Título node Learning object
Redeia pon en marcha a terceira edición de RedeSTEAM, unha iniciativa destinada a espertar vocacións STEM entre as estudiantes de 14 e 16 anos, idade na que adoitan decidir que estudiar e na que os prexuízos sobre as carreiras tecnolóxicas, científicas, matemáticas e as enxeñerías son máis acusados.
O concurso RedeSTEAM reta a escolares de 3º e 4º da ESO a propoñer solucións que contribúan a un mundo máis sustentable social e ambientalmente desde disciplinas STEAM, co fin de suscitar o seu interese nestas carreiras.
O ano pasado participaron 149 alumnas, procedentes de 12 comunidades e unha cidade autónoma. As ideas e solucións gañadoras foron moi ineresantes: un dispositivo para xerar enerxía eléctrica ao camiñar, un vehículo que axuda a reducir o risco de incendios forestais, un robot de apoio a persoas con diversidade funcional, ou unha balsa sustentable que retira os microplásticos e limpa a auga dos ríos.
As bases deste ano poden consultarse na web de RedeSTEAM .
O prazo de presentación de solucitudes é ata o 30 de abril.
Por último, lembrar que Redeia pon ao dispor do profesorado e alumnado o xogo entreREDes, unha ferramenta que se pode usar para participar no concurso e para traballar materias como matemáticas, ciencia, historia e sociais, entre outras.