Educación de persoas adultas
A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posible que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional. A través das ensinanzas de adultos conséguese:
- Actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo.
- Mellorar a cualificación profesional ou adquirir unha preparación para o exercicio de outras profesións.
- Adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha mellor adaptación aos cambios do mundo actual.
- Desenvolver a capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica e o exercicio da cidadanía democrática.
- Reducir o risco de exclusión social, especialmente dos sectores máis desfavorecidos.
- Responder adecuadamente aos desafíos que supón o avellentamento progresivo da poboación asegurando ás persoas de maior idade a oportunidade de incrementar e actualizar as súas competencias.
ANUNCIOS
15/07/2024 |
23/01/2024
Convocatoria da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos de 2024.
11/01/2024
11/01/2024
23/08/2023
ACTUALIDADE
02/02/2024 Así o adiantou a directora xeral de FP durante unha visita ao Centro Público de Educación e Promoción de Adultos Eduardo Pondal da Coruña |
||
18/06/2023 Esta actuación permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais en servizos como a banca, o aceso ás administracións ou o consumo telemático. As actividades dirixiranse aos maiores de 55 anos, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais. |
||
|
||
03/02/2023 O departamento de Román Rodríguez está traballando nun conxunto de accións específicas para blindar unha aprendizaxe “permanente, integral, inclusiva e de calidade” para o conxunto da poboación. A nova normativa en trámite reforzará o acceso flexible ás distintas modalidades de ensino para adultos e na garantía de igualdade de oportunidades a nivel social e territorial. |
||
22/01/2023 Román Rodríguez gaba a entrega e profesionalidade deste profesorado e salienta a educación como “a ferramenta máis valiosa para abrir portas e superar barreiras”. Nos centros penitenciarios galegos ofértanse Ensinanzas Básicas Iniciais, Educación Secundaria e Bacharelato para persoas adultas, así como cursos de idiomas e, no caso de Bonxe, FP. |