Xesús Vázquez Abad presenta a nova edición do ciclo Galicia Classics que percorrerá sete cidades galegas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria patrocina este evento que se desenvolverá en sete concertos que comezarán o vindeiro mércores e rematarán en xullo

O primeiro concerto será o vindeiro 28 de marzo, no Pazo da Ópera da Coruña, contará coa interpretación da Orquestra Sinfónica de Gotemburgo, dirixida polo venezolano Gustavo Dudamel e con programa de Richard Strauss

Na rolda de prensa estivo presente o director do ciclo César Wonenburger que destacou a importancia musical, educativa e social do encargado de abrir o festival

Nesta terceira edición o festival tamén renderá homenaxe a dous dos máis destacados compositores galegos do século XX, Carlos López García-Picos e Xoán Viaño; así como a Celso Emilio Ferreiro no ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento

Mér, 21/03/2012 - 11:44
O conselleiro de Cultura, durante a presentación do ciclo
O conselleiro de Cultura, durante a presentación do ciclo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe na Cidade da Cultura a terceira edición do Galicia Classics dirixido por César Wonenburger.

O ciclo, que comezará o vindeiro mércores co concerto ejecutado pola Sinfónica de Gotemburgo e baixo a batuta de Gustavo Dudamel se desenvolverá nas principias cidades galegas ata o vindeiro mes de xullo. Durante a súa intervención o conselleiro sinalou que “nosa aposta pola continuidade esta iniciativa que comezou a súa andina en 2010, con motivo das celebracións do Xacobeo. Esta terceira edición e continúa a complementar ás programacións musicais que xa existen en Galicia permitindo o acceso do público a algunhas das manifestacións máis importantes, e de maior calidade, da música internacional no noso tempo”.

Gustavo Dudamel

Durante a presentación do acto recordouse que o director venezolano Gustavo Dudamel inauguraráo próximo 28 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña o ciclo Galicia Classics 2012, cun concerto á fronte da Orquestra Sinfónica de Gotemburgo integrado por obras de Richard Strauss. As entradas para asistir a esta cita, primeira e única actuación en Galicia do que é considerado como o maior referente actual do repertorio clásico, poden adquirirse desde o xoves día 15 a través da páxina web de Novagalicia Banco (http://entradas.novagaliciabanco.es) e do teléfono 902 434 443.

Respecto do primeiro director do programa do Galicia Classics o conselleiro destacou a importancia da súa figura e dixo que “é un ejemplo de esforzo e superación que o converte nun modelo e fonte de inspiración para as nenas e nenos de todo o mundo que abrazan a música como un modelo de vida. Neste punto quero destacar que unha vez máis o esforzo e o traballo por superarse e por obter os mellores resultados quedan reflectidos na actual consideración acadada a nivel internacional.

O programa

Tras o concerto do vindeiro mércores o ciclo continuará o 17 de abril na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coa interpretación e debut en Galicia do cantante René Pape que xunto ao pianista Camilo Radicke interpretaran obras de Franz Schubert, Hugo Wolf e Robert Schumann.

Compositores galegos

Posteriormente, o 27 de maio, o Galicia Classic chegará ata Betanzos. Alí, e do mesmo xeito que nas dúas edicións anteriores, colabórase coa Ásocación Galega de Compositores. Nesta ocasión o prestixioso Grupo Instrumental S.XX, dirixida por Florian Valshi, renderá homenaxe a un dos socios fundadores da Asociación, o betanceiro Carlos López García Picos, e se estrearan algunhas das súas obras.

A mesma agrupación interpretará o 25 de xuño no Conservatorio de Xoán Viaño en Ferrol a lembranza do autor ferrolano Xoán Viñao.

Cómpre destacar que tanto Carlos López García-Picos como Xoán Viaño serán os protagonistas dos concertos de Betanzos e Ferrol, respectivamente. Entre ambos estrearanse ata dez novas obras dedicadas a estes compositores actuais. O Grupo instrumental S.XX realizará as interpretacións e incluirán novas obras de Paulino Pereiro, Margarita Soto Viso, Manuel Alejandre, Xavier Comesaña, María Mendoza e Gabriel Bussi, entre otros.

Nápoles e Galicia

Xa no mes de xuño, o día 20, o Auditorio do Centro Cultural de Novacaixagalicia de Vigo acollerá a Antonio Florio e a Cappella della Pietà de´Turchini, coa soprano Valentina Varriale e o tenor Giuseppe De Vittorino. Neste caso interpretarase un programa que repasa o máis destacado da ópera napolitana do século XVIII. Cómpre recordar que Nápoles e Galicia manteñen unha estreita relación cultural, sobre todo a raíz do labor de mecenazgo que os condes de Lemos realizaron na cidade olívica.

Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Nesa edición o Galicia Classics tamén recorda a figura de Celso Emilio Ferreiro do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento. En Lugo, con data por determinar e o 16 de xullo en Celanova interpretárase Onde o mundo se chama Celanova, de Curros a Celso Emilio a cargo da Compañía Lírica Ofelia Nieto, coa soprano Patricia Morchón; o barítono, Antón de Santiago e o Grupo Instrumental Cítola con Ángel Lozano ao violín; Rosalía Vázquez co violonchelo e Ramón Carnota coa guitarra.

Cómpre destacar que Onde o mundo se chama Celanova permitirá aprecia algunhas das mostras máis exquisitas da canción culta galega. Así a través da música realizarase un percorrido poético-musical. Unha viaxe enchida de palabras e música pola literatura que une algúns dos máis grandes escritores en lingua galega, de Curros Enríquez a Celso Emilio Ferreiro, pasando por Rosalía, Castelao, Cabanillas, Ramiro Fonte ou Miguel Anxo Fernán Vello, con compositores coma Juan Montes , Xosé Castro Chané, Juan Durán ou Antón de Santiago. Celanova, no marco dun gran congreso internacional sobre a figura de Celso Emilio, e Lugo acolleran a estrea deste singular espectáculo no verán.

Con esta nova edición do Galicia Classics a Xunta volve a dar conta da súa vocación de achegar a música e o percorrido pola historia que esta ofrece a través de concertos nas catro provincia cunha calidade de sobra recoñecida tanto na dirección, como na interpretación e como no contexto cultural no que se desenvolve ao ser un percorrido pola historia musical relacionada con Galicia.