Convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país
Xúntase a Orde de 3 de maio de 2012 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2012, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva 113 axudas.
Requisitos:
- Estar matriculado/a no curso 2011/2012, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
- Ter superado no momento de presentación da solicitude 60 créditos en titulacións de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1º e 2º ciclo.
- Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
- O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2012.
Prazo de presentación de solicitudes:
Desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o día 14 de xuño de 2012.
Listaxes provisionais de admitidos e excluídos por documentación:
Estarán expostas o día 3 de xullo. Prazo para formular reclamacións ou emendar erros e falta de documentación: desde o 4 ao 14 de xullo de 2012, ambos os dous incluídos.
Orde de 3 de maio de 2012: Convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún estado da Unión Europea (DOG) Listaxes provisionais de solicitantes admitidos e excluídos por documentación Listaxe coa concesión e denegación das axudas Orde do 20 de setembro 2012: Resolución das axudas para estadías durante o verán de 2012 (DOG)