Título node Learning object
A canle nova da Axencia Española de Protección de Datos publica a convocatoria de 2023 do premio ás "Boas prácticas educativas en privacidade e protección de datos para un uso seguro de Internet".
Este premio convócase en dúas modalidades e ten por obxecto recoñecer a adopción daquelas prácticas que promovan o coñecemento do dereito fundamental á protección de datos entre o alumnado e que contribúan a concienciar o alumnado sobre o valor da privacidade e a facer uso responsable da información de carácter persoal, tanto propia como de terceiras persoas, en Internet.
- Modalidade A (centros educativos): premio ás boas prácticas levadas a cabo polos centros de ensino públicos, concertados e privados de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional, podendo presentarse aqueles proxectos que os centros educativos desenvolveran durante o curso escolar 2022-2023. O premio consiste nunha mención honorífica, a difusión, no seu caso, das boas prácticas e unha dotación de material escolar por valor de tres mil (3.000) euros.
Ao premio pódense presentar proxectos técnicos, organizativos, métodos, accións de promoción e concienciación, talleres, simulacros ou materiais de difusión, entre outros que se puxeron en marcha ou desenvolveron nos centros educativos, para axudar á comunidade educativa a salvar as dificultades que a situación excepcional vivida durante o pasado curso desencadease, sempre atendendo ás bases da convocatoria.
O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o día 15 de outubro de 2023.
As bases completas da convoctoria están dispoñibles nas seguintes ligazóns:
https://boe.es/boe/dias/2023/05/22/pdfs/BOE/BOE-A-2023-12051.pdf