Título node Learning object
Dende a área de DIDÁCTICA do MARCO estase actualizando a programación para ESCOLARES deste cuadrimestre, con novas propostas educativas en torno ás exposicións temporais, que están dirixidas a todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, dende os 3 ata os 18 anos.
A experiencia consiste nun percorrido polas salas de exposición, e unha actividade-obradoiro relacionada, que se leva a cabo na sala de Didáctica (Espazo Anexo) situada na praza peonil posterior. Tanto a visita como o obradoiro están especialmente adaptados aos distintos grupos, con contidos diferenciados para cada grupo de idade.
En canto aos contidos, ata finais de febreiro aínda queda algunha data e quenda dispoñible para visitar a mostra de JUAN GIRALT, que se clausura o domingo 25. https://www.marcovigo.com/content/juan-giralt
A partir de marzo renovarase a oferta con actividades en torno á exposición de DANIEL VERBIS (salas da planta baixa), o proxecto fotográfico de JORDI BERNADÓ (Galería B1, 1º andar), e a individual de BOSCO CARIDE (salas frontais do 1º andar).
Máis información en: https://www.marcovigo.com/avance
A participación e gratuíta e os grupos están limitados a 20/25 participantes. En caso de grupos máis numerosos, divídense e altérnase a visita+obradoiro, adaptándose na medida do posible ás diferentes necesidades.
HORARIOS:
Martes, mércores, xoves e venres.
1ª quenda: de 10.00 a 11.30 / 2ª quenda: de 11.30 a 13.00.
Para participar, é necesaria reserva a través deste mesmo email comunicacion@marcovigo.com ou o de taquilla recepcion@marcovigo.com, cos datos básicos:
- NOME DO CENTRO
- Persoa de contacto (email + tfno)
- Nº participantes
- Cursos
- Idades
- DATAS E HORARIOS PROPOSTOS
- Calquera outra observación ou particularidade do grupo considerada necesaria
Para calquera dúbida ou consulta, pódese contactar a través dos teléfonos 986113900 e 986113900.