Título node Learning object

XXVIII Certame de poesía "Francisco Añón" 2024
Xov, 15/02/2024 - 07:42
Imaxe

Publícase a convocatoria do XXVIII certame de poesía "Francisco Añón" do Concello de Outes.

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos.

Establécense as seguintes categorías e premios por idades:

  • Categoría A: Nenos/as de 6 a 7 anos. Premios:

1º Clasificado: Vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: Publicación da obra.

  • Categoría B: Nenos/as de 8 a 9 anos. Premios:

1º Clasificado: Vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: Publicación da obra.

  • Categoría C: Nenos/as de 10 a 11 anos. Premios:

1º Clasificado: Vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: Publicación da obra.

  • Categoría D: Rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Premios:

1º Clasificado: Vale de 240 € en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: Publicación da obra.

  • Categoría E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos (extensión mínima de 150 versos). Premios:

1º Clasificado: Transferencia bancaria por valor de 480 € e publicación da obra galardoada.

Accésit: Publicación da obra.

  • Categoría F: Maiores de 18 anos (extensión mínima de 200 versos). Premios:

1º Clasificado: Transferencia bancaria por valor de 1500 € e publicación da obra galardoada.

Accésit: Publicación da obra.

*O importe dos premios estará suxeito á lexislación fiscal vixente.

O prazo de presentación rematará o luns 1 de abril de 2024 inclusive., comenzando a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Toda a información nas bases do concurso.