Título node Learning object
A Canle Nova da Axencia Española de Protección de Datos en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do profesorado (INTEF), o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), organizan a cuarta edición do curso NOOC Menores e seguridade na rede.
O seu obxectivo é dar a coñecer pautas, ferramentas e estratexias para un uso razoable da internet e para evitar os riscos dun uso inadecuado ou pouco seguro da rede por parte dos e das menores.
A idea é dar pautas ás familias e docentes para poder orientar e acompañar aos menores na contorna dixital e axudarlles a salvagardar a súa intimidade e benestar persoal.
É unha iniciativa formativa aberta, dirixida á comunidade educativa, especialmente ás familias e ao profesorado, persoas titoras e equipos directivos de centros educativos.
Realizarase a través da plataforma de aprendizaxe de INTEF, co que para participar de forma activa unicamente se precisa dunha conexión a internet que posibilite a visualización de elementos multimedia.
O período de realización será entre os días 7 e 16 de xuño de 2023.
Para máis información xeral e para a inscrición neste curso, pódese visitar a seguinte ligazón: https://enlinea.intef.es/courses/course-v1:INTEF MenorSeguroEnRed 2023_T4/about