S2201088 Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria

Xov, 16/02/2023 - 11:30
S2201088 Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria
S2201088 Metodoloxías activas para comprender a ciencia en infantil e primaria

Aínda estades a tempo para inscribirvos neste interesante curso até o 24 de Febreiro

Días Horario Ponencias
01/03/2023 16:30 - 20:00 BARCIELA DURÁN , PATRICIA ANDREA: Hábitos saudables - Nutrición e sostenibilidade
06/03/2023 16:30 - 20:00 BARCIELA DURÁN , PATRICIA ANDREA: Hábitos saudables - Nutrición e sostenibilidade
07/03/2023 16:30 - 20:00 BALLESTEROS ÁLVAREZ , DAVID: STEAM
14/03/2023 16:30 - 20:00 BALLESTEROS ÁLVAREZ , DAVID: STEAM
22/03/2023 16:30 - 19:30 VIÑAS DIÉGUEZ , JOSÉ MANUEL Desenvolvemos unha microsecuencia didáctica para levar á aula
3 horas Traballo non presencial tutelado por VIÑAS DIÉGUEZ , JOSÉ MANUEL

20 horas: 17 horas presenciais 3 horas non presenciais

Obxectivos

1. Presentar o kit básico de recursos e materiais, para desenvolver experiencias e proxectos do ámbito das ciencias, e poder así crear un entorno de ciencia na propia aula ou preto dela.

2.Afondar na aprendizaxe de coñecementos e habilidades, baseada na indagación e evidencias, para descubrir a ciencia mediante a experimentación e utilizando as metodoloxías activas, coma elemento dinamizador, innovador e inclusivo.

3.Deseñar unha micro secuencia didáctica interactiva de ciencias, que fomente o desenvolvemento competencial e a aprendizaxe significativa, utilizando alomenos dúas metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.

Contidos

1.O espazo de ciencias na propia aula ou preto dela. O Kit básico de traballo nun laboratorio de aula. Iniciación ao método científico. Experiencias básicas. Todos podemos participar.

2.Integración de diferentes Metodoloxías activas: ABP, Cooperativo , Gamificación, Aprendizaxe baseado en investigación e evidencias, visual thinking, AR e VR ...en experimentos sinxelos de aula, en infantil e primaria.

3. Deseño dunha micro secuencia didáctica interactiva, dun contido do ámbito das ciencias, empregando polo menos 2 metodoloxías activas e integrando algunha medida de atención á diversidade.