Título node Learning object

Galería das Coleccións Reais, museo de Patrimonio Nacional
Mér, 20/03/2024 - 09:00
Imaxe

O verán pasado inaugurouse en Madrid a Galería das Coleccións Reais, o máis recente museo de Patrimonio Nacional e un escaparate da nosa institución e a nosa historia.

A Galería está situada nun emprazamento único, no centro da cidade de Madrid, xunto ao Palacio Real. Ofrece un panorama global da historia do mecenado e coleccionismo real en España e en Europa, nun fascinante percorrido pola historia do noso patrimonio común.

O obxectivo deste proxecto é garantir a accesibilidade para todo tipo de públicos. Por iso, dispón dun percorrido atractivo e enormemente didáctico, ordenado de maneira cronolóxica e con amplos materiais de apoio (paneis de textos, audiovisuais, elementos interactivos, etc).

O discurso da Galería permite entender a historia cultural e artística do noso país e como as coleccións reais foron a orixe de moitas das nosas institucións culturais, tales como o Museo do Prado, o Museo Arqueolóxico Nacional ou o propio Patrimonio da República convertido posteriormente en Patrimonio Nacional.

Os temas que poden abordarse na visita da Galería son múltiples e coinciden plenamente cos itinerarios curriculares dos plans de estudo en Primaria, Secundaria e Bacharelato, así como multitude de opcións de Formación Profesional.

Trátase de temas non só relativos á historia e á arte, senón tamén á tecnoloxía e á ciencia.

Más información e reservas na web: https://www.galeriadelascoleccionesreales.es/.