Corte de servizo nos sistemas informáticos da Consellería

Mar, 23/01/2024 - 12:22

Coa finalidade de realizar tarefas de mantemento e mellora, este venres 26 de xaneiro entre as 15:00 e as 23:00 horas (hora estimada de finalización), permanecerán pechadas as aplicacións informáticas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O corte non afectará aos portais educativos, ao correo electrónico, ás webs de centros e ao Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA).

Os equipos da Xerencia de Proxectos de Educación e da Área de Infraestructuras e Telecomunicacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) son conscientes de que este corte xerará trastornos polo que agradecen de antemán a súa comprensión e colaboración.