A Xunta de Galicia trasladou ao secretario de Estado de Cultura o seu interese polo Convento de San Francisco

Xesús Vázquez Abad reuniuse con José María Lassalle que mostrou a súa máxima disposición a actuar no proxecto de acceso ao claustro relixioso ourensán

Mér, 21/03/2012 - 14:55

A Xunta de Galicia, a través do titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de manter unha xuntanza co Secretario de Estado de Cultura, José María Lasalle para demandar a maior implicación posible do Ministerio no proxecto de acceso ao convento de San Francisco. O alto cargo ministerial amosou a súa total disposición para actuar no devandito proxecto de acondicionamento do acceso ao claustro gótico do antigo convento de San Francisco en Ourense. Jose Maria Lasalle, que se mostrou moi receptivo e predisposto, anuncioulle ao conselleiro a súa firme vontade de avanzar na dirección demandada.

Desde o Ministerio explicouse tamén que San Francisco é un dos asuntos prioritarios da súa axenda en materia de patrimonio cultural e sinalou que xa están a facer “todo o posible”, tendo en conta que están a traballar cos orzamentos prorrogados.

Polo demais, a Consellería e o Ministerio coincidiron na necesidade de habilitar solucións para poñer en valor un dos Bens de Interese Culturais máis sobranceiros da cidade ourensá, resolvendo unha situación que se viu dilatando no tempo e permitindo que a cidadanía poida gozar deste singular monumento.

Menús News node R

Tema