Erasmus+
Erasmus+ é o programa integrado da Unión Europea nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte para o período 2021-2027.
Dependendo do perfil dos centros ou entidades / institucións, e segundo seus destinatarios, existen 4 sectores:
-
Educación Escolar: Ensino regrado de educación infantil, primaria e bacharelato.
-
Educación de Persoas Adultas: EPA, EEOOII, e Centros de Ensino de Adultos de educación formal e non formal.
-
Formación Profesional: Formación Profesional regrada de ciclos formativos de grao medio e FP Básica.
-
Erasmus para Educación Superior: Ensino Universitario e ciclos formativos de grao superior.
*Erasmus+ non contempla solicitudes individuais de persoas físicas nos sectores de Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas. As persoas interesadas que desexen participar no programa Erasmus+ nestes sectores deben dirixirse ao seu centro educativo. Este é o que pode solicitar a participación a través da convocatoria anual.
Elementos visuais: © Unión Europea, 2021 (CC BY-NC-ND 4.0)