A exposición “Gallaecia Petrea”, que inaugurará a finais do mes de xuño o Museo de Galicia na Cidade da Cultura, reunirá duascentas xoias do patrimonio artístico e histórico galego

A mostra, que estará aberta ao público durante seis meses e ocupará unha superficie de 6.000 metros cadrados, invitará a explorar a historia da cultura galega a través dun elemento tan emblemático de Galicia como é a pedra

A Cidade da Cultura exhibirá pezas que van dende a prehistoria ata as esculturas contemporáneas de Manuel Paz o Francisco Leiro

A exposición será posible grazas ao apoio das empresas integradas no padroado da Fundación Gaiás, que financiarán o 77% do seu custe.

Ven, 10/02/2012 - 19:29

A exposición “Gallaecia Petrea”, que inaugurará o Museo de Galicia da Cidade da Cultura a finais de xuño, mostrará duascentas “xoias” do patrimonio histórico galego, pezas que xuntas trazan unha viaxe pola historia da cultura galega a través dun elemento tan emblemático para Galicia como é a pedra.

A mostra, que ocupará unha superficie de seis mil metros cadrados e estará aberta ao público 6 meses, será unha das máis ambiciosas organizadas en Galicia. As posibilidades que ofrece o Museo de Galicia permitirá exhibir pezas de gran formato, algunhas de máis de catro metros de alto. A exposición percorre a historia de Galicia desde a prehistoria ata a idade contemporánea representada por grandes como Manuel Paz ou Francisco Leiro, que traballan en propostas especiais para esta exposición.

Unha mostra que é un reflexo de todos aqueles aspectos artísticos e culturais relativos ao material pétreo, o que esixiu unha selección de pezas do máis alto valor histórico recompiladas nos distintos centros culturais do norte da península ibérica, particularmente pezas de Galicia e do norte de Portugal, no territorio que abarcaba a antiga provincia romana. Neste punto cómpre destacar que a organización esta a traballar con museos de Portugal e Asturias, xa que este territorio abarcaba a antiga provincia romana.

Xunto á aposta pola promoción do patrimonio, Gallaecia Petrea suporá unha posta en valor dese patrimonio xa que implica a restauración des pezas valiosas. Tal e como anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no mes de xaneiro esta mostra ten unha singular importancia e se sitúa entre o máis destacado das últimas décadas en Galicia de Ademais, a exposición non esquece a importancia da pedra dende o punto de vista económico e disporá dun espazo para a promoción deste elemento clave da nosa economía.

Apoio da empresa privada

A mostra organizarase grazas o apoio económico das empresas integradas no padroado da Fundación Gaiás, que asumirán o 77 por cento do custe total do proxecto, 1,5 millóns de euros.  A Fundación Cidade da Cultura de Galicia aprobou hoxe a licitación do servizo de produción, montaxe e desmontaxe da exposición cun orzamento máximo de 679.548 euros máis IVE. No proxecto apóstase polo uso de materiais reciclaveis e reempregables

Menús News node R

Tema