S2103021 Oratoria en acción na educación secundaria
Queres ter estratexias para traballar a oratoria en secundaria? Daquela tes que apuntarte nesta actividade:
Título: Oratoria en acción na educación secundaria
Código en fprofe: S2103021
Data: venres 5 de novembro (de 16:00 a 20:00h) e sábado 6 de novembro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)
Relator: Roberto Pérez Marijuán e Santiago Martínez Suárez
Lugar: Santiago de Compostela
Aloxamento incluído
Obxectivos:
1. Coñecer as estratexias que a oratoria e a retórica nos ofrecen para traballar os diversos tipos de discursos persuasivos.
2. Dotar o profesorado de estratexias para preparar e mellorar as habilidades comunicativas orais.
3. Fomentar o traballo cooperativo e colaborativo así como favorecer a autoestima, a implicación proactiva e o desenvolvemento do pensamento crítico.
Contidos:
1. Estratexias para a mellora das habilidades comunicativas co alumnado de secundaria.
2. Ferramentas básicas de oratoria para a mellora das presentacións públicas.
3. Desenvolvemento das capacidades comunicativas orais: expresión de ideas, argumentación, escoita activa e persuasión co alumnado de secundaria.
4. Habilidades de investigación e organización da información.
5. Desenvolvemento do pensamento crítico e do traballo en equipo.