Formación CDD

 

APlatega Rede de Formación do Profesorado oferta ao longo de todos os anos académicos unha variedade de actividades individuais presenciais, online, en centros (PFPPs, GTs e Seminarios) que aparecen recollidas no Plan Anual de Formación. O Plan correspondente ao curso 2023-2024 pode ser consultado aquí.

Alén da oferta formativa que se fai normalmente tanto en centros como actividades individuais presenciais ou en Platega, un equipo de profesionais docentes elaborou o itinerario modular composto de cursos para os catro primeiros niveis (A1, A2, B1 e B2) que se desenvolveran na Plataforma de Teleformación Galega.
 

Estes cursos presentaranse en dous formatos diferentes en cada caso.
Por unha parte poderán cursarse de xeito completo se a persoa participante acreditou por algunha vía o nivel anterior completo ou nunha parte importante, e quere acreditar o seguinte (xa ten A2 e quere acreditar B1, polo que inscribe no curso completo).

Curso A2

Tamén poderá cursar estar formacións de xeito modular, por áreas, para facilitar completar un nivel que puidese estar xa comezado noutras accións formativas recoñecidas en fprofe. P.ex. para unha persoa participante concreta que fixese no pasado dous cursos que lle acreditaron de oficio as áreas 1, 2, 3 e 4 do nivel A2 pero precisa formación nas áreas 5 e 6 podería facer só o módulo correspondente para acadar a certificación do nivel.

A planificación destes cursos é a seguinte:

  • A2 completo e modular: finais de febreiro 2023
  • B1 completo e modular: finais de marzo 2023
  • A1 en formato MOOC autoavaliable e certificable: curso 2023-2024
  • B2 completo con proxecto final: outubro 2023

O profesorado non poderá inscribirse en cursos específicos de acreditación CDD de niveis inferiores ao máis alto que xa teña acreditado.
A inscrición noutras actividades formativas continuará sendo coma até agora.

Para realizar a inscrición nesta ou noutras propostas formativas dirixidas a acreditar a CDD, deberá dirixirse a fprofe.