Competencia dixital do alumnado

Ampliado o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de 2º de bacharelato ata o 15 de marzo (incluído)

 

Correción de erros: Modifícase o artigo 9.2 que queda redactado do seguinte modo:

2. A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html). A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 63 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.

Ampliación do prazo para solicitar a acreditación das competencias dixitais das persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos 2021/22 ou 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos.