Acreditación CDD
A meirande parte da acreditación que se fará na Comunidade Galega terá lugar a través da formación do profesorado.
As outras vías baséanse en:
- recoñecemento de títulos universitarios
- proba ou exame acreditativa, para a que o Ministerio se comprometeu a proporcionar unha ferramenta, que chegará para o curso 2023-2024
- observación do desenvolvemento profesional e aplicación de rúbricas
- presentación e avaliación de evidencias e méritos a través de convocatorias ad hoc que poderán ser semestrais, anuais ou como se considere
Nesta táboa preséntase a distribución das diferentes vías por niveis e a carga horaria mínima para acreditación por formación nos niveis correspondentes.
O equipo de persoal da Rede de Formación do profesorado levou a cabo os pasos que se describen a seguir e que son fundamentais para o proceso:
- Etiquetado segundo os indicadores de nivel do marco de CDD de actividades relacionadas coa temática dixital e desenvolvidas na Rede nos últimos cinco anos. Este etiquetado permite a acreditación de oficio a profesorado que desenvolvese actividades que atenden ás seis áreas de competencia do marco para os diferentes niveis.
- Etiquetado dos roles e funcións docentes relacionados coa CDD e que facilitará a acreditación en niveis C1 e C2. Este paso está aínda en proceso e non está cargado en fprofe! Próximamente poderás ver recoñecido o teu rol, se procede, en acreditacións/fprofe (ver instrucións)
Para os procedementos relativos a observación e análise de evidencias publicaranse as convocatorias correspondentes, previsiblemente polo menos unha por curso académico en cada modalidade.
A finalidade de todo este procedemento será formar e acreditar en CDD a todo o profesorado, que poderá utilizar a devandita acreditación para todos os procedementos estatais e autonómicos que o requiran.
Acreditación de oficio de niveis de CDD
INFORMES DE ASIGNACIÓN NIVEL CDD A ROLES E POSTOS DOCENTES |
||
---|---|---|
|
B1 |
|
|
B2 |
|
|
B2 |
|
513509 Deseño interiores, 513512 Deseño gráfico, 513515 Fotografía, 513521 Medios audiovisuais, 513522 Medios informáticos, 590019 Tecnoloxía, 590101 Administración de empresas, 590102 Análise e química industrial, 590104 Construcións civís e edificacións, 590107 Informática, 590110 Organización e xestión comercial, 590113 Organización e proxectos sistemas enerxéticos, 590119 Procesos e medios de comunicación, 590122 Procesos e produtos en artes gráficas, 590124 Sistemas electrónicos, 590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos, 590206 Instalacións electrotécnicas, 590210 Máquinas, servizos e produción, 590211 Mecanizado e mantemento de máquinas, 590212 Oficina de proxectos de construción, 590213 Oficina de proxectos de fabricación mecánica, 590215 Operación de procesos, 590221 Procesos comerciais, 590222 Procesos de xestión administrativa, 590223 Produción en artes gráficas, 590227 Sistemas e aplicacións informáticas, 590229 Técnicas e procedementos de imaxe e son, 590231 Equipamentos electrónicos, 591202 Equipamentos electrónicos, 593010 Composición, 593100 Tecnoloxía musical, 593115 Produción e xestión de música e artes escénicas, 594412 Fundamentos composición, 595509 Deseño interiores, 595510 Deseño de moda, 595511 Deseño de produto, 595512 Deseño gráfico, 595515 Fotografía, 595519 Materiais e tecnoloxía: conservación e restauración, 595520 Materiais e tecnoloxía: deseño, 595521 Medios audiovisuais, 595522 Medios informáticos, 596608 Fotografía e procesos de reprodución |
B2 |
|
Persoal pertencente ao corpo de Inspección educativa que exercera este cargo, polo menos, 2 anos. |
B2 |
|
Persoas directoras de centros educativos públicos que desempeñaran esta función polo menos 2 anos. |
B2 |
|
|
B2 |
|
|
B2 |
|
|
C1 |
|
|
C1 |
|
|
C1 |
|
|
C1 |
|
Persoal docente que exercera a mentoría ADIX da rede DixitalGal durante, polo menos, 2 anos |
C1 |
|
|
C1 |
|
C1 |