A Consellería de Cultura e Educación apoia a promoción do cine galego no European Film Market do Festival de Berlín

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, estará presente na capital alemá dando o seu respaldo ao traballo desenvolvido grazas a colaboración do Consorcio Audiovisual Galego

Xov, 09/02/2012 - 14:17
European Film Market do Festival de Berlín
A Consellería de Cultura e Educación apoia a promoción do cine galego no European Film Market do Festival de Berlín

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia, asistirá ao European Film Market, que ten lugar no marco do Festival Internacional de Cine de Berlín, do 9 ao 17 de febreiro, e no que tamén estará presente o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a través do convenio para a internacionalización do Consorcio Audiovisual de Galicia, este organismo formará parte do pavillón Cinema from Spain promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), xunto con Catalan Films & TV, Promomadrid, o Instituto Nacional da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e a Federación de Asociacións de Produtores Audiovisuais (FAPAE)

O Consorcio colabora coa asistencia das empresas galegas mediante o financiamento de parte dos gastos de traslados e aloxamento e poñendo á súa disposición un espazo que os profesionais poden utilizar como punto de encontro e lugar de reunións. Tamén poderán contar coa axuda de persoal especializado en marketing e vendas internacionais e apoio nas traducións ao inglés durante as súas negociacións.

Para reforzar esta presenza difundiuse un line up entre o persoal acreditado no EFM no que se anuncian os produtos audiovisuais galegos cos contactos dos profesionais presentes no mercado, destacando as dúas películas que se proxectarán nos pases para compradores: El sexo de los ángelese Arrugas.

Delegación galega

A representación de empresas galegas rexistradas para o mercado é a seguinte: Matriuska Films, Ficción Producciones, Abano Producións, O Raio Verde, Vaca Films, Continental Producciones, O Grelo Producións, Tic-Tac Producciones, Frida Films, Produciones Artemática e La Soga Films. Cómpre destacar a Berlinae ofrece o segundo mercado cinematográfico do mundo tan só superado polo Marché du Film de Cannes.

Actividade no Mercado

O Consorcio promocionará o cine galego e a súa industria mediante a difusión de distintas publicacións. Así Films from Galiciaé a escolma das producións máis recentes de longametraxes de ficción, animación e documental, así como as últimas novidades en series e películas para televisión.

Por outra banda Shorts from Galicia, é un catálogo que reúne as curtametraxes que formaron parte do palmarés dos tres festivais máis relevantes de Galicia adicados a este xénero (Festival de Cans, Curtocircuíto e FicBueu). E, finalmente o Ways to Filmé unhapublicación concebida como carta de presentación para promocionar Galicia como escenario de rodaxe, tanto polas súas localizacións como pola existencia dunha industria audiovisual moderna e consolidada.

Os principais cometidos do Consorcio neste tipo de foros internacionais teñen que ver coa promoción e venda das obras audiovisuais galegas pero tamén coa coprodución e a busca de todo tipo de oportunidades financeiras e de negocio para o sector.

 Así, no transcurso do European Film Market manteranse diversos encontros de carácter institucional con organismos doutros territorios, entre os que destacan os previstos coa Agência Nacional do Cinema do Brasil (ANCINE) e co Instituto Nacional de Cine Arxentino (ANCINE), de cara a consolidar os acordos de coprodución existentes con estes países. Ademáis, promoveranse encontros entre produtores e xuntanzas con representantes de festivais, mostras de cine e televisións de todo o mundo.

Proxección internacional para o cine galego

O European Film Market, o segundo mercado cinematográfico do mundo –só superado polo Marché du Film de Cannes- ten lugar no marco do prestixioso Festival Internacional de Cine de Berlín. Neste escaparate do cine internacional agárdase a presenza de máis de 400 expositores (na súa maioría produtoras, distribuidoras e organismos oficiais) duns 50 países, así como con máis de 1.300 compradores de todo o mundo.

Menús News node R

Tema