entre os seus propósitos favorecer a atención educativas dos colectivos vulnerables, como o alumnado inmigrante ou o alumnado en risco de exclusión social e impulsar a coordinación entre organización e institucións do contorno para diminuír o abandono escolar.

Os datos da distribución das axudas segundos os concellos solicitantes foi publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia, no enlace web: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120711/AnuncioG0164-040712-000...