Cultura e Educación e o concello de Outes colaboran na celebración do bicentenario de Francisco Añón

O secretario xeral de Cultura e o alcalde do municipio natal de Añón asinaron un convenio para difundir e poñer en valor este autor da literatura galega

No marco deste convenio destaca a celebración dun congreso os días 4 e 5 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia

No marco da conmemoración do Ano Celso Emilio Ferreiro, a Xunta organiza o 9 de xullo un acto de homenaxe ao poeta na Casa de Galicia en Madrid, que contará cun recital poético e a actuación musical do cantautor Amancio Prada

Ven, 06/07/2012 - 19:14
O secretario xeral de Cultura e o alcalde do municipio natal de Añón asinaron un
O secretario xeral de Cultura e o alcalde do municipio natal de Añón asinaron un convenio para difundir o bicentenario de Francisco Añón

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Outes colaboran na celebración do bicentenario do nacemento de Francisco Añón. Con este obxectivo, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Outes, Carlos Enrique López Crespo, asinaron hoxe un convenio para a realización de distintos actos de homenaxe e de difusión da súa obra e da súa figura.

O bicentenario do poeta e xornalista de Outes “constitúe unha excelente oportunidade para recordar a figura de Francisco Añón e achegarlle á cidadanía a súa obra e a súa traxectoria profesional e vital”, afirmou o secretario xeral, que estivo acompañado no acto de sinatura polo xefe territorial da consellería na provincia da Coruña, Indalecio Cabana.

“Con este marco de colaboración –dixo Lorenzo– damos un novo paso adiante nun camiño co que queremos afondar no coñecemento de Francisco Añón e poñer en valor o seu legado a prol da cultura e da lingua galegas”. “Facémolo –engadiu– a través de diversos actos de homenaxe e tamén de recuperación da súa personalidade histórica”, o máis importante dos cales será a celebración dun congreso que terá lugar os días 4 e 5 de outubro de 2012 na Cidade da Cultura.

Publicación sobre Francisco Añón

Ademais, a Consellería de Cultura e Educación apoiará a publicación dunha obra sobre Francisco Añón que verá a luz na Editorial Galaxia e que permitirá achegarlle a súa vida e obra afondar nun maior coñecemento de Francisco Añón entre a sociedade

En 2012, acultura galega celebra diversas efemérides que contribúen a poñer de relevo o valor da súa literatura. Ademais do bicentenario de Francisco Añón, destaca o aniversario do poeta Celso Emilio Ferreiro, do que se cumpren cen anos do seu nacemento e cincuenta anos da súa publicación máis universal, Longa noite de pedra.

Música e poesía na homenaxe a Celso Emilio en Madrid

Para celebrar o Ano Celso Emilio Ferreiro, a Xunta de Galicia está a promover un amplo programa de actividades arredor da vida e da obra do poeta de Celanova. O 9 de xullo, a Casa de Galicia acollerá un acto de homenaxe ao escritor no que persoeiros do ámbito da cultura, autoridades políticas de Galicia e Madrid entre os que se atopará o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad; amigos e familiares do escritor xunto con profesorado e alumnado de galego en Madrid recordarán a súa vida e a súa obra.

O acto contará cun recital poético e coa actuación do cantautor Amancio Prada, que lle poñerá música aos versos de Celso Emilio Ferreiro.

Menús News node R