G2001058 - O comercio electrónico. Plan Proxecta

Achegamento e análise do funcionamento e desenvolvemento do comercio electrónico.
Mér, 28/04/2021 - 16:55
O comercio electrónico

O comercio electrónico. Plan Proxecta.

Código en Fprofe: G2001058

Datas de celebración: 17/05 - 18/06

Cando falamos de consumo na rede nos referimos aos hábitos e comportamentos máis habituais das persoas ao ter un acceso libre e continuado á rede, polo que con este curso se quere achegar unha análise das novas formas de consumo, que están en continuo auxe. Asemade se observarán os pasos a seguir para realizar unha compra ou contratación segura por Internet. Do mesmo xeito, coñeceranse aqueles preceptos lexislativos de maior relevancia no comercio dixital. De igual interese será centrarse nos dereitos adicionais que amparan ás persoas consumidoras e usuarias cando empregan un sistema de venda ou prestación dun servizo sen a presencia física simultánea da persoa empresaria e da persoa consumidora e usuaria. Por útlimo, proporcionaranse as ferramentas precisas para traballar co simulador de compras na aula. 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI