Aulas Mentor

 

Ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Ministerio de Educación, oferta, a través das Aulas Mentor, unha ampla gama de cursos mediante o uso das últimas tecnoloxías informáticas e audiovisuais.

Esta oferta formativa permite actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica.

Destinatarios

Persoas maiores de 18 anos. Non se require titulación previa.

Calquera adulto que desexe formarse para acceder a un posto de traballo ou aumentar o seu nivel cultural.

Matrícula

A matrícula estará aberta durante todo o curso escolar e conxelarase no mes de agosto.

Organización

As aulas onde se realizan as actividades de formación dispoñen de recursos tecnolóxicos avanzados, así como de un profesor-administrador que axuda aos alumnos nas súas conexións á rede e na comunicación co seu titor.

O alumno recibe unha conta de conexión gratuíta a internet e non necesita asistir á aula, excepto para realizar a proba final presencial.

Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar e cada alumno segue o seu propio ritmo de aprendizaxe.

O titor non está na aula, comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a todas as dúbidas.

Acreditación

Ao superar o curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación.

Oferta de cursos Mentor

Para unha información completa e actualizada sobre os cursos ofertados, sobre as aulas existentes, etc. accédase á páxina web das Aulas Mentor:

 

Aulas MENTOR

A relación completa de Aulas Mentor situadas en centros de ensino de Galicia aparece nesta ligazón.