Xesús Vázquez Abad visita a mostra de fotografía asinada por Jeff Wall: O sendeiro sinuoso exposta no CGAC

O conselleiro de Cultura e Educación estivo acompañado polo embaixador de Bélxica en España, Jan de Bock

No centro de arte poden verse 25 obras de Jeff Wall e outras 105 de artistas históricos e contemporáneos seleccionados polo propio fotografo canadense

A exposición, que poderá visitarse ata o 26 de febreiro, constitúe unha revisión da obra de Wall, que é un dos referentes da fotografía das últimas décadas

Sáb, 11/02/2012 - 12:06

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe a mostra fotográfica The Crocket Path (O sendeiro sinuoso) que se expón no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) en Santiago, e que está asinada por un dos referentes da imaxe das últimas décadas, o canadense, Jeff Wall.

O conselleiro acompañado polo embaixador de Bélxica en España, Jan de Bock; o cónsul deste país na Coruña, Juan Antonio Quiroga Lage; e o director do CGAC, Miguel Von Haffe, percorreron o centro de arte no que se expoñen 130 imaxes entre as que destacan 25 de gran formato colocadas en caixas de luz asinadas polo fotografo canadense Jeff Wall, e cuxa exposición é unha nova demostración da gran calidade artística de obras que acolle o CGAC

Cómpre sinalar que as fotografías de Wall forman parte da extensa obra do artista canadense, e que foron realizadas entre os anos setenta e a actualidade. A mostra constitúe unha revisión da extensa diversidade de temas esenciais da súa obra como o minimalismo, a relación coa escala, a fotografía histórica, conceptual e posconceptual, así como a documental e a literatura.

A mostra

O sendeiro sinuosocompletase con outras 105 imaxes seleccionadas polo comisario da mostra Joël Benzakin e Jeff Wall asinadas por artistas relacionadas dalgún xeito co autor canadense, xa foran como fonte de inspiración ou que eles seguiran os pasos de Wall.

Deste xeito a exposición  non só constitúe unha oportunidade para coñecer en profundidade a obra dun autor referencial da fotografía contemporánea, senón que permite reinscribir o seu traballo no contexto cultural en que este se desenvolveu. Os cincuenta e nove artistas, desde Eugène Atget a Luc Tuymans, que complementan O sendeiro sinuoso foron coidadosamente escollidos para establecer un proveitoso diálogo cunha traxectoria enraizada na fotografía que acabaría por ter repercusión en todo o universo de arte contemporánea.

Así, los visitantes poden comparar as obras de artistas históricos e contemporáneos, como Marcel Duchamp, Diane Arbus, Eugène Atget, Bill Brandt, Walker Evans, Robert Frank, Helen Levitt, Wols, Heinrich Zille, con artistas da propia xeración de Jeff Wall, incluyendo a Frank Stella, Bruce Nauman, Dan Flavin, Robert Smithson, Dan Graham y Douglas Huebler, entre outros, así como cos traballos dun grupo de artistas máis mozos.

Con esta visita ao CAG o conselleiro da respaldo a unha mostra que acolle algúns dos mellores traballos fotográficos desde os anos setenta, e que xeran interese a nivel nacional e internacional como o demostra a visita realizada na xornada de hoxe polo embaixador de Bélxica.