Título node Learning object
Con motivo do XXXVII Congreso ENCIGA, a exposición "XEAS, mulleres que estudan a Terra" foi acollida polo IES Plurilingüe de Valga.
Esta exposición foi inaugurada neste centro, en presenza das súas autoras e ilustradora, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e as directivas de AEPECT Galicia, AEPECT España, e ENCIGA, e os case douscentos profesores e profesoras que asistiron ao XXXVII Congreso de ENCIGA.
Ao longo dos seus paneis, alumnado e profesorado, puideron percorrer as distintas disciplinas das Ciencias da Terra da man de doce mulleres cuxas vivencias e desafíos son un esclarecedor testemuño da evolución do papel da muller na Ciencia.
O Ies Plurilingüe de Valga quere compartir con todos nós o libro presente en dita exposición. Libro que podedes descargar a través desta ligazón:https://sge.usal.es/Libro_digital/GEAS_gal/