A Xunta amplía 43 centros educativos cun investimento de 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado galego

A través destas actuacións respóndese ás demandas de escolarización de zonas con maior dinamismo demográfico coa construción de novos edificios e aulas

Outro dos eidos de actuacións son os talleres de FP, cunha matrícula crecente e dotación de espazos equipados para ciclos cada vez máis tecnificados

Adáptanse os centros aos cambios sociais, con novos espazos de aprendizaxe para metodoloxías innovadoras, bibliotecas más amplas ou pistas deportivas cubertas

Ven, 23/08/2024 - 13:23
Román e un grupo de persoas con casco de obra, observan de pé como uns obreiros colocan unha fiestra

A Xunta está a ampliar un total de 43 centros de ensino cun investimento de case 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado. Faino ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para adaptar as instalacións educativas ás novas realidades do ensino na actualidade. Así o explicou o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, nunha visita ao novo edificio de talleres de Formación Profesional do Instituto IES Antón Losada Diéguez, na Estrada.

 

O titular de Educación da Xunta explicou que con estas actuacións de ampliación “se atenden as necesidades de escolarización de zonas con maior dinamismo demográfico”. Neste senso, detallou que a Consellería -da man dos concellos- analiza as previsións e necesidades de matrícula das diferentes zonas para dotalas das infraestruturas precisas.

 

Grazas a isto créanse prazas para matriculación de novos alumnos en Infantil e Primaria alí onde son necesarias e facilítase que os alumnos poidan realizar o ensino Secundario e o Bacharelato sen desprazarse a outros concellos. Tamén se amplían talleres de FP para atender o notable incremento de alumnado experimentado nos últimos anos.

 

“As actuacións de ampliación serven para adaptar os centros aos novos tempos, con espazos con novos enfoques pedagóxicos para distintas metodoloxías de aprendizaxe innovadoras, o que inclúe bibliotecas más amplas, pistas deportivas cubertas e espazos de lecer”, enumerou o conselleiro durante a visita ás obras en marcha na Estrada.

 

Investimento nas catro provincias

Por provincias, as que concentran máis actuacións de ampliación, en consonancia cun maior número de alumnos matriculados, son as da Coruña (16 actuacións por 23,5M€) e Pontevedra (15 ampliacións por 29,2M€). En Lugo estanse a ampliar catro centros por importe de 3,9M€ e en Ourense un total de oito, cun orzamento de máis de 11,1M€.

 

No referido ao estado das actuacións, oito delas están rematadas, cun investimento de máis de 10,9M€, e outras 20 están en marcha, cun orzamento de 38,1M€. Ademais, están xa programadas outras 15 ampliacións, nas que se prevé un investimento de -como mínimo- 18,6M€, cifra que medrará cando se avance na súa planificación administrativa, dado que aínda hai varias cuxo orzamento está a determinarse por parte dos técnicos.

 

Aposta pola mellora do ensino

No caso concreto da visita de hoxe na Estrada, o conselleiro sinalou que a obra forma parte das ampliacións no eido de FP, que dá resposta ao “gran incremento da matrícula e ás necesidades de espazos totalmente equipados para impartir uns ciclos cada vez máis tecnificados”. “Estamos a dotar os centros de FP de máis e mellores espazos, no marco da aposta que a Xunta mantén desde hai máis dunha década con estas ensinanzas, cuxa prestixio medra día a día e cuxas cifras están en récords históricos”, destacou.

 

O titular do departamento educativo da Xunta lembrou que neste ano 2024 remata o vixente Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, malia que algunhas obras programadas ao seu abeiro continuarán executándose dada a grande envergadura de moitas delas.

 

RELACIÓN DE AMPLIACIÓNS REMATADAS, EN MARCHA E PROGRAMADAS

PROVINCIA

CONCELLO

CENTRO

IMPORTE

REMATADAS

Coruña, A

Oleiros

CEIP Juana de Vega

100.738,82 €

Lugo

Lugo

IES Sanxillao

1.804.936,95 €

Lugo

Lugo

CIFP Politécnico

1.223.178,11 €

Lugo

Sarria

IES Xograr Afonso Gómez

276.172,92 €

Ourense

Ourense

IES Xesús Ferro Couselo

3.263.614,39 €

Pontevedra

Mos

IES de Mos

758.261,93 €

Pontevedra

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

2.789.252,92 €

Pontevedra

Pontevedra

IES Luís Seoane

722.890,30 €

EN MARCHA

Coruña, A

Ames

CEIP Agro do Muíño

3.441.359,56 €

Coruña, A

Ares

CPI As Mirandas

3.069.035,68 €

Coruña, A

Arteixo

IES de Pastoriza

2.142.308,93 €

Coruña, A

Coruña, A

IES Plurilingüe Elviña

440.175,68 €

Coruña, A

Fisterra

CEIP Mar de Fóra

951.142,34 €

Coruña, A

Oleiros

IES Miraflores

480.373,48 €

Coruña, A

Pontedeume

CIFP Fraga do Eume

377.000,00 €

Coruña, A

Santiago de Compostela

IES Eduardo Pondal

3.116.839,59

Lugo

Chantada

IES Lama das Quendas

558.051,16 €

Ourense

Carballiño, O

IES Manuel Chamoso Lamas

2.387.213,19 €

Ourense

Ourense

CEIP Plurilingüe Inmaculada

1.270.000,00

Ourense

Ourense

IES Eduardo Blanco Amor

821.751,62 €

Ourense

Vilamarín

CIFP de Vilamarín

792.294,69 €

Pontevedra

Baiona

EEI O Areal

224.808,02 €

Pontevedra

Caldas de Reis

IES Plurilingüe Aquis Celenis

5.372.153,12 €

Pontevedra

Estrada, A

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

3.077.167,43 €

Pontevedra

Pontevedra

EEI Concepción Crespo Rivas

721.006,52 €

Pontevedra

Redondela

IES Pedro Floriani

1.888.821,10 €

Pontevedra

Salceda de Caselas

IES Pedras Rubias

3.319.158,56 €

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

CIFP Fontecarmoa

3.726.630,99 €

PROGRAMADAS

Coruña, A

Coruña, A

CIFP Imaxe e Son

3.000.000,00 €

Coruña, A

Coruña, A

IES Agra do Orzán

1.250.000,00 €

Coruña, A

Coruña, A

CIFP Paseo das Pontes

500.000,00 €

Coruña, A

Ferrol

CIFP Ferrolterra

2.500.000,00 €

Coruña, A

Ferrol

CIFP Leixa

1.500.000,00 €

Coruña, A

Ferrol

IES Ricardo Carvalho Calero

650.000,00 €

Coruña, A

Ferrol

IES Ferrol Vello

Por determinar

Pontevedra

Cambados

CEIP San Tomé

850.000,00 €

Pontevedra

Grove, O

CEIP Rosalía de Castro

2.600.000,00 €

Pontevedra

Lalín

IES Ramón Mª Aller Ulloa

2.500.000,00 €

Ourense

Ourense

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

1.625.000,00 €

Ourense

Ourense

CIFP A Farixa

967.261,00 €

Ourense

Pereiro de Aguiar, O

CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey

Por determinar

Pontevedra

Tomiño

IES Antón Alonso Ríos

Por determinar

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

CEIP Plurilingüe Arealonga

650.000,00 €