Inicio

                          

               

 

 

Novas


 

29/12/2023: Exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA


No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

No capítulo II desta lei, que trata dos tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o novo texto do apartado 10 quedan exentas da taxa por servizos , nas actuacións en materia de competencia profesional, ás seguintes persoas:

– As que participen na fase de asesoramento do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.

– As que participen na fase de avaliación de unidades de competencia do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.

Subir ao índice

24/06/2021: Publicada a orde regulatoria do procedemento de recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias 2021 (Procedemento ARA)

Publicación no DOG nº 112 do 15/06/2021 da orde regulatoria do procedemento de acreditación de competencias.
ORDE do 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

Acceso ao DOG

Acceso ao portal de FP da Xunta de Galicia

Prazo de presentación de solicitudes.

O procedemento manterase aberto con carácter permanente garantíndose o inicio deste para cada persoa solicitante de acordo cos prazos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo máximo para resolver será de seis meses desde que a solicitude teña entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia.

Máis información

No menú lateral esquerdo, en preguntas frecuentes, ten información simplificada da forma de presentación de solitudes.

Nos enlaces anteriores proporcionaránlle acceso á toda información necesaria.

Subir ao índice

12/12/2019: Presentación da documentación requirida (obrigatorio por sede electrónica)

A documentación requirida deberá presentarse xunto coa solicitude tamén por sede electrónica. Deberá polo tanto, xuntar un escanado da correspondente documentación acreditativa do xeito que se lle indica na sede electrónica. Recórdase que a documentación requirida fai referencia á experiencia profesional e/ou formación alegada en cada caso (informe de vida laboral actualizado, contratos de traballo ou certificados de empresa, certificados dos cursos de formación (non de títulos), e historial profesional e formativo no formato Curriculum Vitae Europeo (CVE)).

O certificado de empresa xérase, no formato establecido, desde a aplicación informática a partir dos datos cargados, ao igual que o currículo CVE.

Na seguinte ligazón tamén pode descargar o anexo II de certificación de actividades

Anexo II.- Formato pdf

Anexo II.- Formato odt

Subir ao índice

12/12/2019: Presentación de solicitudes para a convocatoria 2021. Solicitudes e inscrición

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e requirirá da cumprimentación previa dos datos na aplicación informática que se atopa no enderezo https://www.edu.xunta.gal/acreditacion desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Isto significa que deberemos:

  • Rexistrar a solicitude empregando esta aplicación informática.
  • Presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O rexistro da solicitude na aplicación informática e a súa presentación na sede electrónica deberán realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos, polo que necesitará autenticarse, será necesario polo tanto posuír algún dos certificados electrónicos admitidos ou darse de alta no sistema Chave 365. Neste último caso poderase empregar calquera das vías que se establecen no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/chave365 que é onde se indica o procedemento, medios e lugares para a súa obtención.
De utilizar a Chave 365 para autenticarse e presentar a solicitude saiba que tamén lle permitirá asinar a documentación requirida. No caso doutros certificados dixitais ou DNI electrónico necesitará descargar e instalar a aplicación "Autofirma" no seu ordenador.

Subir ao índice