EduCalidade

O Plan Dixital en EduCalidade: Rede DixitalGal

 

Educalidade é unha aplicación corporativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades desenvolvida para a xestión documental dos centros educativos.

Foi deseñada durante o curso 2021-2022 polo Servizo de Xestión de Procesos de Calidade da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para dotar dunha ferramenta de apoio aos centros na elaboración, xestión e almacenamento da documentación que se regula na normativa e no Sistema de Xestión da Calidade.

A aplicación permite, a través dunha contorna intuitiva de traballo e empregando un sistema de calendarios e roles, a elaboración dos documentos de planificación dos centros, establecendo unha serie de lapelas que atenden á estrutura de cada un dos documentos, e permitindo, unha vez pechada a planificación, o seguimento dos obxectivos e accións programadas así como a obtención da memoria.

Nos meses de decembro de 2022 e xaneiro do 2023 realizouse a pilotaxe do Plan Dixital en Educalidade nos centros que integran a rede DixitalGal. A partir de febreiro de 2023 estenderase o seu uso para a xestión do Plan Dixital en todos os centros educativos sostidos con fondos públicos de Galicia.

Destacar que, grazas ás achegas e suxestións por parte do profesorado dos centros participantes, existe un proceso continuo de incorporación de novas funcionalidades e de mellora das xa existentes.

O acceso á aplicación realízase a través da ligazón: https:// www.edu.xunta.gal/educalidade

 

A guía de uso e os videotitoriais explicativos das diferentes lapelas que constitúen o Plan Dixital en EduCalidade foron elaborados por un grupo de traballo de persoas mentoras ADIX da rede DixitalGal. Todo ese material de apoio está dispoñible na seguinte ligazón.

Menú sitio temático

EduCalidade