A Xunta recoñece a excelencia de 20 alumnos co premio extraordinario de bacharelato 2023/24
Para optar ao premio debían contar cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75 puntos e superar unha proba presencial específica
Cada un deles recibe un galardón económico de 1.000€ e un diploma acreditativo
A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia académica de 20 alumnos que cursaron 2º de Bacharelato no curso 2023/24 cos premios extraordinarios. Este galardón ten como obxectivo valorar os méritos excepcionais acadados grazas ao esforzo e traballo dos estudantes, que completaron esta etapa educativa cun destacado rendemento académico.
Para optar ao premio, convocado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, os candidatos debían ter unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos no Bacharelato. Ademais, os aspirantes tiveron que superar unha proba presencial que se dividiu en dúas partes. A primeira parte centrouse nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario, así como a resposta a cuestións culturais ou lingüísticas sobre un texto na primeira lingua estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do Bacharelato.
A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre Ciencias Xerais, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Artes Escénicas II.
Cada un dos galardoados recibirá un incentivo económico de 1.000€ e un diploma acreditativo. A distinción será reflectida tamén nas certificacións académicas dos estudantes premiados.
A relación de premiados pode consultarse no seguinte cadro:
Concello |
Centro educativo |
Persoa premiada |
---|---|---|
A Coruña |
CPR Plurilingüe Santa María del Mar |
Alfonso Trillo Reboredo |
A Coruña |
CPR Plurilingüe Santa María del Mar |
Carlota Lago García |
A Coruña |
CPR Plurilingüe Santa María del Mar |
Mateo García Casanova |
A Coruña |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
Jorge Sánchez Mouzo |
A Coruña |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
Sofía Martínez Diz-Lois |
A Coruña |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
Santiago Vilas Subirán |
A Coruña |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda |
María Carpente Carpente |
As Pontes de García Rodríguez |
IES Moncho Valcarce |
Antón de la Fuente Vivero |
Lugo |
IES Xoán Montes |
Antía Miragaya Vázquez |
Lugo |
IES Leiras Pulpeiro |
Rosalía Bernárdez Riopedre |
Marín |
IES Chan do Monte |
Martín Freire González |
Marín |
IES Illa de Tambo |
Iago Villanueva Pérez |
Ourense |
CPR Plurilingüe María Auxiliadora |
Félix Benito Martínez |
Pontevedra |
IES Gonzalo Torrente Ballester |
Miguel Bouzas Rodríguez |
Pontevedra |
IES Sánchez Cantón |
Óscar Antonio Baltar Torres |
Santiago de Compostela |
IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
Ana Rosende Piñeiro |
Santiago de Compostela |
CPR Manuel Peleteiro |
Ignacio Uribarri González |
Santiago de Compostela |
CPR Plurilingüe La Salle |
Patricia Bao Vázquez |
Santiago de Compostela |
IES de Sar |
Alba Graña Rodríguez |
Soutomaior |
IES de Soutomaior |
Lucía Castrillo Sánchez |